sábado, marzo 31, 2007

Búscanse docentes con formación en Empresariais e Económicas

Como xa sabedes estou poñendo en marcha unha empresa de formación e Servizos docentes e estamos a procura de docentes nos eidos de Empresas e Económicas para impartir formacións de creación de empresas e xestión empresarial básica en Galicia.
É para presentarnos a un concurso, os interesados debedes saber que os cursos esixen certo compromiso pero son doados de impartir, a remuneración andará arredor dos 35 € hora dependendo do lugar do desprazamento e as datas polo de agora descoñecense. Por unha tarde gañades arredor de 150 €.
Os interesados mandádeme un correo a nicogoncas@yahoo.es ou chamádeme para que volo explique mellor, pódese apuntar xente en activo ou en paro.
Gracias

viernes, marzo 30, 2007

A Semana Santa nun pais laico


Chega a Semana Santa que para a gran parte dos católicos que eu coñezo é un tempo de marchar de vacacións , é o bo que ten un país laico que un pode adaptarse a súa relixión cando lle peta, tamén se pode disfrazar como fan en Sevilla.

Ben pois neste tempo de vacacións para algúns moitos viaxaredes , pasádeo ben amigos e coidado no coche.

Outros estaremos traballando nos festivos, por eso mesmo María e máis eu que libramos nesta fin de semana imos dar unha volta ata Sanabria e o seu Lago e pasexar or esas terras galego-zamoranas, tamén a bon seguro que degustaremos a potente gastronomía sanabresa.

Despois nos días propios da Semana Santa estarei entre Lalín e Pontevedra traballando.Guli conta comigo para ese Cocido.

Polo de agora non dan moi bo tempo , pero ainda así:
Disfutade todos

Saudade por Demiño


¿Botades de menos a mascota de Paparevivir?, seica sí ¿verdade?, Demiño tamén os bota de menos a vos e dime que está ansioso por saír no Blog por eso vos poño unha foto súa, para os que estades morriñentos.

A verdade é que está desexoso por voltar a saír , seguro que moitos desexariades un video electoral con Demiño pedíndovos o voto...

Tempo de lampreas


Supoño que casi todos vos sabedes que agora estamos na tempada da lamprea. Este arcaico peixe é un dos grandes e insolitos productos da nosa cociña xa moi apreciado dende tempos dos romanos. A súa forma de vida correspóndelle ó seu horrible aspecto posto que alimentase sorbéndolle o sangue a outros peixes do río.
En Galicia vive en moitos ríos , pero as máis famosas son as do Ulla e as do Miño, nomes como Arbo, As Neves ou Cesures xa nos lembran a este delicioso peixe-cobra. Os seus grandes enemigos son a contaminación e os encoros, preo parece ser que se está a recuperar e este ano están volvendo a aparecer no Lérez por exemplo. O noso Deza tamén as ten na seu tramo final.
A primeira lamprea que comín foi co meu avó en Rois hai xa ben anos, en Casa Ramallo e penso dende logo como moita xente que ese é o mellor lugar de Galicia para degustala. Tamén a teño probado e Arbo, As Neves , Cesures, Vilagarcía e incluso en Lalín , bastante ben preparada polo Asturiano. A última que probei foi hai uns días no bo restaurante de Padrón "Chef Rivera" acompañado do autor de A Teima, estaba boa pero non como a de Rois.
Sobre a forma de preparación ,como máis me gosta é a clásica de a Bordalesa "no seu sangue", pero tanto en empanada como prensada pode estar deliciosa tamén.
Este ano ainda me queda unha pendente de comer con Guli e Carlos, rapaces hai que apurar que vai pasar a tempada.
Un consello: se ides comer Lamprea, acompañádevos preferiblemente de xente que a disfrute coma vos

lunes, marzo 26, 2007

María por falso Warhol




Dunha boa foto , coa axuda de Photoshop e un pouquiño de paciencia pódese emular o mesmo Andy Warhol.


