martes, abril 24, 2007

A despedida de BCN


Contanme, non so por A Teima, que a despedida de Sobrado foi un auténtico éxito, algo que eu dende logo xa imaxinaba, de verdade ainda lamento non ter estado . Espero que o amigo Mike o pasara de cine e se divertira tanto polo menos como o día que sae na foto.

Agora querido Jorge xa estás na conta atrás. Sorte

PD: menudo crack de la informática el GOMI

A Rioxa pantagruélica





Como vos podedes imaxinar a Rioxa é unha terra interesante para Paparevivir pola propia temática do blog. Evidentemente alí puidemos degustar e saborear moi bos caldos, sobretodo un gran reserva do viño do pai de Íñigo (elaboración proia) do ano 1973 que conservaba moi ben as súas propiedades , unha verdadeira delicia con uns aromas únicos.

Ademáis bebemos outros viños e tamén, lóxicamente, papamos ben: fumos de tapas a Rúa do Laurel en Logroño, comemos os míticos champiñóns do Bar Angel nesa rúa, comemos un cordeiro fora de serie em Haro, ademáis duns caracois que lle gustaron moito a Checho.

Pero dende logo os mellores menús estaban reservados para nos na Bodega dos Castroviejo: os pais de Íñigo coa axuda de "Tarteras" fixeron para nos manxares como as clásicas "Patatas a la Riojana" ,"Chuletillas de lechazo al sarmiento", "Riñones de lechazo a la brasa", "Migas con chorizo y huevos fritos", "Pimientos asados al fuego de leña", etc

Sen esquecer dende logo un riquísimo licor de laranxa feito por José Luis Castroviejo.

Como vedes non pasamos fame

Video da Rioxa

Este é unha pequena mostra de como foi a fin de semana na Rioxa. Veredes como papamos e bebemos na Bodega de Íñigo, como paseamos por difrentes puntos da xeografía rioxana que rápidamente lembran a viño: Laguardia, Ábalos, Haro, Briones, etc. Realmente foi unha fin de semana divertida e amena, e esperemos non ter que agardar outros 7 anos para voltar a Albelda de Iregüa

Un saúdo para Andoni, Checho, Mauri, Pepe, Chones e Íñigo

Agradecimentos


Como sabedes a pasada fin de semana estivemos na Rioxa facéndolle unha pequena despedida a Chones e invitados por un gran amigo: Íñigo Castroviejo.
Teño que dicir, antes de todo que a hospitalidade e o trato que recibimos pola familia Castroviejo foi excepcional, é de xustiza agradecerllo. Tivemos todo tipo de atencións e a verdade e que todos os que fomos sentímonos como na casa.
Ademáis as viandas que nos prepararon os pais de Íñigo, o domingo axudados pola súa irmán Marisol, fixeron as nosas delicias. Lástima que agora teñamos que poñernos a réxime toda a semana porque era imposible resistirse.

MOITAS GRACIAS

viernes, abril 20, 2007

Caminiño para a Rioxa

QUE UN BO TINTO VOS TRAEREI...

Rufus Wainwright

Como chega a fin de semana toca un pouquiño de música. Hoxe trátase do gran Rufus Wainwright, que no vindeiro mes de maio parece ser que sacará novo disco tras o ésxito do seu anterior "Want Two"
O neoyorquino é un dos máis grande artistas do Pop que saíron nos últimos 5 anos, fai unha música suave , envolvente e con moita clase, para mín un verdadeio fenómeno
Este é o mellor tema do seu anterior album e chámase "The one you Love"

Grupo de emerxencias cardiovasculares



Hoxe preséntase en santiago, dentro do programa do Congreso Galego da Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (SEMES) o Grupo Galego de Estudio das Emerxencias Cardio-Vasculares. Este grupo ten como finalidade estudiar as peculiaredades de ditas patoloxías no noso país, poñer en marcha liñas de investigación e formular guías de actuación para os profesionais das Urxencias en Galicia.

