domingo, diciembre 02, 2007

Outro oso morto na montaña palentina



Vexo esta triste nova en El País, novemente un oso pardo aperece morto nesta zona e hai 3 meses deron cos restos descompostos dun que fora envenenado.

A poboación de osos en España centrase principalemte e 2 zonas da Cordillera Cantábrica (nos Pirineos trátase dunha poboación testimonial e reintroducida). En total estímase que hai 100-120 na zona occidental da Cordillera (principalmente Somiedo, Narcea, Vales mineiros do Norte de León e Ancares) e aproximadamente 25 na montaña palentina (Parque Natural Fuentes Carrionas).

O oso , como sabedes moi querido dende Paparevivir, é un dos símbolos das montañas do Norte da Península e unha especie a defender a ultranza poi a saúde da súa especie é un pouco a saúde deses bosques e montañas.

A poboación na zona Occidental crece ano tras ano chegando a ocupar grandes áreas e mesmo hai osos que nas súas rutas en busca de alimento chegan ata o Courel (foi fotografiado un en Vilarmel- Paradaseca- Quiroga, mentres comía mel nunha cortiza), pero a Oriental descende e varios osos foron cazados por furtivos e outros envenenados. A caza non moi controlada nas zonas nas que vive na montaña de Palencia está sendo un dos elementos máis desestabilizantes.

Comentába hai pouco tempo un primo de María que traballa no Seprona nesa zona que os furtivos abundan e teñen que estar moi atentos porque sempre están o acecho convertíndose na principal labor deste axentes nesa zona.

A verdade é que haivos moitos fillos de puta que desfrutan matando estes fermosos animais que están en risco de desaparecer, hai pouco un foi pillado colocando lazos na zona de Narcea e está condenado a 2 anos sen cazar e 1400€ de multa , penso que as sentencias deberían ser un pouquiño máis duras.

A Fundación Oso Pardo leva dende hai anos unha labor de conservación esencial na recuperación das poboacións e ten actividade nas que se pode seguir o rastro dos osos en rutas con persoal da FOP en Somiedo (El País de los Osos).

A presencia do Oso Pardo na Cordillera Cantábrica é un orgullo para todos os que amamos esas montañas.