Ves como sí que era capaz María

Outro enigma


¿Quererá dicir algo o número que leva este amigo meu na súa camiseta? ¿Haberá que darlle a volta o número? Seguro que non o sabe nin él, é normal

Video atrasado: Despedida de Chones e Ana

Sei que algún de vos estábades agardando por este video que debido a problemas técnicos non puiden subir ata hoxe, espero que vos guste.

Papadas en Huesca



Dende logo se na miña recente viaxe tamén adiquei tempo a papatoria, normalmente aproveitaba a cea para facer turismo gastronómico porque non tiña tempo no almorzo. Hai varias cousas que destacar pero en priemiro lugar sinalarei que a cociña do Norde de Aragón ten similitudes cos seus veciños franceses e cataláns, facilmente identificables pola utilización de certos productos ou mesmo polos nomes. Hai que lembrar que a zona Este da provincia de Huesca é coñecida como a Franja (soa Franya).

O primeiro sitio que me gustou foi o Restaurante A. Arazo, situado mesmo no centro, tiña un menú degustación de 18 € (ben barato) e estaba moi rico e perfectamente cociñado, consitía en varios entrantes como tempura de verduras, longaniza de Graus (moi famosa alí) e de remate un muslo de pato guisado con setas que era un prato de moita categoría. Ese día, martes, era eu o único no comedor e o xefe do restaurante que estaba en outra sala cos amigos comendo caracois (tomei unha proba) explicoume varias cousas da gastronomía local.

Xa o xoves fun comer a un asador onde comín caracois o alioli , algo bravos pero ricos, e terneira do alto Aragón a brasa que resultou moi xugosa. O sitio chamábase "El Bodegón" e quedaba cerquiña da Catedral. Non foi caro.
Deixei sen visitar o mellor restaurante de Huesca: Lillas Pastia, que é un restaurante de alta cociña moderna, non creo que sexa un sitio para ir só, pero quedaronme gañas porque que en tódals guías sinalan que é moi aconsellable

As dúas ceas anteriores foron acompañadas cun pouco de viño do Somontano, unha das xovenes DO españolas que fan viños correctos e moi internacionais

Finalmente da comida destacable foi o "Lechazo" típico de Briviesca no Restaurante "El Concejo" que está mesmo na praza principal desa histórica vila burgalesa.

Como vedes é moi importante combinar o traballo co placer

The Arcade Fire

De vez en cando poñovos algo de música, normalmente grupos que me gustan moito ou discos novos que considero moi bos. Neste caso xuntanse as dúas cousas, u último disco de The Arcade Fire é realmente bos (como os anteriores), chámase "Neon Bible" e ten cancións grandiosas como a deste video.
Como podedes ver o video é un directo recente da súa nova canción "No cars go",
destacan pola súa instrumentalización usando instrumentos como acordeóns ou violíns que non son moi habituais no panorama Indie-Rock. Se aguantades ata o final veredes que forza ten o remate da canción


Fogar,doce fogar


De volta en casa despois de tantos días so fora. A verdade e que é moi reconfortable chegar a túa casa e tirarte un pouco a descansar mentres ordeas todo para voltar á tradicional rutina. Un pódese cansar de andar de viaxe por ahí e de estar en varios hoteis en poucos días. Hoxe adicarei o día a descansar un pouco, actualiza-lo blog que teño moito material atrasado, traballar un chisco e quitarlle o po a bici, que a climatoloxía e o cambio de hora favorecen a volta a actividade física o aire libre.