Como un dos membros fundadores do grupo tería que estar hoxe na presentación en Santiago pero a amistade é máis poderosa que a ciencia, polo que lle pedín o meu compañeiro, socio e amigo Fran que me sustituira na ponencia. Dende aquí quérolle mandar un saúdo e gracias por aceptar sen moito tempo o marrón que o Dr Casal e máis eu te metemos. Evidentemente o 61 e as Urxencias do Hospital do Salnés son os Servizos máis implicados neste proxecto

Esta é unha foto dos meus tempos do Hospital do Salnés con Fran e Lucía

jueves, abril 19, 2007

De Lalín a Ourense sen peaxe


Atendendo as críticas de que estaba politizando o blog, retiro o texto que aquí estaba e deixo o titular.
Sintoo, deixeime levar polo entusiasmo

miércoles, abril 18, 2007

Falar con Zalo


Van chegando novas do noso "pobre emigrante" Zalo, parece ser que o rapaz xa dou conta dunhas boas pintas e non rompeu ningún vaso e vaise adptando pouco a pouco a súa nova realidade. Nos próximos días miña irmá Teresa vai estar en Londres e supoño que se xuntarán para tomar algo por alí

Por último os que queirades falar con él podedes usar o MSN Messenger , a súa dirección e:


Despedida na "Terra con nome de viño"


O meu amigo Íñigo Castroviejo para moitos de vos coñecido como "Poti" convidounos a un grupo de amigos á sua casa familiar da Rioxa en Aldelda de Iregüa para facerlle unha despedida de solteiro o amigo Chones que nun mes levará un anel na man.

Supoño que será unha fin de semana de amistade , comida e por suposto viño: o propio "Poti" ten viños e ademáis nesa terra hai unha moi boa horta. A primeira vez que fomos a Aldelda , xa hai anos, prepararamos unhas chuletiñas de cordeiro a brasa dos sarmientos que aínda perdura na miña memoria

Supoño que tamén aproveitaremos para facer algo de turismo e visitas as novas bodegas desa zona deseñadas por grandes arquitectos como Gehry ou Moneo, ou a fermosos pobos como La Guardia, xa en Álava.

Ademáis contoume Chones que a vila está en festas nestes días e xa estamos invitados a cear na casa de Íñigo ó chegar

Lásima non ter capacidade de duplicación ou triplicación porque na mesma fin de semana preséntase a lista do PSdG de Lalín e celébrase tamén a Despedida do meu amigo Sobrado, pero desta non podo revelar o destiño pois é unha sorpresa para o homenaxeado

Tranquilidade para Galicia


Onte fun a conferencia do conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vázquez, e cando rematou sentín unha gran tranquilidade por que por fin o noso país ten unha verdadeira política medioambiental e ademáis esa Consellería deixou de ser unha "maría"e é unha das máis importantes da acción de goberno.

O conselleiro relatou cales son as liñas mestras desa política: proteccionismo do noso territorio argallando novas fórmulas de xestión sostible dos espazos, axudas os veciños desas zonas protexidas para que o espazo natural non sexa unha eiva para eles, unha nova política do auga con máis depuración e menos alcantarillados sen final (como ainda se fan hoxe no noso concello), unha protección continua dos ríos e das rías e unha grande preocupación polas repercusións dos cambios no Ambiente na saúde das persoas.

Ademáis na rolda de preguntas finais Pachi Vázquez resolveu todas as cuestións que lle formularon os moitos veciños alí presentes dunha maneira satisfactoria.

O conselleiro é hoxe en día un dos grandes valores da política galega e así o amosou dende o que chegou o cargo parando minicentrais que afogarían a ríos tan nosos como Ulla, Arnego e Deza, parando parques eólicos en fúturos parques naturais como no Macizo Cetral ourensán ou a súa brilante xetión do verquido de Caldas.

Hoxe estou medioambientalmente máis tranquilo pero sempre en alerta.

lunes, abril 16, 2007

Pallax Pizza Movil Spring Festival



Chéganme por Rocco as fotos do Pizzamovil Spring Festival celebrado o pasado xoves en Santiago organizado polo amigo Pallarés , que seica tivo un gran éxito de público, mágoa pola caída do noso amigo Luis que está convaleciente e non vai poder asistir á despedida de Sobrado.

Nunha das fotos vedes ó propio Pallax con Melendi (non me gosta nada), se vos fixades o tipo parece que vai totalmente emporrao e na outra saen os de Nena Daconte, outro dos grupos invitados (teñen un pase, a ela botaronna de OT) con Merce , a súa irmán Lorena e outras rapazas.

Contanme que foi unha noite mo divertida e o Festival estivo moi ben organizado.

