miércoles, enero 31, 2007

Carnaval carnaval: rumbo a Tenerife


Vou facer pleno:
Chamáronme para ir dar un curso na semana próxima a ... Tenerife. Andaba eu algo preocupado en qué ía facer nos tempos mortos que terei cando caín na conta de que alí e un dos Antroidos máis coñecidos a nivel estatal. Ainda que vou estar alí 5 días ,non terei moito tempo, pero supoño que me veredes no Teide e nalgún desfile do Carnaval.

Sintoo Kali pero non es o único que vai ir a un Carnaval de Ultramar

Iso sí, non o cambio polo de LAZA

lunes, enero 29, 2007

Potro


Como sabedes O Potro é colaborador do blog veciño, o que non sabedes moitos de vós é :¿quen é realmente Don Marcos Fanego?. O señor dos arandos e a lima, como o bautiza Guli, que fai uns artigos moi "fisnos" tipo josemi pero sen marquesas, que sabe máis de Cocidos que os de Lalín .En realidade queridos amigos é un cheas, está tratando de enganarnos pero os que o coñecemos de longo sabemos que o seu único Dios chámase Absolut (preferiblemente con laranxa) e a súa Deusa (con permiso de Luz-paciencia) é Carmen Martinez Bordiú. Ben non protestedes Terelu tamén vale...

Pero o de "cheas" non ten sentido negativo, non, neste caso trátase dunha actitude moi positiva, de tódolos xeitos é un tipo con conciencia ou se non que llo pregunten o seu amigo Bob, ¿quen é Bob? pois Bob Dylan, do que se fai pasar polo seu maior fan coa única intención de cartearse con Carlos Herrera. Que vos dicía: Un fenómeno.

Tamén presume de ser grande cociñeiro, e non o dubido máis agardo con ansia a posibilidade da confrontación.

Ben en realidade trátase dun bo amigo con quen é moi difícil pasar máis de 5 minutos sen descolloarse.

¿Por qué lle chaman Potro? esa é unha vella historia...Preguntádelle o día 10. Agardámosvos

Nota Larpeira: Ramista FERRI


Chámame Ferri para que vos comunique os diferentes larpeiros que quedaremos o sábado na Taberna do Matelo entre as 13:30 e as 13:45 para comenza-lo pasarrúas que nos levará polos diferentes bares de viños de Lalín para rematar finalmente na cerimonia do Porco arredor das 14:45.

Lémbrame ese gran ramista que é día de Feira polo que é probable que haxa moita xente nos bares incluídos boinas negras que se poden mostrar agresivos polo roubo de espazos.

Ah , por último, Ferri dime que está esgotado de tanta preparación e que a organización tan intensa levada a cabo estalle roubando moitísimo tempo. Terá collóns, que Fenómeno

Votade por ¡Ahí ven o Maio!

Na web da www.lavozdegalicia.es están a facer un debate para decidir mediante votación popular cal é a mellor canción galega.
Dende logo todos temos moitas cancións galegas favoritas empezando sen máis polo noso himno, pero hai que se decidir por unha. Eu votei polo meu primo Luis Emilio Batallán que está sendo un dos máis votados con cancións coma "O Tren" de Andres Dobarro, "O son do ar" de Luar na Lubre," Galicia canibal" dos Resentidos, "Miña Terra Galega" de Siniestro , "Adios ríos" Amancio Prada, etc.
Votei polo padriño da miña irmán Teresa porque tanto "Ahí ven o maio" ou "Quen puidera namorala" levan letras de grandes poetas galegos e están cantadas con moito sentimento, Luis Emilio é dos favoritos pero ten os seus votantes repartidos entre as dúas mencionadas opcións.
Botei de menos nas diferentes propostas da xente cancións coma "Fusco" de Berrogüetto ("Anubía está), "A Carolina", "A Rianxeira", "Nocturnio" por Pucho Boedo,"Arman Vela" por Dhais, "Sara " de Os Cempés, etc.
Eu facendo promoción de Batallán montei un pequeno video de fotografías do país no que poidedes escoitar "Quen puidera namorala", fermosa canción de poema de Cunqueiro que conserva a estructura dunha cantiga de amigo medieval.
As votacións rematan o 2 de febreiro e saberase o gañador, ¿cal é a vosa favorita?

Deixovos con "Quen puidera namorala", meus amigos:

Tempos de longas papatorias

Queridos amigos, xa está ahí a reunión dos Larpeiros , como os ramistas deste ano non vos son moi traballadores (Eh Ferri!) dicirvos que vos podedes anotar nunha lista que hai no Currás e así Pío aforrará algo en chamadas de telefono. Por certo felicítovos a todos pola abstinencia e o repouso desta pasada fin de semana, danme medo os folgos cos que vai chegar algún o sábado.