Quero facerlle unha loubanza ó meu Ford Focus que sos seus 140 cabalos a gasoil levoume de viaxe 2385 Kms en 7 días, atravesando temperaturas de -7ºC, neve ou xeo e non dou ningún problema. Ademáis o seu consumo foi de 5,5 l cada 100Km a velocidades de autovía. Increíble

jueves, marzo 22, 2007

Candidatura

Como pon na Teima, irei nas listas do PSdG- PSOE para o Concello de Lalín, algúns estadesme a preguntar polo número na lista, polo de agora o descoñezo, eu non fago a lista, saberase cando sexa oficial, pero nin irei moi por riba pero tampouco por baixo.
Comprométome no Blog a non dar a lata coa campaña, non quero facer políica aquí, mais permitídeme unha salvedade, algunhas cousas polas que un foi traballando parece que atopan solución , o mérito dende logo non é meu , pero creo ter aportado o meu graniño de area e considero que ese é o obxectivo da política.

Chamádelle Iñaki


A qué foto recente aparecida na prensa vos lembra esta?. Non os estou comparando dende logo...

A foto é da despedida de Chones, cando retorne poñerei un video con máis fotos da despedida, sei que Enrique ou Antonio as agardan.

Nanita eu non sei como non te chamaron, pero eu pregunteille por tí a Fredi e boteite de menos alí

Semana en Huesca




Vou rematando a miña semana en estas altas terras de Aragón, polas tardes traballei e polas mañas fixen turismo e nos últimos dous días subín (non sen dificultades) as Estacións de Panticosa e Formigal , que tiñan neve a barrer. Disfrutei moito e o primeiro día cainme máis, pero a neve estaba como unha esponxa.

Evidentemente tamén fixen algo de turismo gastronómico que reamtarei hoxe, xa vos contarei cando teña máis tempo

Mañán comezo o retorno , pero antes quero achegarme ata Ordesa, tras dar clase sairei cara a Burgos onde farei noite. Tratarei de parar en Briviesca nun sitio onde fan un "lechazo" de morte que xa teño visitado co meu pai ou Chones e Checho.

As clases ben gracias, e dende logo os alumnos mellores que os de Tenerife

lunes, marzo 19, 2007

Frío e WIFI pirata en Huesca

Cheguei a Huesca tras durmir en Burgos o domingo, caeume algo de neve por Pancorbo pero non houbo máis dificultades. Pola tarde no decanso das clases comezou a nevar abundantemente, algúns alumnos que viven nos Pirineos marcharon antes de rematar, vai moito frío e parece que mañá vai ser peor. Xa me dixeron que non deixara de ir a Ordesa en canto escampe o temporal, tamén me recomendaron Formigal como estación de esquí, mañán teño moito traballo todo o día , pero o mércores non perdono.
Por outro lado o Hotel no que estou ,Pedro I de Aragón, está ben pero cobran 6 € por cada hora de wifi, polo que dende a miña habitación estiven buscando redes para engancharme, atopeinas e puiden conectarme a unha pero a conexión vai lenta, vale para mirar o correo, A Teima, o blog de Dani e esta entrada pero non podo por agora colgar as fotos da despedida de Chones e Ana, tede paciencia os que estades agardando por elas, máñán buscarei mellores solucións.

viernes, marzo 16, 2007

Dou a Benvida ós amigos anormais e insensatos

Xa hai un bonito logo para poñer ante as continuas manifestacións do PP e que xorde como resposta a brilante frase de Mariano Rajoy:

"Rajoy convoca a todos los españoles normales y sensatos", El Mundo (Daily Boric), 5/III/2007

Rumbo a Huesca



Moi probablemente a próxima entrada que poña no blog será dende León ou dende Huesca, se os hoteis aos que me mandan teñen unha conexión decente a Internet, non como en tenerife que quería escribir e non podía.

Vou dar un módulo dun Experto Universitario en Emerxencias, Huesca queda ben lonxe polo que a viaxe vaime levar tempo e fareina en coche porque en avión + tren era complicada. Teño que traballar de luns a venres polas tardes polo que marcharei o domingo e retornarei o sábado.

