martes, diciembre 11, 2007

No Restaurante Olsen con Inés e Montoto





Nas recentes visitas a Madrid teño ido a varios restaurante asiáticos ou de fusión, desta vez decanteima por un cambio radical e fun ao nórdico Restaurante Olsen acompañado de Inés e Montoto que tamén estaban polo foro de ponte.

O restaurante está na Calle del Prado ,pertiño do Congreso e ao lado do impresionante edificio da Igrexa da Ciencioloxía. Está decorado ,como non podía ser doutro xeito, ao estilo nórdico (ata nos pratos, cubertos e vasos) de austeridade , funcionalidade e limpeza, dende logo agradable.

Fumos a hora de comer e a carta de mediodía destacaba pola lixeireza dos pratos e elementos nórdicos típicos como ahumados, salsas con eneldo, carnes en carpaccio, uso de xeados e cítricos, etc. Na carta de mediodía para festivos tamén propoñen un brunch e pola semana teñen menús a 15 €. Polas noites parece que o menú xa se volve máis contundente.

Foi unha boa comida sinxela e lixeira, axeitada para continuar vendo cousas por Madrid, se non no renunciariamos aos vodkas que proñen para cada prato.

Un lugar moi agradable, non caro para Madrid e que ademais ten un baixo con un bar especializado ¿cómo non? en vodkas.
Por certo quen espere ser atendido por espectaculares , altísimas e loiras belezas suecas (femininas ou masculinas) que non se faga ilusións. De todos os xeitos Montoto pensou que para complementar a austera decoración que alí o axeitado era un gran retrato de Alfredo Landa .