Os Larpeiros é o primeiro e máis grande dos COCIDOS BRAVOS , o vindeiro día 1o outro máis e o Luns de Antroido en Laza outro cocido para atemperar o corpo nesas frías terras en climatoloxía máis quentes en hospitalidade.

Xa vos comentei a algún a idea de poñer poesía relacionada coa comida , pois comezo hoxe cun poema de Darío Xoan Cabana adicado ó Porco


PD: chegaronme novas do pasamento dunha senlleira figura de Laza, o singular Mantarrastro a quen podedes ver con Rafa e Guli. Botarémolo de menos. DEP


DARIO XOAN CABANA (Roás 1952)
Desagravio do porco meu señor
Chamárate eu, señor marrao, alcume
que máis cadrara co xamón asado,
señor das longaínzas que do fume
collen a escura cor no peldurado.
Chamárate eu, señor marrao, resume
de todo o que na terra nos é dado
pola cacheira que é talvez o cume
do sabor máis ilustre e variegado.
Chamárate eu, señor marrao glorioso,
por nomes de máis cálida eufonia
en homenaxe ó raxo e ó touciño.
Chamárate eu, señor marro, formoso
polo lacón con grelos, alegría
da comellada ben regada en viño

© Darío Xoán Cabana: "A fraga amurallada"

miércoles, enero 24, 2007

Mención en Vieiros



O BLOG 'PAPAR E VIVIR' OFRECE VÍDEOS-RECEITA
Para aprender a cociñar
[19/01/2007 10:38] Nico, de Lalín, é o autor do blog Papar e vivir, que xa leva uns meses na rede e conxuga temas gastronómicos con outras 'cousas da vida', nocturna, sobre todo. Pero o máis innovador é que está a introducir na bitácora vídeos didácticos nos que amosa como elaborar, paso a paso, saborosos pratos. A última edición desta serie, que esperamos teña continuidade, está dedicada a como facer lombos de rape con verduriñas braseadas. Bo proveito!

Esta é a mención feita por Vieiros ó meu Blog, so dicir que seguirei poñendo vídeos de cociña e outras "variettes". Xa hai material para varias receitas. Gracias a Carlos polo aviso.

E por riba de todo , gracias a Vieiros, o máis importante portal de Galicia

martes, enero 23, 2007

O pan


Escomezei estes comentarios gastronómicos polo sal, na idea de falar de productos considerei iniciar polos máis básicos, e realmente a comida máis básica e elemental que temos é o pan, ademais de imprescindible.
Como o sal , o pan leva co home miles de anos, hai datos que falan de que o home empezou a facer pan cando se voltou sedentario e tiña os seus propios cultivos de cereais. Os exipcios xa comían moito pan e crearon os primeiros fornos de pan, ata aquelas máis que pan parece ser que eran máis ben tortas. Tanto gregos coma romanos perfeccionaron os procesos de panificación, conseguindo diferentes variedades e usando distintos cereais, pero a receita mantense básica: faríña, agua, sal e tamén levadura.
Hoxe en día temos moi diversos tipos de pan e en Galicia contamos coa sorte de dispoñer de pan excepcionais. O gran pan de Cea que non se pon reseso, o pan de Neda, o pan de Ousá e dende logo o pan de Lalín. Din que o segredo dun pan excepcional en Galicia está na utilización de trigo do país. As fariñas de trigo do país do Muíño de Cuiña dan un pan delicioso feito nunha panadería de Rodeiro. En Lalín panaderías como A Morena cos seus boliños únicos, a Fonte Sanguiña cunhas petadas increibles, etc, etc.
Realmente un bo pan pode solucionar unha comida, imaxinade cuns ovos fritos a diferencia que hai entre un bo pan e outro mediocre. Nos últimos anos estamos vendo que moitos restaurantes certamente ben considerados non seleccionan ben o pan deixandoo como algo secundario na comida, e incluso poñedo bolos conxelados recén quentados ou baguettes viscosas, GRAN ERRO un restaurante que non coida o pan perde na miña modesta opinión moito encanto
A parte de para facer empanadas galegas, bocadillos, torrixas, migas, etc. o pan nunha comida serve tamén para atenuar sabores fortes e facelos "máis comestibles", para mollar en sopas , salsas , caldos ou simplemente para acompañar a un bo queixo galego no postre.
Eu pertenzo o grupo de persoas que non empezan a comer ata ter pan na mesa , seremos algo zampabolos, máis amamos de verdade a comida porque somos de "Toma pan y moja"