O domingo durmirei en León, de luns a venres en Huesca e o venres durmirei finalmente en Burgos xa de volta. Un "tute de carallo"

Unha das cousas que máis me animou foi que poderei ir a neve no meu tempo libre algo co que xa non contaba nesta tempada, a provincia de Huesca ten 5 estacións (Cerler,Formigal, Candanchú,etc). Tamén penso achegarme e dar un pequeno paseo polo Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, un dos lugares da Península que máis gañas tiña de visitar.

A foto é das Gradas de Soaso no mencionado Parque

Mellores fotos



Non sei se vos decatastes pero melloraron as fotos en Paprevivir, recentemente merquei unha cámara Reflex Digital Nikon D40 e realmente estou encantado con ela ainda que non a controlo totalmente.


Os prezos destas cámaras teñen baixado moito, a miña é sen dúbida unha das máis asequibles , o escalón máis baixo da marca xaponesa nas Reflex dixitais pero a min tenme maravillado. Ía sendo hora de que mercara unha, porque moitas das fotos que poñía eran de gorroneo da cámara de maría, moitas gracias neniña.


Ahí vai unha foto sacada hoxe nas probas que lle estou a facer.

Zona de traballo


Non sei se algunha vez vos preguntastes como é a miña zona de traballo. Como ben sabedes hoxe en día varía pode ser ambulancia ou aula , pero realmente a "nino-nino" é o meu verdadeiro centro de traballo.

É posible que algún de vos subira nalgunha ocasión a unha e veriades a complexidade dunha UVI Móvil e as dificultades de espazo que en ocasións temos que sofrir.

Evidentemente ten as súas complicación pero non é difícil adaptarse, ademáis se a garda é boa pasamos máis tempo na Base que na AM 747 (é o nome do recurso de Pontevedra). Por exemplo hoxe non é nin boa nin mala: levamos un Infarto a Vigo, atendimos a unha velliña con hipoglucemia, fumos a un parto nunha casa (pouco habitual) e tratamos a unha neniña con convulsións febrís e son as 21:30, polo que comeza a noite e espero durmir un pouco...

Medo no Vaticano







Unha cousa das que máis me impresionou do Vaticano son as imaxes terroríficas que teñen, que non puideron ser creadas para outra cousa que non fora infundir medo. Están na Basílica e tamén no Museo Vaticano.


Certamente a igrexa non sería o que é se non creara fieis temerosos de Deus, hoxe en día esas imaxes impresionan pero nada máis, pero seguramente hai séculos a xente íase pola "pata abaixo".


Botádelle un vistazo.


martes, marzo 13, 2007

ROMA

Ahí vos vai o video de Roma, como podedes ver visitamos moito para dous días: Vaticano, Piazza de Spagna, Fontana di Trevi, Piazza navona, Campo di Fiore, Tratevere, Coliseo, Foro Romano, etc.
Roma ten moita pedra e a maioría delas organizadas en grande armonía. O vaticano impresiona, e subir a cúpula é impresionante a pesar das opinións particulares de cada un sobre a Igrexa. Pero a min encantoume sen dúbidas a Fontana di Trevi, pareceume un lugar belísimo , lástima que sempre esté tomado de turistas coma nos.
Ben deixovos o video , arrivederci

lunes, marzo 12, 2007

Un pouco de pasta basta


Evidentemente en Roma gustei da cociña italiana clásica, comín gnochi e pizza funghi porcini, sen lugar a dúbidas a mellor pizza que comín na vida unha masa finiña crocante e con un sabor magnífico. Fun a un restaurante moderno e xoven perto da Praza de España e outo máis clásico, case sen turistas e moito italiano na Praza Merchanti especializado en carnes por recomendación do Potro e Luz, gracias a ambos.

Como María , un pouco pola miña culpa e outro polos seus gustos pois non lle gosta o queixo, non comeu pasta o chegar a Lalín eu fixenlle uns tallarines con material recén traído de alá.