Noraboa Pallax

Vaca no prado




Atopeime o outro día a esta vaca fermosa pola zona de Sello, non deixaba de mirarme así que tiven que retratala, pode ser que quixera dicirme algo, ¿quén sabe?. Preguntareille a María que o mesmo é paciente súa

Gran artigo de Carlos seleccionado por Méndez Ferrín



Con gran oportunidade o sábado pasado 14 de Abril de 2007, no Faro de Vigo, no cadernillo de Cultura, Méndez Ferrín seleccionou un artigo que Carlos lle enviou (esta xa non é a primeira vez que Méndez Ferrín lle fai mención).Carlos relata os paralelismos distantes e avatares de Bóveda e Calvo Sotelo nos tempos da 2ª República ata o golpe de estado que dou comezo a Guerra Civil e posterior instauración da monarquía.
O da gran oportunidade ten que ver co aniversario da instauración da República noutro 14 de Abril de 1931, que puidemos conmemorar un bo feixe de lalinenses o mesmo sábado pasado no Restaurante As Vilas,congregados pola Asociación Manuel Ferreiro que como sabedes lembra o alcalde de Lalín asasinado no 36. Algún día prometo relatar unha boa historia dese alcalde que me contou meu avó...
Sei que a moita xente a palabra República asústalle pero sen lugar a dúbidas é un sistema máis xusto de goberno que o actual de monarquía.



Recibimos o seguinte escrito:
Vidas Paralelas. Ideais Antagónicos

No verán do 2006, a punto de cumprirse o 70 aniversario do asasinato de D. Alexandro Bóveda na Caeira, oUando ot. 4 da Enciclopedía Galega no que se recolle unha reseña bibliográfica súa, observo que nese mesmo volume está incluido José Calvo Sotelo.
Lonxe de quedarse nunha mera coincidencia alfabética percátome de que as súas curtas pero intensas vidas discorren dun xeito paralelo cruzándose ademais en momentos trascendentais. Así, os dous foron comprometidos coa política, coa diferenza de que mentres Bóveda válese desta para, con entusiasmo e dende a honradez e a legalidade, defender os intereses de Galicia, Calvo Sotelo, mediante presións e manobras caciquís, utiliza a política e Galicia como medios para acadar o poder como único e egoísta propósito.

A ética e a moral inquebrantabeis das que tan cínicamente fixeron gala e tan as dereltas deste país, teñen o seu paradigma en Alexandro Bóveda, non en van foi quen de renunciar a importantes cargos, unhas veces por non traizoar os seus ideais —como cando rexeita o posto ofrecido polo propio Calvo Sotelo sendo este Ministro de Facenda, para formar parte do creado Comité de Intervención de cambios para frenarla crisis de la peseta— e outras por negarse a ser cómplice dun fraude electoral, como así fixo ao negarse a renunciar ao seu cargo de deputado por Ourense no asunto da falsiticación do reparto de actas por esa provincia, Outra das coincidencias salientabeis nas súas vidas foi o feito de que ambos os dous sufrisen, por cuestíóns políticas, a obriga de vivir por un periodo de anos lonxe das súas terras. Calvo Sotelo fíxoo exiliado de España e Bóveda desterrado de Galicia a Cádiz. Finalmente, os dous no verán de 1936, Alexandro Bóveda o 17 de agosto e Calvo Sotelo o 13 de xullo, foron asasinados (por moito que
a propia Enciclopedia Galega recolla, eufemisticamente, que Bóveda foi xulgado, condenado e executado e Calvo Sotelo asasinado) por motivos políticos. A morte de Calvo Sotelo sería o detonante ou mellor dito, a exusa para iniciar a chamada Solución de Forza que desencadearía a Guerra Civil que tanta morte e destrución trouxo ao País.
O resultado final é de sobras coñecido.

Os vencedores encargáronse mediante a súa obscena propaganda, de enxalzar e cubrir de gloria uns teitos ignominiosos, mentres as vidas de moitas persoas boas e honradas caeron no máis absoluto e xeral esquencemento. Non sucedeu así no bando dos vencedores no que os seus “mártires” foron loados e recordados coas máis altas distincións.

As coincidencias entre Alexandro Bóveda e Calvo Sotelo non rematarla incluso de mortos. No ano 1948 Franco, con non se sabe ben que lexitimidade, outorga a título póstumo o Ducado de Calvo Sotelo con Grandeza de España cun escudo no que campa esta divisa: “Más vale morir con honra que vivir con vilipendio”. Con honra xus tamente foi como viviu e morreu Alexandro Bóveda. A diferenza reside en que tiveron que pasar moitos anos para que Bóveda e moitos outros poidan recibir o recoñece mento público, notorio e oficial do que son merecedores. ¿Entenden agora algúns para que pode servir a chamada Memoria Histórica?