Adicado a Tin ,dunha familia de artesáns panadeiros de Ferrol

Unha verdade incómoda

Conmoción, esa é a palabra. O venres pasado sometinme a unha maratoniana sesión de cine, un dos filmes que vin foi "Unha verdade incómoda" o documental do ex-vicepresidente e casi presidente de USA e quedei realmente conmocionado coa forza que ten ese documental o coa claridade que explica o problema do quecemento global do planeta.
En primeiro lugar sinalar que Al Gore é moi duro co seu propio país e os seus políticos e apela a responsabilidade social para conquerir un cambio de rumbo.Di que si os votantes non perciben a necesidade de cambio na nosa cultura ambiental os gobernantes sempre irán por detrás. A verdade que o ataque a administración Bush é incontestable.
Un mérito do documental é que dende logo pode espertar conciencias algo moi necesario porque o problema plantexado é bestial, e qué queredes que vos diga, se temos fillos é para que disfruten do planeta e a súa diversidade, para vir a un mundo triste e sen cores mellor pechar a billa. Eu era dos escépticos co Quecemento global máis os argumentos de Al Gore que coñece o problema dende hai 30 anos son contundentes.
Pero non todo é pesimismo no film, hai esperanza. A verdade é que unha pequena cantidade de votos pode cambiar o mundo, se Bush non lle gañara (ou apañara) en Florida , seguramente a Terra sería moito máis habitable.

Déixovos un trailer, pero non esquezades ver o Documental .

www.climatecrisis.net


Comer en Sudáfrica


Téñovos falado do grandioso e increible que é ese país , ata puxen fotos e vídeos, pero non vos falei moito das comidas. Nos de entrada ,pensabamos que alí a comida ía ser máis ben rara e demasiado especiada, ademais de ter tendencias británicas que en comida non pasa por ser boa cousa. Pero a realidade foi que estabamos trabucados ,en Sudáfrica pola nosa experiencia pódese comer moi ben e a prezos moi asequibles para nós. Os hoteis medios-altos non son baratos, máis a comida non é cara, vouvos relatar un pouquiño as características:
O máis habitual viaxando o tun tun por Sudáfrica e cear nos hoteis nos que te aloxas excepto nas cidades, tivemos moitas sorpresas e casi todas boas.
A cea en Graskop pertiño de God´s Window, no Hawane Lodge de Swazilandia, as excelentes e elaboradas delicias do Ghost Mountain Inn na Mkuze Reserve ou en Richard´s Bay na terraza do Uhamba degustando unha cea moi francesa vendo hipopótamos e cocodrilos...
Pero dende log non só as ceas, os almorzos eran realmente de película ...
A verdade é que eu pensaba que ía pasar fame na viaxe pero a realidade é que Sudáfrica ten materia prima e xeito. Eso sí , 2000 km de costa pero o peixe regular...
Outro día falarei dos viños...é increíble a calidade /prezo

Un gran disco

Facía tempo que na escea do indie pop rock non saia un disco que me convencera totalmente, nin o ultimo dun dos meus favoritos MUSE, ou o traballo en solitario do lider de RADIOHEAD o grande TOM YORKE, conseguiran saciar as miñas ambicións auditivas POP.
Tivo que ser outro vello coñecido , o ex-lider de PULP, JARVIS COCKER que co seu último disco titulado "JARVIS" fai alonxarme no coche da perniciosa tentación de escoitar tertulias radiofónicas. Este disco do xenial autor de entre outros himnos como COMMON PEOPLE é elegante, redondo, con canción potentes, e outras máis melodiosas. Dende a irrupción do seu amigo RUFUS WEINRIGHT , o primeiro de KEANE ou a forza de FRANZ FERDINAND facía tempo que non escoitaba un disco tan bó deste estilo.
JARVIS sempre foi un personaxe curioso , tamén coñecido porque no ano 96 subiuse por sorpresa escenario na entrega dos BRITPOP AWARDs para protestar da actuación que estaba facendo Michael Jackson con nenos imitando a Cristo. ¿Premonitorio?