Son uns tallarines de tartufo,cunha salsa de fungos artesanal de alá , boteille máis tartufos (trufas) algún boleto que tiña na casa, calabacín, ribeiro branco e unhas gotiñas de Pedro Ximenez. Unha pasta de luxo con bos productos, dende logo este non era o típico prato barato de pasta pero pagou a pena: a María gustoulle

Cousas raras no Vaticano


O sábado en Roma puidemos asistir a unha manifestación , cando en Madrid celebrábase outra ben diferente. Neste caso era a favor do matrimonio gay, alí hai moita presión da igrexa como todos sabedes e non existen recoñecidas tan siquera as parellas de feito.

Na de Madrid houbo gritos contra Zapatero e na de Roma, asistindo ministros do goberno italiano, houbo vivas e pancartas a favor do presidente español. Era algo estrano.

Pero a igrexa non se foi de rositas como comprobades nunha pancarta e eu puiden ver cousas ben curiosas na Basílica de San Pedro.

miércoles, marzo 07, 2007

Os amigos


Sen nengunha dúbida esta é unha das miñas fotos preferidas, ainda que se trate dunha fotomontaxe. A foto dos corpos é da Feira Franca e a paisaxe dende a Ponte Romana de Carboeiro no vran.

A Rafa xa lle salía a vena relixiosa que di que lle veu agora, Carlos posando para Medievalum Men´s Health , Miguel facendo de xirafa e de mín case mellor nin falar.


¿Quén é este sexy boy?


Estribillando nas fotos que un ten nos archivos atópanse cousas curiosas e graciosas. Fagan apostas sobre quén é o tipo (o retratado non conta) , se ademáis acertades en qué vila foi tomada , teredes de regalo algún manxar de Paparevivir.

Semella estar celebrando un golazo, polo menos dunha final da Copa de Europa, e parece que está nun bar, un dos seus habitats naturais

A foto é enganosa pois o tipo ten máis barriga agora. Non é o único.

Tertulias Africanas: Los Maquis. Dende Cote d´Ivoire




"Maquis",suena a la guerrilla española de la posguerra.En Costa de Marfil: chiringuito,bar,colmado...cualquiera de estas opciones y tambien algunas otras,son adecuadas para denominar estos establecimientos. Pero tambiem son mucho más.En los "maquís",se bebe,se come,se charla,se baila...Los fines de semana,sobre todo en los imnumerables que hay situados sobre la "route de Bassam", son un autentico jolgorio.La cerveza "Flag",marca nacional de la côte D,Ivoire,campa por sus respetos y el ritmo de moda "coupé decalé"llega en oleadas sonoras de todos los rincones.Por cierto que el creador de esta música,Doug Sagá,denominado también el "presidente de la jet set",falleció recientemente muy joven.Treinta y pico años.Su entierro fue un acontecimiento, asistieron miles de personas y la caravana del sepelio fue escoltada por motos de alta cilindrada. Acudieron personajes del espectaculo de toda Africa, así como otros residentes en Europa y Estados Unidos.La "jet set",se le denomona aquí,a los ivorianos que triunfan en el exterior.Como músicos y cantantes sobresalen Kofí Olomidé,del que tengo algún disco y tiene un gran éxito en Francia y EE.UU. y Alfha Blondy que compone canciones más nacionalistas,denunciando la miseria y la explotación.Pero volviendo a los "maquís",ponen una nota de ambiente y colorido a la ciudad de Abidjan.Estan por tdos los sitios,no solo en los barrios del extrarradio ,los hay en el "Plateaux" zona de negocios ,en Cocody,barrio residencial...por todos los rincones.Por cierto,que no son frecuentados por blancos.Siempre que fuí era yo el único.Claro que aquí,la mayoría de blancos son libaneses y estos se mezclan poco con los nativos.La comida que sirven es típicamente africana y como en muchos de ellos se cocina al aire libre,lá sinfonía de aromas que desprenden es considerable.Los precios ,salvo en algunos de cierto"standing",están adecuados a los salarios ,de ahí que sean muy frecuentados por trabajadores y funcionarios.Por algo más de 1.000.-FCFA (cada franco equivale a 0, 25 de las antiguas pts.) se puede comer. Arroz,alocco,atiaké,pescado y carne es la base del menú.Es así como se explica que se pueda vivir aquí con los ingresos medios,puesto que Abidjan es una ciudad cara,con precios en restaurantes y supermercados similares o incluso superiores a España.Así también están las calles invadidas de mercadillos y puestos de alimentación en donde todo es mucho más asequible y que dan una atmósfera muy peculiar a la urbe.

