sábado, diciembre 01, 2007

Indignación e esperanza

Hoxe os asasiños voltaron coller as pistolas e falaron na linguaxe da barbarie, eses fascistas que se chaman a sí mesmos "liberadores de Euskal Herría" non son mais que o lixo máis deleznable da sociedade vasca e demostran cos seus actos a pouca capacidade de reflexión que teñen, algo propio do ser humano que eles non posúen.
Cos seus asasinatos non están máis que a facer dano ao seu propio país ,pois a batalla co Estado a teñen perdida (e xa non digo coa gran parte da sociedade vasca) , estea o PSOE ou o PP, aínda que anden "a gresca"entre eles, a sociedade ten moi claro quen é o inimigo e poderán causar danos graves cos seus actos cobardes pero non son quen de dobregar á xente que so utiliza as ideas e a palabra para reinvindicar as ideoloxías.
Parece que polo menos esta vez a resposta dos partidos é unificada e hai que destacar a posición que está a tomar o PP agora, todos agardamos que continue e que os outros partidos a teñan en conta. Será pola proximidade das eleccións ou o que sexa pero a posición de unidade é clara e hai que recoñecela (espero que nos vindeiros días non me teña que disdicir deste párrafo). O que me provoca moita tristeza é a reacción dos bispos da Igrexa católica (sí desa Igrexa responsable de tantos crímenes ao longo da historia: Inquisición, tonteo co nazismo, franquismo, etc ¿lembrades?) pois son os únicos que fixeron política deste triste atentado, haberá que lembrarlle a esa mesma Igrexa que bispos vascos teñen sido moi permisivos coa banda terrorista.
Por outro lado destacar a valentía dos axentes da Seguridade do Estado, xa que estes dous rapaces tan novos tiroteados (un xa tristemente morto e outro parece que letalmente ferido) forman parte do entramado esencial da loita antiterrorista, son os axentes que se poden camuflar nos mesmos ambientes que os etarras, e moitos deles mesmo están infiltrados xogándose a vida en cada segundo. Hoxe todos debemos agradecerlle os seus esforzos .
Parece que antes dos disparos mesmo os axentes falaron cos seus asesiños e se recoñeceron todos entre eles, supoño que non saberemos exactamente o que pasou, quén seguía a quén i esas cousas.
Ben, son momentos de indignación pero as primeiras respostas políticas parecen as axeitadas, dende logo ese é un bo camiño
Tamén mandar un saúdo de ánimo a toda a xente de ben que hai en Euskadi que son unha grandísima maioría , xa que é o pobo vasco o que máis sofre con estas desgracias, ningunha persoa de ben quere que alguén mate no seu nome.
Aínda que todavía non colgou nada no seu blog lúdico, penso que un enlace obrigado onde atoparemos serenidade é o blog do compañeiro , deputado por Biskaia e vítima de ETA Eduardo Madina, o seu aplomo , dignidade e firmeza sempre serena a quen le as súas opinións.