Póñovos dous videos

Chegou a gripe



Facía tempo que non a collía pero nesta fin de semana pasada a gripe chegoume. A epidemia anual está empezando o seu pico e eu fun dos primeiros, non é moi forte pero a febre foi alta e as dores musculares importantes. Despois de 4 días con ela xa estou case recuperado,irei traballar o martes ,espero non recaer. Póñovos un gráfico explicativo deste virus, non confundir co catarro ,a gripe é un sindrome general non so respiratorio
Non hai ningún fármaco que cure a gripe, so para aliviar ou acortar así que si tes gripe vai para a cama se non queres empeorar, bebe moitos líquidos, e controla a fiebre

Crespo e a bruxa Lola


Anda Crespo,alcalde de Lalín e presidente da FEGAMP, moi preocupado con certos fenómenos paranormais que están a suceder en Lalín. Neste mes grande e de gloria que para él ía ser o mes do cocido, é dicir o mes do porco, o alcalde sospeita que unha meiga ten que andar por Lalín e non sería de estranar que fora a bruxa Lola polas velas negras que parece que lle puxeron. Imos relatar os sucesos estranos:
En primeiro lugar Crespo gardaba en absoluto segredo o nome do pregoeiro do Cocido deste ano, normalmente non hai segredos o habitual é que sexa alguén do seu partido ou próximo, pero sendo este ano electoral compre disimular, así que estaba o home todo ledo e vai Faro de Vigo e publícalle o nome do tipo un día antes do seu acto estrela de presentación en Santiago. É moita maldade, porque para unha vez que elixe ben.
Pero esto non é nada, resulta que os pitonisos socialistas locais acertaron unha curiosa quiniela, presentábanse a 13 prazas de oposición do Concello arredor de cen persoas, pois acertaron as 13 persoas gañadoras ante notario antes siquera de que escomezaran os exames, realmente curioso o dos socialistas de Lalín que debían prestarlle os seus servizos a Zapatero cando é moi optimista.
A posibilidade de acerto era de 1 entre 4000 millóns, ten mérito, ¿non sí? pois non , ningún, calquera lalinense un pouco informado tería acertado igual.Porque a xente que conqueríu as prazas levaba tempo traballando alí a dedo e o que se fixo foi sacar as bases adaptadas os candidatos do partido, e nun proceso bastante irregular. Dende logo non comparable con outros procesos estatais ou autonómicos de administracións públicas onde as bases son acordadas entre administración e sindicatos e nos tribunais participan todos.
Ben o certo e que a Crespo lle fastidiaron por partida doble a presentación do Cocido , porque todos os peristas ali presentes tiñan máis interese pola aposta que pola Feira. ¿Todos os periodistas? Ben todos todos non, algún tamén quere a súa oposición a medida.

Por último non me gosta falar de política no blog pero hai cousas ben graciosas que merecen a atención. Porque se por falar de Crespo fora,habería que respostarlle a un artigo recente escrito por él titulado: "Roma non paga traidores". Manda carallo que ben postos...

PD: esto non vai na contra dos gañadores da oposición, a culpa é da autoridade pública

viernes, enero 12, 2007

Lombos de Rape con verduriñas braseadas

Móstrovos unha forma diferente de facer o rape. Hoxe en días os novos cociñeiros utilizan outros tipos de cocción para o peixe e outros productos. Trátase da cocción a baixas temperaturas, ó vacío e ó vapor. Con este método os tempos de cocción son mais prolongados pero o resultado é que o xénero perde menos agua, perde menos peso e remata máis xugoso.
Neste exemplo quero ensinarvos como podemos tratar de facer esto na casa cun forno moderno pero normal , nos restaurantes máis avanzados teñen fornos especiais para esto.
É moi importante habitualmente antes de meter ó forno dourar o producto para conseguir que máis sabor facendo a Reacción de Maillard que vos explicarei outro día.
Importante: mentras dura a cocción non debemos abrir a porta do forno para evitar cambios de temperatura que enlentezan a cocción. Por debaixo de 60ºC a cocción endurece os productos

Os Cempés din Adeus



Grande tristura sentín o coñecer esta nova, un dos mellores grupos de música galega, dende logo o mellor en canto a festa e directo vaise. Tras 11 aniños, 5 discos e centos de concertos os cuasiferroláns poñen un alto no camiño.
Neste tempo moitos de nós seguímolos e acudimos a unha chea de concertos e hai que dicilo sempre gostaban, sempre facían bailar , sorrir, disfrutar...porque Os Cempés coma ningún grupo entendía o que era unha verbena de verdade. Ademáis nas festas montadas nos post-concertos Oscar, Serxio e todos eles gostaban de seguir bailando cos seus seguidores. BAILAARRRR como di Serxio imitando a King Africa
Pero non por ser un grupo festeiro a súa calidade musical baixaba, Os Cempés sempre propoñen melodías suaves, bonitas de escoitar , con forza e alegría. Temas novos feitos por Oscar e tradicionais collían forza cos Cempés. A Rumba de Vergara, A samsonette, Sara, Capitán Re...
Pero non vos preocupedes este fin é anunciado coma o de Dhais, este ano poderémolos ver ainda en concerto, eu dende logo non fallarei e sei que moitos de vos tampouco.
Sito teremos que ir a Ferrol a despedilos


Ahí vai un video do CIRCO MONTECURUTO con VDs:

OS CEMPÉS





A Redacción do Faro


Estes rapaces que vedes na foto son parte dos membros da Redacción do Faro de Vigo en Lalín, bos amigos que ademais hai que manter contentos porque estes plumillas teñenche moi mala Hos...Sonche ben intrigantes e inquiridores os tipos.