Nicolás González Aller
Abidjan. Côte d´Ivoire

Felicidades Gabo


Onte Gabriel García Marquez cumplía 80 anos, e organizaronse varios festexos para homenaxealo baseados principalmente na lectura da súa obra. Dende Paparevivir tamén queremos sumarnos a ese recoñecemento.

Dende a miña modesta opinión García Marquez é o mellor escritor que eu lin dos Séculos XX e XXI. A súa maneira de escribir é fluida , sinxela, imposible de non seguila, vaite levando e levando... As súas historias son únicas , máxicas e reais, as veces desconcertantes pero teñen todo o necesario e máis que un lle pode pedir a unha novela. Para moitos críticos "Cien años de soledad" é a mellor novela do XX, pero tamén temos "El Coronel no tiene quien le escriba", "Crónicas de una muerte anunciada", "El otoño del patriarca", etc.

Eu coma homenaxe empezei onte a ler "El amor en los tiempos de cólera" que non a tiña lido, e parece que é das preferidas do seu autor. Non me resisto a poñervos aquí as súas primeiras e impactantes liñas:

" Era inevitable: el olor de las almendras amargas le recordaba siempre el destino de los amores contrariados. El doctor Juvenal Urbino lo percibió desde que entró en la casa todavía en penumbras, adonde había acudido de urgencia a ocuparse de un caso que para él había dejado de ser urgente desde hacía muchos años. El refugiado antillano Jeremiah de Saint-Amour, inválido de guerra, fotógrafo de niños y su adversario de ajedrez más compasivo, se había puesto a salvo de los tormentos de la memoria con un sahumerio de cianuro de oro.
Encontró el cadáver cubierto con una manta en el catre de campaña donde había
dormido siempre, cerca de un taburete con la cubeta que había servido para vaporizar el veneno. En el suelo, amarrado de la pata del catre, estaba el cuerpo tendido de un gran danés negro de pecho nevado, y junto a él estaban las muletas. El cuarto sofocante y abigarrado que hacía al mismo tiempo de alcoba y laboratorio, empezaba a iluminarse apenas con el resplandor del amanecer en la ventana abierta, pero era luz bastante para reconocer de inmediato la autoridad de la muerte. Las otras ventanas, así como cualquier resquicio de la habitación, estaban amordazadas con trapos o selladas con cartones negros, y eso aumentaba su densidad opresiva. Había un mesón atiborrado de frascos y pomos sin rótulos, y dos cubetas de peltre descascarado bajo un foco ordinario cubierto de papel rojo. La tercera cubeta, la del líquido fijador, era la que estaba junto al cadáver.
Había revistas y periódicos viejos por todas partes, pilas de negativos en placas de vidrio, muebles rotos, pero todo estaba preservado del polvo por una mano diligente. Aunque el aire de la ventana había purificado el ámbito, aún quedaba para quien supieraidentificarlo el rescoldo tibio de los amores sin ventura de las almendras amargas. El doctor Juvenal Urbino había pensado más de una vez, sin ánimo premonitorio, que aquel no era un lugar propicio para morir en gracia de Dios. Pero con el tiempo terminó por suponer que su desorden obedecía tal vez a una determinación cifrada de la Divina Providencia..."