Xosé Carlos Calvo Ulloa
Lalín
Todos aqueles que quixeren colaborar coa súa opi
nión en NO FONDO DOS ESPELLOS poden escribir
por correo ordinario a:
X. L. Méndez Ferrín - FARO DE VIGO
Rúa Uruguay, 10-A
(Aptdo. Correos, 91) VIGO


Pode haber algún erro na transcripción, pero débese o escaneo do documento pois foi escrito a man


viernes, abril 13, 2007

Un toque oriental

Veredes que con poucos e sinxelos ingredientes podemos facer un prato o máis típico estilo oriental: o chop-suey.
Para o que non vos goste moito este tipo de cociña , tédelo moi fácil, non lle botedes a salsa de soia e sustituidea por un pouco de viño branco.
É un prato moi rápido (20 min), diferente e bastante sano

Percance do Gomi


O meu amigo Luis Castiñeiras " Gomi", tivo onte un pequeno percance en Santiago e rompeu un brazo e hoxe tivo que ser operado, dende aquí mándolle un forte saúdo e que se recupere pois a próxima fin de semana ten a depedida dun dos seus amigos íntimos: O Mike

Se vos preguntades como foi a cousa, dicirvos que non foi dende logo unha liorta, foi unha caída accidental porque como vedes na foto o rapaz smpre quere estas máis por riba que o resto e pásanlle estas cousas.


Ánimo Gomi e demanda a Pallax

Minifundismo mental no Deza

Ata que estas novas non deixen de ser frecuentes o noso país seguirá nunha situación de desvantaxe, afortunadamente cada vez saen menos pero mostra partes do noso carácter colectivo que temos que erradicar. Do minifundismo territorial ao minifundismo mental.
Por certo ,son bravos os da terra da miña moza, andarei con coidado...
A nova foi redactada polo amigo Angel Graña:


DISPUTA VECINAL EN DOZÓN
Agresión a golpe de azada por un conflicto de lindes

J.V.V., de 49 años, queda en libertad tras golpear en la cabeza y el costado a otro vecino de Diz, de 71.

Á. G. / DOZÓN Agentes de la Guardia Civil de Lalín buscaban en la tarde del miércoles una azada en el lugar de Diz (Dozón) como parte de la investigación para esclarecer los hechos acaecidos unas horas antes, en los que un vecino era presuntamente agredido por otro -con cuya familia mantiene un viejo contencioso de lindes-, que ayer era puesto en libertad con cargos, y con una medida de alejamiento, por la titular del Juzgado número 1 de Lalín.

jueves, abril 12, 2007

Peter, Bjorn and John

Sorprendeume o video deste grupo, é moi poppie e ten bastante frescura, penso que é ideal para ambientarse xa na fin de semana. Entre "Amo a Laura", os rapaces de Scooby Doo, Hanna Barbera,etc
Moi orixinal. Un dos máis visionados no YouTube

miércoles, abril 11, 2007

Tin no Duque de Wellington Pub


Tin e Teresa andan a mandar fotos da viaxe do ferrolán a terras de Inglaterra para A Teima e Paparevivir, nesta foto Tin está no máis vello Pub de Southampton que existe actualmente. Nel podes comer comida inglesa (para ser de alí está ben) e sobretodo degustar unhas boas pintas.

O pub esta na zona vella pertiño do porto, importante destacamento militar inglés, onde chegou o Duque de Wellington despois de que éste derrotará a Napoleon en Waterloo en 1815 . Como homenaxe puxeronlle o nome a taberna, pero ésta xa existía dende o século anterior. É un pub moi recomendable e familiar nesa cidade, un deses lugares dos que notas que levan moita historia no seu interior sen poñer grandes carteis nin anuncios que o fagan notar.

Lembrar que Wellington foi dos poucos ingleses que foi condecorado pola coroa española, xa que colaborou en botar os franceses da Península na Guerra da Independencia

Vellas fotos


Estou escaneando vellas fotos que teño por casa para pasalas a formato dixital. Esta que vedes é unha das miñas favoritas.