Velaí están Dani (coa boca aberta) , Angel e Sito que aprendeu nesta Redacción que traballar non é estar sentado 8 horas, menos mal que escapaches de alí. Dani B. botate moito de menos...

Non me podo esquecer do resto dos compañeiros como son Salomé e o xefe, Xan, un saúdo tamén para eles, cando teña unha foto vosa xa a subirei.

Angel ten paciencia con eses dous que tes o lado

Almidón almidón: para Mingos

O Guli cantando unha inxeniosa copla adicada o propietario deste blog. O estribillo "almidón almidón" é cousa de Mingos.
Non vos preocupedes que próximamente teredes o vídeo de que facer ante un atragantamento


Coitelo: a petición de Arancha


Este foi un caso atendido por min haberá 4 anos: unha señora duns 40 anos entra en Urxencias polo seu propio pe cun coitelo cravado ó lado dun ollo de xeito accidental. En todo momento está consciente pero sedada pola intensa dor. O coitelo penetrou o seu cráneo e atravesou o cerebro. Trasladámola e Neurocirurxia a Santiago para a extracción, ainda lembro que cando había baches o coitelo vibraba ,como se mareou o administrativo de Urxencias cando veu aquelo ou como escapou a xente da sala de espera

O coitelo sacouse e a señora só quedou con pequenas secuelas olfativas.

Sen comentarios

A voltas con Mitrofan


Sei que moitos de vos seguides con interés as andanzas do oso Mitrofan, pois parece que se confirma que non era Vodka, foi emborrachado con Coronita

Agora en serio, deste tema non se fala nada nos medios de comunicación habituais, hai autocensura, pero Internet é poderoso, por exemplo:

- Si pos Mitrofan no Google aparecen 140000 entradas
- A que prácticamente ninguén sabe que hai un auto da fiscalia da Audiencia Nacional contra Gara e Deia por inxurias ó rei por un artigo titulado "Las tribulaciones del oso Yogui". Alguén leu algo desto na prensa escrita.
- En Youtube había un video do Gran Wyoming (La Sexta) e outro de CQC facendo bromas sobre a historia. Pois agora mesmo se pinchas nas webs que teñen o video pon "This video is no longer avaliable".A Wyoming xa lle censuraron en tempos outro programa...
A pesares de que aborrezo algún dos individuos e medios que citei antes (excepto google que aloxa estas paxinas) en democracia non debemos tolerar esta censura.

Feliz cumpreanos Nico


Nico pequeno, Batman para o Grendel do seu pai, xa ten un ano. O rapaz e bastante esperto e non me estrana porque a súa nai tamén o é (aparte da homofobia). O problema do rapaz rematará sendo seu pai porque sinceiramente eu dubido da cordura total da maioría da xente pero Manuel ándavos ben apartado dela ¿ou é que algún pensa o contrario?.

Ben é igual, felicidades a todos incluído ó padriño da criatura que tamén anda na emigración voluntaria

Inaugurase a rolda de Cocidos


Hoxe escomezamos a rolda de Cocidos 2007, desabrochamolos cintos xa.

Pedro Rivas ,estanqueiro e millonario que sempre anda sen tabaco nin cartos, invita hoxe ao primeiro Cocido do ano nunha tempada que prevése dura, longa e difícil. Moitas gracias a Pedro pola invitación un ano máis.

Esta rolda que escomeza hoxe como non no Currás terá escala nos Larpeiros como Cocido máis sinalado ó 3 de Febreiro e agardamos que remate en Laza 0 19 no Entroido dos Entroidos. Un ano máis Rafa, Sito, KG, Diego´s, os Gulís i eu non perderemos esa festa. En Paparevivir haberá un especial adicado a Laza, supoño que na Teima tamén

Emigración a BCN


Outro máis que emigra, Miguel xa está en BCN pasando unha tempada dentro desa especie de ano sabático que se colleu. Só teño que dicir que pobres rapazas catalanas o que lles agarda, enviamos o aguilucho máis grande que temos. Dalle saúdos a Chispón e invita a Manu Chao a unha cervexa de parte dos de Lalín.

