jueves, mayo 31, 2007

Música no blog

Seguindo a idea de Rafa vou poñer música no blog. So tedes que darlle o Play e empezará a soar unha selección musical de xeito aleatorio. Os temas seleccionados son de grupos como: Radiohead, Muse, Pulp, Keane, Franz Ferdinand, Crowded House, Rufus Wainwright, Los Planetas, Amaral, Rolling, Lennon,Leonard Cohen, etc.

Se poñedes o cursor a dereita do Player podedes escoitar a canción anterior e na esquerda a seguinte.
Espero que vos guste a selección, irase renovando

Nova receita: Coello con Cervexa, PX e setas

Xa había tempo que non vos subía ningunha receita. Esta foi feita haberá 20 días pero coa cousa das eleccións non puiden ata agora montar o video.

Trátase de coello de granxa que é unha carne que ten pouco que ver co coello de monte. É unha carne casi sen graxa, apretada , parecida o polo, menos sabrosa que a de monte , pero tamén menos bravú, polo que normalmente ten unha aceptación máis ampla. Como non ten moito sabor hai que complementalo cunha boa cocción e un aporte de matices. Este pode ser un exemplo de como conseguilo.

Realmente non é unha carne que consuma de maneira habitual , pero é unha boa alternativa o polo se estades aburridos del.

Truquiños gráficos rápidos e doados



Topei cunha páxina na web na que fácil e velozmente pódense facer montaxes gráficos moi vistosos. Moitos me tedes preguntado como fixen o Warhol de María, moi simple xogando co Photoshop, se queredes algo máis sinxelo podédelo facer alí. Tamén hai máis posibilidades que "warholizar unha foto" como podedes ver nos exemplos de abaixo.

A dirección para os interesados é: www.bighugelabs.com/flickr/

Por certo está en inglés , non estaría mal unha páxina similar en cristiano, podería ser un bo negocio. Eu pedirialle tamén a posibilidade de transformar en formato Roy Lichtenstein

miércoles, mayo 30, 2007

Desafío Nico- Potro: o lugar elixido

Podedes ver no video de abaixo a paraxe elixida para a malleira que lle vou meter o Potro. Trátase de A Trigueira, na Parroquia lalinense de Zobra, unha das partes máis fermosas do nosos concello, os pes da Serra do Candán. Podedes ver no video a zona do río e as fragas e devesas desa zona. Tamén podedes ver as Casas de Turismo Rural da Comunidade de Montes de Zobra que están para estrear, e que contan con todo o necesario para disfrutar dunha relaxante fin de semana.
Dende aquí mándolle unha mensaxe o amigo Floro de Zobra e os seus compañeiros da Comunidade para que se poñan as pilas porque hai que encher xa esas casas. Un saúdo grande e noraboa polo traballo.
Potro, rematan as excusas

martes, mayo 29, 2007

Video da Festa da Voda de Ana e chones

Faltaba o video da Festa desta Voda. Esta semana outra gran voda máis.

lunes, mayo 28, 2007

VALORACIÓNS 27-M

En primeiro lugar felicitar o gañador PP Crespo pola súa victoria , perde votos e un concelleiro pero mantén unha forza considerable. Nós, o PSdG-PSOE de Lalín somos o único grupo que subimos en concelleiros e en votos, e ainda que non é un gran resultado, si que é un pequeno avance, xa temos 3000 votos e baixamos ó PP da barreira dos 8000. O BNG por outro lado baixa levemente en número de votos e mantén os seus escanos, sendo con bastante diferencia a terceira forza da vila.
Despois da analise deses números queda claro que Crespo gobernará con forza e lexitimidade Lalín e que os lalinenses prefiren ó grupo socialista para facerlle oposición. Creo que no BNG virán tempos de reflexión que tamén tocan nos socialistas porque a vista dos resultados vese que no Lalín urbán a participación foi menor que nas parroquias polo que houbo un voto de oposición o PP que non se movilizou polas nosas diferencias.
Agora compre traballar con forza dende o grupo socialista para facerlle unha oposición seria e dura o PP apoiandonos e axudando o grupo do BNG.
No resto da comarca hai que darlle a noraboa a todos os compañeiros das diferentes agrupacións e fundamentalmente os de Silleda e Rodeiro que van situar no Deza os primeiros gobernos socialistas da Comarca. Tamén na Estrada Dono acadou espectaculares resultados.
No Deza o PSdG pasa de 10 concelleiros a 23, unha subida espectacular

viernes, mayo 25, 2007

Ruxe-Ruxe: Carlos e Marta



Como algúns andaban a preguntar nos comentarios , outros non se enteraban ben e xa non é segredo, confírmovos para os que non o saibades a próxima Voda de Marta e Carlos. Voda que nos colleu de sorpresa, pero que nos alegrou moito a todos os seus amigos, polo menos a mín faime unha grande ilusión.
Sera o vindeiro 8 de Setembro no Pazo de San Lourenzo en Santiago e van facer unha festaza, ou polo menos os amigos.
PD: hai que empezar a organizar xa a despedida do Látigo, Zalo dende logo contamos contigo