Os que saímos na foto: meu primo Miguel, Reyes, Berta, Teresa e máis eu, é en San Vicente e desto pasaron arredor de 28 anos, quén voltara alá outra vez...

Hristo Stoichkov


É un dos meus futbolistas máis admirados polo seu xogo ainda que o seu comportamento era moi moi bravo e censurable. Ver ao "Búlgaro" no campo en directo era todo un espectáculo, incluso sen tocar o balón, un deses xogadores chamados de "raza", fútbol en estado explosivo. Vinno varias veces en Balaídos, en todas elas volveu tolos os xogadores do Celta, por velocidade, por empuxe, por mala hostia...
Hoxe en día a pesar de ser novo xa é un dos mitos do Barça, do maravilloso Dream Team, pese a que o meu favorito sempre será Laudrup, o Barcelona de aqueles anos non acadaría os títulos e o nivel de xogo que enganchou a todos os que amamos o bo fútbol sen o Coronel Hristo.
Agora vense a Galicia a sustituir o tristemente cesado Fernando Vázquez , o Celta precisará da súa furia e do seu carácter salvaxe para salvarse, se Stoichkov non lles imprime garra a 2ª é segura. É certo qu pode ser un bo golpe de efecto e ilusión. Ánimo Celtiña.
Polo de pronto que se prepare o Depor porque ainda que "O xitano" non xogue sempre os pode sacar de quicio ou mesmo pisar algún pe. ¿Lembraste Urizar?

lunes, abril 09, 2007

Practicando a fotografía





Un xeito de mata-lo tempo se non marchas de vacacións pode ser adicar o sábado, colle-la cámara e sacarlle fotos á natureza fermosa que temos perto.

Fun as cataratas do Toxa e a zona de Merza case o caer o día, colleume xusto unha tormenta ó chegar e nótase un pouco na luz que é forte e escura, pero hai fotos que quedaron ben.

Cocido en Zobra

No Xoves Santo, día de moita abstinencia polo noso Señor , un grupo de laicos achegouse a Zobra a comer un Cocido... Comemos, bebemos e cantamos...pero eso sí moi baixiño que non era día de festas.
Ainda agora mesmo non sei como nos metemos 40 naquel comedor para xantar pero estivo moi ben. Foi unha reunión moi variopinta e aberta , tanto en inclinacións políticas como na nacionalidade dos asistentes pois viñeron amigos de Euskadi, Navarra e Cataluña, entre os cataláns sinalar os novos líderes da Cidade Condal: Ho Chi e Chispón que foron do máis animado da Festa con outros como Celsiño, Desi, Pili, Guli, Manuel de Dofeca, etc.
Gastronómicamente non foi o mellor Cocido do ano , pero non era esa a excusa de ir ata Zobra.
Espero que os non lalinenses o pasaran ben nas nosas terras e que repitan. Un saúdo para eles.

Os pinchos na casa




Invitei os colegas que aquí quedaron na Semana Santa a tomar uns pinchos na casa como sabedes. Seica lles gostaron, os tipos son algo lambós. Ademáis gustoulles o viño de Toro que lles puxen, beberon botellas a esgalla a pesares de que tiña 14,5º de alcohol. Subeuse un pouquiño, pero menos que o licor café que chegou despois.

A noite estivo ben animada, falamos de moitas cousas, dimos un bo repaso a todo pero fundamentalmente pasámolo moi ben. Uníronse o final Vichi (non sei como escribilo) e Sesi, ó final case había a mesma xente de A Estrada como de Lalín, pero son mansiños en terra allea...

Foi un pracer para min invitarvos, non tanto limpar despois

miércoles, abril 04, 2007

Novo disco de Los Planetas

O mellor grupo de Indie Rock de España e un dos meus favoritos ven de sacar un novo disco , chámase "La leyenda del espacio" e está adicado a Camarón. Tiven a posibilidade de escoitalo (son a banda do mes en Yahoo) e está moi ben recuperando parte da forza perdida no 2 LPs anteriores. Eles din que é moi flamenco, pode ser por algunha das letras e unha canción na que canta con eles Enrique Morente. Son de Granada e nótase.
Estarán de xira por Galicia 0 27 de Abril en SCQ e o 28 en VGO, espero poder ir a algún destes concertos, seguro que se esgotan as entradas...
Póñovos un video que seguro que non se vai botar nas TVs comerciais ou na MTV pois as súas imaxes son realmente explícitas pero non é un vídeo desagradable, é máis ben gracioso. A canción non é a mellor do disco pero está bastante ben: "Alegrías del Incendio"
Por certo hai unha anécdota moi graciosa duns amigos meus e Los Planetas...