Ben poderías quedar aquí e montar un grupo de funky folk rock cos dous fenómenos que te escoltan na foto: Miguelito Calvo e Desi

Nen folerpa


Tiña pensado nos próximos días viaxar os Pirineos franceses a disfrutar da neve pero neste estrano inverno non hai manto branco nas montañas, seguiremos agardando logo.

Os que teñades viaxes programados só podo darvos ánimo e que rezedes porque as previsións para os próximos 10 días falan de que a situación non parece que vaia mudar.

jueves, enero 11, 2007

Enigma


¿Qué nos queren dicir Chisco e Alf con ese pulgar no alto dende Madrid? parece que é un segredo indescifrable, terá ou non terá solución, ¿que argallan estes dous lacazáns?. Propoño 3 opcións:

- Estan dacordo co xefe de Pizzamovil en despedir a Pallares por "elemento"

- Danlle o OKl para facerse Grendels como o ToloCortizo

- Gústalles o Cocido de Lalín.

Ingredientes: O sal




Falar de sal é falar da historia da humanidade. As primarias relacións comerciais establecidas polo home teñen moito que ver con este condimento universal. Tamén a historia do sal é unha historia de guerras e de codicia, de loitas por un mineral tan preciado para humanidade como o ouro. Valga este anaquiñp de historia:

"o 5 de abril de 1930, despois de 25 días de marcha e 383 kilómetros percorridos, Gandhi, acompañado por milleiros de persoas (intelectuais, mulleres e os máis pobres dos pobres) chegou á costa de Dandi. A mañán seguinte,o pai da non violencia violou a lei británica ó coller entre as suas mans una costra de sal. Unha semana despois ese xesto convertiuse nun movimento nacional e milleiros de persoas imitaron o seu xesto . Dezasete años despois a India independizabase de Gran Bretaña. "

Este cloruro de sodio é a única pedra que come o home de forma habitual, pero como é ben sabido o sal non é un simple condimento, forma parte da cultura de conservación de alimentos da civilización humana: salmuera, salazón, curar con sal son procesos familiares para todos e sabores perfectamente recoñecibles polos nosos paladares.

Tradicionalmente nas cociñas das nosas nais había dous tipos de sal: a gorda para salazon , curar e rara vez para condimentar e a fina máis usada no día a día. Hai sales mariñas pero tamén hai sales de rocas, hoxe en día a globalización permítenos disfrutar de sales de moita calidade , con moitos matices que contribúen a mellorar os sabores da nosa comida, o sal xa non é un condimento , é un ingrediente.

A continuación vouvos ensinar algúns dos tipos de sal que hoxe en día se comercializan case como delicatessen:

Sal Maldon: sal do Condado de Essex en Inglaterra, é un sal mariño que ven en grandes escamas, ten unha textura crujiente e desfaise rápido coa humidade.

Flor de sal de Camargue (tamén a de Guerande): considerado o caviar dos sales, ten unha cristalización en forma de flor é a primeira capa de cristal que se forma na auga trala desecación. O seu sabor é delicado pero poderoso e pode presentar tonos violáceos

Sal rosa do Himalaya: é un sal de terra, arrancada a rocas de sal pertencentes a sedimentos formados en millóns de anos ós pes da meirande Cordillera da Terra, é moi puro e ten presenza doutros minerais como o ferro que lle dan o seu color rosado, o sabor ten un pequeno amargor. É moi dura e ben en grandes cristais polo que necesitaremos dun muiño

Sal de´s Trenc: sal feita nesta maravillosa praia de Mallorca, e de flor pequena moi aromática e sutil haina comercializada tamén misturada con especias mediterráneas.

Outros sales: en España ten moita fama tamén o sal de Torrevieja, en Portugal o sal do Algarve, en Italia o de Sicilia, o Hale Mon de Gales,etc

Ademais de todas estas variedades hoxe existen sales aromatizados para comercializar: sal maldón afumado, con especias africanas, con pétalos de frores,etc.

Os prezos son altos por tratarse de sal pero asequibles para ter na casa, non é sal para usar tódolos días.

Como vedes o sal é un mundo enteiro na gastronomía, anímovos a experimentar.

miércoles, enero 10, 2007

Cocido o 10 de Febreiro



Programouse un Cocido para o día 10. Queridos amigos picholeiros seredes ben recibidos na capital do Deza e comeredes un Cocido de impresión feito polo mestre Currás.

Pallarés xa podes seguir todo o que resta de mes comendo as ensaladas que eu te vou programando porque a enchenta porquiña que nos agarda sera grande.