De paseo a Roma



Na próxima fin de semana achegareime a Cidade Eterna na que nunca tiven o pracer de estar, aproveitando a liña de Ryanair e cun billete asequible espero acercarme e coñecer o lugar de onde provén gran parte da nosa cultura e os idiomas que falamos.

Sei que dous días son poucos para visitar Roma pero tentarei facer unha inmersión intensa. Tamén espero visitar o Vaticano para ver as súas maravillas pero supoño que tamén para avergoñarme polos excesos das xerarquías católicas.

Evidentemente probarei a comida romana e xa levo unhas cantas recomendacións feitas por Luz e o Potro que como sabedes son bos sibaritas investigadores. Moitas gracias os dous.


O luns xa vos contarei como foi. Ciao

Restaurantes: A Casa dos Martínez , Padrón




Comenzo a falar de Restaurantes por este local de Padrón, non é que sexa o meu favorito pero si é o último que visitei e que merece ser destacado.

Este local atópase no casco histórico desa vila, no baixo dunha bonita casa de pedra. O restaurante é verdadeiramente acolledor, poucas mesas e a sensación de atoparse no salón da nosa propia casa.

O restaurador Quique Martínez ocúpase de levar o peso do local , controla a cociña e atende as mesas dos clientes, sen dar en ningún momento a sensación de non estar atento. Fai unha cociña elaborada, con aires modernos pero recuperando os sabores tradicionais. Non esperedes neste restaurante cousas extremadamente raras.

A carta é variable e muda o longo do ano según as tempadas, non é moi extensa pero recolle todo tipo de sabores e preferencias. É como indica o seu dono Cociña de Mercado e realmente está ben lograda.

Acercámonos o domingo pasado e puidemos degustar deliciosos pratos dos que destacaría as carrilleiras de ibérico, moi xugosas e sabrosas , sinxelamente no seu punto, a filloa rechea de marisco e unha formidable ensalada de alcachofas, verduriñas , navallas e vieiras moi orixinal pero con sabores de sempre.

Era a cuarta vez que visitaba o local que xa leva máis de 5 anos asentado, unha vez decepcionoume máis esta última cumpriu bastante ben. Da primeira vez lembro uns berberechos xigantes , puro mar, que na carta chamábanse XL...

Ben certamente é un restaurante recomendable e o prezo non é desorbitado arredor de 30 euros por cabeza, que nos tempos nos que vivimos xa semella barato

sábado, marzo 03, 2007

Mesmos Porcos, diferente coiro

Non me gosta falar de política no blog , pero as similitudes son claras




Sede PSOE en Álcala de Henares


Sede PSE-PSOE en Barakaldo

Os meus bares favoritos: Barriga Verde



Se teño que empezar a falar dos meus bares favoritos hoxe en día , teño que falar principalmente do Naútico e do Barriga Verde, que no fondo son locais con moitas similitudes.

Empezarei polo de Lalín, xa máis adiante falarei do de San Vicente que nestes intres atópase tristemente cun futuro moi incerto.

O Barriga Verde abreu xa hai uns cantos anos no que fora principalmente un dos primeiros grandes locais da movida lalinense : "Piso Piloto". Dende un principio tratou de converterse nun referente nos bares de Lalín e da comarca e de seguro que o logrou, ampliando os seus horizontes e sendo hoxe un bar ben coñecido en Galicia.

Os irmáns Montilla, X. Ramón e Carlos, tiñan claras as súas ideas e querían dotar a Lalín dun bar que servira de punto de encontro e ademáis darlle dunha axenda cultural un pouco alternativa, algo que en Lalín é moi necesario. Conseguironno , e son innumerables as actuacións tanto músicais como teatrais ou de títeres (na honra do gran Barriga Verde) que alí se teñen levado a cabo. Ademáis serve de espazo para exposicións, ata eu mesmo colguei alí fotografías... un punto negro na súa selección.