Por fin: videos da Voda de Ana e Chones

Xa os rematei, non sin tempo. Dividinno en dúas partes para que fora máis doado de subir o YouTube. Disfrutade.

jueves, mayo 24, 2007

Nova fiestra: La ventana del placer por Íñigo Castroviejo


Anuncieivos que terei novos colaboradores en Paparevivir, e aquí está o primeiro: Íñigo Castroviejo, gran gourmet e gran entendido en víños. "Poti", para os amigos, vainos axudar a entender moitos dos principios do placer terrenal axudado tamén pola súa profesión de psicologo. Hoxe simplemente fara como introducción unha reseña de cata do viño que serviu o noso amigo Chones na súa voda. Por certo, Íñigo non é galego, e non me vou tomar a molestia de traducilo.


En la boda de nuestro querido Chones, y despúés de las sabias recomendaciones que le dimos en La Rioja sobre el vino elegido en la boda, nos deleitó con un Vino Tinto Crianza Pago de Carraovejas 2004 D.O: Ribera del Duero. 80% de tinto del país y un 20% de cabernet sauvignon.Un vino que fué del agrado de todos ayudando a disfrutar del evento.

Las características fueron las siguientes:

En copa tenía un color cereza intensa.

En nariz fruta madura, notas a lácteos, cacao y café. (nos pareció tb un ligero aroma a pimienta)
En boca Carnoso, con un agradable matiz a madera fina. Equilibrado y sabroso.


Aprovecho esta pequeña y modesta cata de vino para anunciaros la apertura de vuestra VENTANA DEL PLACER, donde comentaremos aquellos placeres que nos hacen la vida más agradable!! (principalmente culinarios pero tendremos sorpresas para que la ventana sirva de horizonte para todos)

Un abrazo

lunes, mayo 21, 2007

Fotos da Voda , outras novas e exames

En canto poida subirei fotos da voda de Ana e Chones e algunha cousiña máis, pero teredes que agardar un pouquiño pois teño mañán Mitin Central e pasado o Exame práctico do 061, co que remato o proceso selectivo e se me sae medianamente ben darame a praza no 061.

miércoles, mayo 16, 2007

Ruxe-Ruxe

Sí señor hai un disque-disque por ahí importante, non ten que ver con política

martes, mayo 15, 2007

Video da candidatura cos meus compañeiros

Compañeiros do Severo Ochoa: A infamia



Xa vai para casi 3 anos que no Hospital Severo Ochoa de Leganés por unhas denuncias en primeiro lugar anónimas desatouse unha crise que acusaba os profesionais do Servizo de Urxencias dese Hospital de 400 homicidios por sedacións inadecuadas a pacientes. Hoxe en día a causa xa so se instrúe sobre 8 pacientes e todo indica que aquelo vai rematar coa absolución dos profesionais.
A sedación na agonía é fundamental para conquerir unha morte digna, é un dereito dos pacientes e as súas familias e calquera que vexa sofrir nesa situación a un ser querido está desexando o seu alivio. Nunca me sucedeu na miña vida profesional que a familia dun paciente negara a sedación, máis ben ó contrario, ninguén quere sufrimento. Teño atendido nos momentos finais da vida a persoas a que por diversos motivos non se lles podía aliviar verdadeiramente a dor e a angustia ,eses pacientes deixan pegada para sempre. A sedación terminal non mata pacientes, as doses son doadas de manexar e neste caso a Enfermería e quen valora continuamente a necesidade do doente: drogas como Midazolam, Cloruro Mórfico, Fentanilo, etc forman parte do vocabulario común das enfermeiras de Urxencias ou Oncoloxía. A sedación terminal o único mal que pode facer é adiantar unhas horas unha morte segura e chea de sufrimento.
No caso de Leganés ningún familiar dos 400 pacientes forma parte da denuncia, pero a desconfianza e a inseguridade para os pacientes percorreu España, eu lembro o medo e a inquedanza que tiñamos neses días no Hospital que eu traballaba a hora de iniciar unha sedación. Estou seguro de que moitos pacientes teñen sufrido no final dos seus días por esa infamia. Por eso é necesario que se remate xa o proceso xudicial para quede todo resolto, e que os médicos e enfermeiras de Urxencias sexan repostos en todo o dano que lles fixeron en moitos casos destrozándolles as vidas ou escapando da Urxencia ou do Hospital
Póñovos un anaco do documental feito polo Gran Wyoming sobre o tema onde tamén se denuncia un intento claro de privatización da Sanidade Pública polo goberno de Espe e o impresentable Lamela.