Polos mails recibidos parece que se vai confirmando a asistencia de : Pallax, Merce, Alex (con non sei ben qué na testa) , Rocco, Maritza, Luis, Elena, Luz , Potro, Sisi, Choper, Marité , Sobrado. Estamos esperando a resposta definitiva de Alfonso e Arantxa dende a capital do estado veciño. Será un bo día para reunirse e disfrutar, ademais non ven Manuel polo que as cadeiras e as mesas do Currás non correrán perigo.


Vinde


As nosas Estrelas


Pensei que tiña o video da actuación pero todos os que alí estivemos temos unha grande lembranza daquela grandiosa representación escénica. O micrófono era voso e o karaoke vos sorría.

Marta e Laura tedes que repetilo , o YOUTUBE non pode pasar sen vos

Emigración a London


En próximas datas o noso ben querido amigo Zalo partirá face to the City nunha nova aventura vital. Hai que animalo e recoñecer a súa valentía, non é doado hoxe en día atopar con xente que deixe un traballo fixo na casa por buscar novas experiencias laborais e aprender un idioma.

Botarémolo de menos e será ademais unha boa excusa para voltar a Londres , animo a algúns dos meus amigos menos viaxeiros a viaxar as illas británicas e visitalo , se Zalo sae do Deza...

Botaremolo de menos a él e as súas piruetas, o Guli sentirá a súa ausencia os luns, mércores e domingos, algunhas tódolos días, os dos bares gastarán menos vasos e os marcos das portas non sentirán ós seus pes durante un tempo, pero todo esto será dentro dun mes mentras tanto haberá que despedilo ben.

Sorte na audacia Gonzalo

Conservación do país: Parques Naturais


O luns saia no Correo Gallego unha reportaxe do atraso histórico de Galicia na xestión dos seus espazos naturais, simplemente chegaría con lembrar que entre os parques naturais galegos non están nin Os Ancares nin O Courel ou que no Albergue de Ancares hai unha pita de monte cazada por "Don Manuel".

Sen esquecer que a quen gobernou antes o país traíalle sen coidado o patrimonio natural da nosa terra ,é momento de ollar cara adiante para porlle fin a esta situación. Xa non basta con parar minicentrais ou a barbarie do rodaballo en Touriñán (tamén dicían que a celulosa era boa para Pontevedra nos 60) e tempo de lexislar e que esas riquezas, con todos os valores que gardan,teñan o recoñecemento e a protección necesaria para que os galegos de mañán poidan disfutar delas.

No interesante artigo do Correo Gallego facíase mención a Somiedo (avergoñante comparación Galicia-Asturias) que antes de ter Parque Natural era un dos Concellos mais pobres de Asturias e agora co Turismo e a posta en valor do oso ten unha renda equiparable ós máis ricos. Aqueles que coñecemos ben o Parque podemos dar fe.


Alguén deberia explicarlle ben os paisanos de Cervantes e Navia de Suarna dos beneficios que lles vai supoñer ser Reserva da Biosfera


Gracias a Rafa por sinalarme o artigo

Apoio a Isaac Díaz Pardo


Como podedes observar coloquei un banner de enlace para prestar apoio e solidaridade con Isaac Díaz Pardo. Se o picades entraredes na web de Aduaneiros sem fronteiras que está a facer unha recollida de firmas. No seguinte enlace no foro da USC sobre Isaac Díaz Pardo temos un artigo firmado por Manuel Rivas que PAGA A PENA OLLAR:
O gran creador galego, inxenio de ideas que argallou proxectos como Sargadelos e Cerámicas do Castro ven de ser apartado do Consello de Administración, non é unha cuestión de entrar a valorar decisións empresariais que están sometidas a procedementos xudiciais pero dende logo Diaz Pardo merece o recoñecemento e apoio dos galegos de ben.

A súa vida esta plagada de compromisos co país, sendo as súas ideas plasmadas nas cerámicas que son consideradas como unha das representacións en formas da galeguidade. A súa investigación continua e a orixinalidade apegada a tradición mostranse en tódalas pezas creadas polo mestre Isaac. Ademáis Díaz Pardo cultivou tamén a política, o ensaio, a poesía, a investigación histórica... por eso é tempo de darlle o agarimo que merece por parte de tódolos galegos.


