martes, diciembre 11, 2007

Novamente o Prado imposible: ao Reina Sofía





Tratei varios días de ir á gran pinacoteca española pero as colas facíanme desistir, polo que decidín seguir baixando ata Atocha ata chegar ao CARS que como sabedes ademais da Colección Pemanente que contén entre outras xoias "El Guernica" ten exposicións temporais que serven para que os que non estamos ao día de arte nos fagamos unha idea por onde se camiña. É un dos museos que máis teño visitado e alí descubrín a xente como Giaccometti, Bacon , Lucien Freud, Barceló , etc.

Nesta ocasión gustoume especialmente a exposición de fotografía Jano, La Doble Cara de la Fotografía, que con fondos da Colección Permanente do propio museo trata de facer un percorrido evolutivo pola técnica fotográfica nos últimos 20 anos.

Hai fotos verdadeiramente espectaculares e son todas de gran formato con retroiluminación polo que están impresionantes.

Aquí tedes algunha como a recreación dé A Última Cea en versión arxentina criolla de Marcos López, a serie de praias cheas de xente de Massimo Vitali ou a reconstrucción con superposición de aquitectura imaxinada propia das favelas de Sao Paulo da man do fotografo-arquitecto Dionisio González.

Tamén houbo tempo para o descando e aproveitei para tomar unha Coca-Cola e ler o periódico

no futurista bar restaurante ideado por Jean Nouvel para a ampliación do museo e que rexenta o equipo de S. Arola.