Por Terras de lagos, castelos e montañas


A pasada fin de semana estiven pola zona de Sanabria como sabedes, foi unha viaxe ben aprovechada a pesares de ser curta.

O primeiro día adicámolo a andar polo monte nas inmediacións do Lago de Sanabria, por unha ruta algo dura pero pagou a pena, con merecida homenaxe nocturna degustando productos típicos da zona, nun sinxelo pero bon restaurante novo que hai en Puebla de Sanabria, La Hostería de Sanabria, María comeu uns lombos de corzo que dixo que estaban moi bos i eu puiden degustar un solombo de terneira sanabresa que era pura manteiga: unha delicia.

No domingo visitamos o Castelo e a zona histórica da vila, compre dicir que a rehabilitación de Puebla de Sanabria é modélica e as casas están moi ben recuperadas. Ademáis mercamos os productos típicos: "habones", queixos, viño, etc.

Logo voltamos cara a casa pero paramos en Verín para ver o Castelo de Monterrei (se a remodelción de Sanabria é modélica, a destrucción deste é patética) e comemos correctamente no Parador de Verín, ó que lle puxen unha pega: servenche como auga Fontvella tendo alí o lado Cabreiroá, Sousas, etc. Evidentemente queixeime á maitre.

En canto o aloxamento sinalar que o hotel rural que collemos era moi acolledor e moi bonito cunha zona de almorzo con vistas o Parque Natural, ademáis pegueime un baño de hidromasaxe con espuma que facía ben tempo. O hotel chámase www.posadadelasmisas.com , podedes visita-la web e veredes que bonito.

lunes, abril 02, 2007

Invitación ós que fican na casa


Como moitos de vos marchastes e os que aquí ficamos non temos que gardarvos ausencias, vou invitar os abnegados traballadores que teñen que quedar aquí estes días e a os vagos de solemnidade que non se moven nin en Semana Santa ,a tomar uns pinchos este mércores noite na miña casa.
Xa teño avisado a Guli, Dani e o gran Angel Graña, fáltame falar con Zalo, se algún máis queda por aquí que avise,¿Kali?¿Marta S?,¿Montoto?
A cuchipanda basearase nun artesán queixo de ovella e viño de Toro que merquei recentemente en Sanabria ademáis de outros pinchos que farei no día, para que vexades que Paparevivir non traballa so de cara a galería

Lasagana de vexetais e vieiras

Xa hai tempo que non vos subía unha receita completa. Neste caso é unha lasagna especial, non de pasta, a súa base serán calabacíns e levará de recheo outras verduras como espárragos verdes e alcachofas ademáis de vieiras, regado cunha salsiñá de Ribeiro e trufas.Se non tedes trufas non pasa nada.
Prestádelle atención e xa veredes que fácil de facer é.Aquí tedes unha receita sinxela, moi doada de facer, baixa en calorías pero con moitísimo sabor. Acompañádea dun blanco do país, sabedes que eu sempre preferirei o Ribeiro.

Problemas entre A Zarzuela e Cruzcampo

A Casa do Rei de España ven de pedirlle a Cervezas Cruzcampo se lles pode facer o favor de retirar o anuncio do oso que podedes ver nesta páxina.
Resulta que na Zarzuela andan desesperados porque ao rei lémbralle ao pobre oso Mitrofán que andaba borracho de vodka como sabedes. O caso é que o monarca cando ve o anuncio na tv colle a escopeta e empeza a dispararlle. Agora mesmo na Casa Real so queda unha televisión na zona de servicio e os empregados fan garda para cambiar a tempo por si aparece o anuncio.
Os motivos da petición da Casa do Rei son os elevados gastos que suporá repoñer alomenos 12 aparellos e tratar de evitar accidentes posto que o rei ponse fora de sí.

Video relaxante de montañas

Póñovos un relaxante video das montañas de Ordesa e Alto Aragón, veredes que cantidade de neve e que fermoso é aquelo.
Creo que é un bo video para parar un minuto no traballo e "desestressarse", vai acompañado dun tema do novo disco dos franceses Air ,"Pocket Simphony"