Eu teño pasado alí grandes momentos , recibín en moitas ocasiós o mencer no Barriga simplemente despois de pasar a noite falando e disfrutando cos amigos, teño bailado, cantado, pinchado música, servido copas e ata alunizado alí... os que somos do Barriga Verde sempre nos sentimos nel como na casa, e somos moitos.

Ademáis é un lugar onde atopar amigos que hai tempo que non ves, é por exemplo de visita obligada nas grandes datas de Lalín (Festas , Cocido, Nadal, etc) porque van estar aqueles que tes gañas de ver. Tamén e un do lugares onde levas con orgullo os teus amigos de fora para que vexan que en Lalín tamén hai vida intelixente...

Ben podería estar falando durante horas das historias do Barriga, seguro que moitos de vos tendes algunha ¿verdade? polo que xa vou rematando dando as gracias os Montilla pola súa perseverancia e que non decaiga. Seguro que a Miguel dende BCN e a Teresa dende Inglaterra entroulles algo de morriña...
Por certo a foto dos Montillas xuntos é casi máis difícil que a dos dous Colones

Vémonos no Barriga

Felicidades Conchi e Carlos. Benvida Mar

Xa sabedes que Conchi e Dieci tiveron unha nena que se chama Mar, falei con eles hoxe e xa estaban de camiño a casa, e dicir , que a nena e a nai atopábanse tan ben que non permaneceron no Hospital nin 48 h.
Ainda non teño fotos (cando teña xa poñerei) pero din que polo de agora parécese moito ó seu pai e que a éste estalle a caer a baba seguido. Veremos quen atura a Dieci e Ferri preguntando cal é máis guapa: Mar ou Claudia...
Ben pois eso que o disfruten e xa irmeos facerlle unha visita pouco a pouco para que poidan ir asentando na casa coa nena.
A felicitación faise extensiva a outros membros das familias: Josito, Michi, Inés, etc.

jueves, marzo 01, 2007

Nova Empresa



Onte quedou casi rematada a constitución dunha nova empresa. Algúns de vos xa sabiades das miñas intencións de constituir unha sociedade para darlle algo de forma e xeito a todo o traballo de docencia e organización formativa que dende tempo estou levando a cabo. Contarei nesta nova andadura, xa bastante madurada dende hai tempo, con dous compañeiros e amigos: Tato Vázquez, médico e Xefe do meu antigo Servicio de Urxencias do Hospital do Salnés e Fran Martínez , enfermeiro coma min e cunha traxectoria profesional similar a miña, os dous collemos a excedencia do Hospital para marchar o 061 de Galicia. Ambolos dous teñen unha amplísima experiencia en docencia e cuestións organizativas de formación.

Esta empresa adicarase en principio a formación socio-sanitaria e continuada prefernetemente nas tres seguintes áreas: concursos de formación socio-sanitarios , formación continuada en empresas e formación en emerxencias.Non dou máis detalles polo tema da cmpetencia. Se algún está interesado en máis detalles que me chame. Ademáis xa temos a medio plazo pensado desenrolar algunhas innovacións tecnolóxicas na xestión dos servicios sanitarios.

Espero contar con algún dos meus amigos como docentes (ben remunerado claro) xa que as áreas da formación socio-sanitaria hoxe en días son moi extensas debido a recente Lei de Dependencia, precisaremos principalmente para esta tarea aparte de persoal sanitario que xa temos falado: Psicólogos, Traballadores sociales, Terapeutas ocupacionales, Fisioterapeutas, profesores de idiomas, etc.

Arriba tedes os dous probables nomes da empresa: "Sabemos Formación e Tecnoloxía do Coñecemento" pola súa evidente relación coa actividade e "NiFTa Formación e Tecnoloxía do Coñecemento" de Nico, Fran e Tato. Agradeceriavós que me dixerades cal vos gosta máis nos comentarios.

Por último darlle as gracias a Pallares e a Zalo pola súa axuda na redacción do Plan de Empresa nas áreas de Marketing e Financieiro