O MEU SINCEIRO APOIO OS COMPAÑEIROS DE LEGANÉS

lunes, mayo 14, 2007

Candidata María


Moitos sabedes que me presento nas listas as próximas eleccións polo PSdG-PSOE pero o que seguramente moitos non sabedes e que a miña moza María tamén se presenta polo mesmo partido no seu Concello de Dozón. María ocupa o número 3 desa lista, e no 2003 foi no número 5.

Para os que non coñezades Dozón vouvos poñer en situación:

Presentarse por outro partido que non sexa o PP nese concello xa supón moita valentía pola posibilidade de represalias, de que non fagan pistas a túa casa (os da oposición teñen corredoiras cheas de baches), que te retiren os puntos de luz, etc. O "peculiar" alcalde desa localidade ten ademáis varias sentencias por acoso a funcionarios municipais e moitas demandas por resolver. É o máis importante empresario dese Concello e unha norma para traballar nas súas empresas e censarse en Dozón, polo que son famosos os casos de "20 veciños pantasmas" censados en palleiras. Ten tamén unha empresa constructora que é a única que fai obras no Concello, tanto privadas como públicas (do Concello).

Hai uns días a periodista do Faro Salomé Soutelo facía unha boa semblanza do alcalde Campos, tras este rexeitar calquera entrevista a un medio de comunicación en plena campaña electoral.


Habería mil cousas máis que contar pero agora sabedes por qué ten mérito ser oposición en Dozón

O exame


Agradezo a vosa paciencia e as mostras de ánimo ante o exame que tiven o pasado sábado. Para non andar respondendo a todos xa vos vou contando que me saíu bastante ben, teño unha boa nota tanto na Teoría coma no Galego e si no Práctico quito unha nota parecida estou seguro de que acadarei a praza porque nos méritos teño a puntuación máxima (como moita xente). O próximo exame práctico será o día 23 pero para ese non teño que estudar máis.

Moitas gracias pola vosa preocupación

jueves, mayo 03, 2007

Video de Pedro Pablo: Sabucedo

Chegoume un aviso de que Pedro Pablo, internacional amigo estradense autoexiliado en Cataluña, se suscribira ós meus vídeos do You Tube, polo que empezei a ollar os seus e atopei unha composición un pouco psicodélica de autor, moi no seu estilo, baseada na Rapa do 2005 en Sabucedo. Está ben e decidín poñela.Pouco antes da Rapa poñerei eu outro vídeo con fotos do mesmo ano (teño unha chea delas) para que Zalo dende London lembre que ben o pasou alí
Un saúdo a él e a tódolos amigos do Guli na Estrada.
PD: gracias polos teus mails e as fotos

miércoles, mayo 02, 2007

Vellas fotos


Outra foto graciosa para a lembranza. De esquerda a dereita: Abel con pelo e repeiteado ós mandos da súa primeira lancha , a mítica "Tritón"; José Luis, hoxe tamén coñecido por "Piloto", Amador ;"Mago", que actualmente dirixe a empresa que se vai encargar da xestión do "Lalín Arena" e Chones , co mesmo pelo pero con menos kilos.

A foto está feita como podedes observar en Balea e fíxose dende o tamén mítico "Pitufo" de Manuel Cortizo nunha tardiña de mar calmo. A imaxe debe de ter alomenos 17 anos. Que tempos aqueles, que veráns.


