martes, diciembre 18, 2007

Viños: recomendacións calidade/prezo

Na fin de semana tamén degustamos bos viños , e fixémolo guiados por unha máxima importante cando se come fora da casa: calidade a bos prezos. Non son un experto en cata , pero como me gustan os recomendo.

O primeiro día decidímonos por un coñecido, bo e coidado Rioxa de garantías o Herencia Remondo La Montesa, un "coupage" de garnacha, tempranillo, mazuelo e graciano que ten aromas a flores ,especias e moi doado de tomar. Vale para as carnes, ibéricos ,queixos, etc . E o seu prezo en Super. é de 9 €, aprox. 15 € restaurante.



Na cea tomamos un viño que descubrín hai algún tempo , dunha bodega que agora ten moita fama. Trátase do Rívola das Bodegas Abadía Retuerta , que son viños da Tierra de Castilla y León. Digamos que este é o viño mías asequible desa bodega pero tan coidado como os seus irmáns grandes que tanta fama lle están a outorgar. É unha mistura dominante de tempranillo con cabernet, potente pero non moito é unh bo viño para carnes e caza. 7€ no Super. , 12 aprox restaurante.



Por último rematamos cunha DO que está collendo forza ,Monsant, é o seu representante máis coñecido e o Venus La Universal Dido. Monsant está nunha zona do mesmo Priorat en Cataluña e toma o nome da montaña máis alta desa zona. Combina o Merlot, garnacha e cabernet. Os viños son similares aos do Priorat pero algo máis lixeiros e afroitados, outro viño para caza e aves. O seu prezo no Super (Corte ou Lavinia.com) 10 € e 16-17 no restaurante, non é moi común en Galicia por agora pero A Palloza ten unha bodega excepcional.