PD para Guli: Isaac Díaz Pardo é do PSdG dende hai moitos anos ¿dubidaremos do seu galeguismo?
Publicado en blogaliza.org o 10/I/2007

martes, enero 09, 2007

Tempo de ensaladas


Dende o final do Nadal ata o comenzo do tempo dos cocidos é un bo momento para darlle un acougo o noso aparato dixestivo e depuralo un pouquiño antes de que empece a encherse de porco. Por eso este é un tempo moi axeitado para degustar ensaladas.
Moitos de vos pensaredes que as ensaladas son un coñazo ademais de insípidas, falso. Un pouco de leituga pode voltarse moi sabrosa se sabemos aderezala ben.
Propoñovos unha simple ensalada a que lle puxen un toque persoal que fai que platos simples rematen sendo deliciosos. Por exemplo aos ingredientes típicos dunha ensalada (productos da horta) boteille algo de foie que me sobraba do Nadal previamente dourado na plancha . Como alíño ó isnsustituible azeite de oliva virxe engadinlle un pouquiño de zume de laranxa, un chisco de azeite de noz (gracias Quesé por traerme o encargo) e finalmente vinagre de Pedro Ximénez. E dicir que con algo de imaxinación podedes acadar increíbles resultados. Probade tamén a engadir como aliños: herbas (perexil, menta, etc), mostaza, queixo rallado, zumes de froitas, etc.


lunes, enero 08, 2007

Quesé pide xustiza


Queixase a miña cuñada de que non lle poño ningunha foto normal no blog , que sempre elixo aqueles nas que anda a facer parvadas e que logo non liga nada cando retorna ó país.
Pois ben Quesé como descarga ahí vai unha con María na que as dúas saídes moi ben. Fixenna en Setembro de 2005 en Portodemouros un día que fumos dar un paseo pola comarca.

Remataron as queixas pois, ¿non si?.

Mais cousas da Cea de Reis

Xa veríades na Teima unha gran cantidade de material da cea de Reis doutro día, eu vouvos ensinar 2 pequenos vídeos máis feitos co móvil, pídovos perdón pola calidade.

O primeiro vídeo é do Ferri que antes de discutir con Currás firmoulle un curioso autógrafo a Dani no seu bloc
O segundo ven a confirmar un experimento científico consistente en saber que é aquelo que modifica a personalidade: ¿o alcohol ou a propia idiosincrasia do individuo en cuestión?




Problemas para Currás nos Larpeiros


Anda Currás moi preocupado pensando como solucionar os problemas que se lle plantexan coa próxima edición dos larpeiros para a que falta menos dun mes.
En primeiro lugar esta o problema plantexado cos boinas negras polo feito de coincidir O Cocido dos Larpeiros coa feira do 3 , sabedes que nas feiras este grupo de élite aparentemente desorganizado acude en masa ó Currás a degustar polbo, callos , cocido e o que lle boten. Algúns podedes pensar que con explicarlles que ese día hai un cocido moi grande abaixo o problema estaría solucionado pero Curri coñece ben o percal: os boinas negras non respostan os patróns habituais, ainda que pareza que non se comunican entre eles todos demostran o seguir as mesmas pautas de comportamento e tomaríanse coma unha afrenta o non poder baixar o día 3 a engulir; ademais o problema non remataría ahí porque é ben seguro que moitos deles non voltarían por un tempo e falarían de Currás como dun lacazán ó través das súas profundas e extensas redes de comunicación

Pois a este grande problema únese para Currás o feito de que Ferri é un dos ramistas dos Larpeiros este ano, e son ben coñecidas as discusións entre Sé Antonio e Toño polos prezos das consumicións. Currás está temeroso de que Ferri tras a enchenta lidere unha revolta, aproveitando as desordes do alcohol , para baixar a dolorosa da reunión anual. Polo de pronto Ferri xa amenazou con levar os Larpeiros a facer o Cocido este ano en Ventosa por 30 euros.

Continuará...
O vídeo escoitase mal, pero fixádevos ben como Currás espétalle a Ferri: ¡Bebe agua me cagoen...!


E neste Ferri di: ¿Cómo que poco?

jueves, enero 04, 2007

Andróxina: que medo da a Moni

Confeso que despois de ver este video tiven pesadelos, mandoumo Roco por mail e pedín permiso a Mónica o non obter resposta considerei silenzo administrativo e ahí vai. Non é apto para menores.
A xeración Lorena Bobbit xa chegou.... Manuel Cortizo ti podes ser o primeiro

lunes, enero 01, 2007

Reanimación

Todos sabedes a que ne adico. Unha das miñas facetas e a de ensinante: formación a compañeiros sanitarios, pero tamén a xente da rúa. Vou escomenzar a subir unha serie de entradas que conterán material de primeiros auxilios que vos pode ser de moita utilidade.
Empezo polo máis forte a reanimación cardiopulmonar ante unha parada cardiorrespiratoria, e moi doado de aprender só prestade un pouquiño de atención.
O próximo día subirei qué facer ante un atragantamento.