Travis

A banda escocesa ven de presentar o seu novo disco "The boy with no name" que polo que escoitei ata o de agora será tan bo como todo o anterior que ten este grupo, que se consagrou xa hai anos co disco "The invisible band"
Travis é un grupo de indie pop moi melódico, sinxelo pero de gran calidade e que para moitos críticos foron quen de abrir camiño para outras bandas como Coldplay ou Keane.
Aquí póñovos o vídeo dunha nova canció "Closer". O vídeo é moi tenro e deixache cun sorriso o rematar, como curiosidade sinalar que no mesmo fai un cameo o actor Ben Stiller

Parto real= sanidade privada



Como sabedes hai uns días naceu a filla dos principes , e coma non o parto foi nunha clínica privada coma todos os actos médicos dos Borbones que parece ser que non lles valen nin os medios nin os profesionais da sanidade pública e teñen que facer promoción da privada, da que por certo non sabemos se cobran cartos , eu supoño que sí , porque dende logo, os Borbónes nunca destacaron pola súa intelixencia pero sí pola súa capacidade para facerse con cartos. Non teño dende logo nada contra a sanidade privada pero sí contra que a familia "máis pública" dos españois non utilice nunca a sanidade de todos

Eu creo que o goberno da nación debíalles obrigar a dar exemplo e acudir a sanidade de todos, e non valen excusas de seguridade , porque dende logo en Hospitais como La Paz ou La Princesa teñen medios e circunstancias favorables para darlles todo o necesario.

Por certo ,quén se anima a mandarlle un "Mitrofán" de peluche a neta do rei-cazador de España

Restaurantes: Casa Sánchez "Caracas", Rodeiro

Fumos cear o gran restaurante de Rodeiro e como sempre que fun non quedei dende logo defraudado. A verdade e que cando levas a xente de fóra non se poden imaxinar que alí estea unha das mellores cociñas do Deza
Nesta ocasión os dous pedimos o mesmo , de primeiro vieiras o forno , moi xeitosas e cunha preparación que respeta a tradición pero engadindo certa innovación propia. De segundo tomamos un inmenso solombiño de terneira de Camba con foie (a ración moi moi xenerosa) e que estaba no eu perfecto punto, realmente tratábase dunha verdaeira delicia.
Para os que non coñecedes o restaurante dicirvos que sempe teñen un gran producto , no seu punto e concerta tendencia a innovación e experimentación. De feito alí chegaron a ter na carta canguro, cocodrilo, avestruz (antes que ningún outro sitio). Agora teñen como prato estrela "Boi de Kobe" para quen non o saiba estes bois on dunha raza xaponesa que se cría en cortes amplas, con masaxes diarios e unha dieta a base de cervexa. O Boi de Kobe que chega a Europa non é xaponés posto que neste país teñen prohibido a exportación por consideralo un tesouro nacional, polo que supoño que o que venden en Rodeiro será de Nova Zelanda, da mesma raza ecos mesmos coidados. O auténtico de Kobe anda polos 800 € o Kg, o outro a 160. A ración no Caracas vale 60€ e poñen 250g . Algún día haberá que rascar no peto para probalo pois din que ben paga a pena
Como pequeno punto negro do restaurante a súa decoracióna pesares de ser recente
Ademáis en Casa Sánchez teñen boa caza ou lamprea según temporada

martes, mayo 01, 2007

Concerto de Los Planetas


O pasado xoves María, Miguel (mozo de Clara, amiga de Marta), Carlos e máis eu fumos o concerto do grupo granadino na Sala Capitol de Santiago. As expectativas eran altas ,o local estaba cheo e as entradas para o segundo concerto o venres esgotadas e Los Planetas non defraudaron. Normalmente cando se trata de locais pechados, os seus concertos teñen a potencia necesaria para disfrutar da súa música.
A primeira parte da actuación foi un repaso do seu último disco que como xa vos comentei ten certos toques de homenaxe a Camarón e 3 ou 4 cancións bastante boas pero para o meu gusto non tan boas como nos primeiros discos. Nesta parte o grupo enriquece a súa música con un espectáculo visual con imaxes que se van proxectando coas cancións, sempre lle deron bastante importancia a estética como se pode ver nas portadas deseñadas por Javier Aramburu.
Na segunda parte repasaron temas do seus anteriores discos con cancións tan coñecidas como "David y Claudia", "Un buen día", "De viaje", etc. Con estes temas a xente vibrou, sobre todo pola forza de Erik na batería e o virtuosismo de J.
A verdade que foi un gran concerto, quedaronme ganas de repetir o venres.

Algunha copla do último disco:

"Eres muy guapa y no te has casado
algún defecto te han encontrado"

" Se han reunido los de la Policía
y han decidido que la comisaría
es el sitio adecuado
para que pases el día"

" Se ha reunido un grupo de empresarios
y han decidido ponerte un salario
para que no pases jodiendo
la mayor parte del tiempo"

"Se han reunido 10 ó 15 locas
y han decidido tocarme las pelotas
y lo están consiguiendo
voy a quedarme en el intento"

"Se ha reunido un conclave romano
y han decidido que te han excomulgado
por lo que vienes diciendo
por la basura que vienes soltando"

ETC, ETC