lunes, noviembre 12, 2007

Semana de viaxes e traballo



Nesta semana que entra non sei como se irá actualizando o blog, o que si dende logo estou seguro e que na vindeira vou ter moito material.
Hoxe a tarde marcho cara a Barcelona a impartir un curo mañán e despois vou a Madrid a asistir a outro curso interesantísimo de "Atención sanitaria en atentados terroristas" con ponentes de Francia,España, Israel, Usa,Gran Bretaña, etc. Espero aprender moito para nunca poñelo en práctica.

A parte lúdica será que en BCN estarei cos meus primos e xa falei tamén con Miguel para ir tomar algo, ademais creo que tamén vai estar Rusco por alí. Chamarei a Iria a ver si quere tomar algo.

Despois en Madrid xa contactei con Calexa para facerlle unha visitiña xa que está de Rodríguez e tamén estarei con Reyes e Álvaro xa perto da fin de semana, na que teño o cumpreanos da miña ávoa de Madrid que fai 80 e alí estaremos para festexalo.

Como vedes unha semana completiña que promete pero tamén me vai deixar mallado.

1 comentario:

ADRIANA dijo...

Hola Nico, cando volves? Teño ganas de verte!! Chámote hoxe ou mañá que teño q falar contigo, e vémonos xoves. Un bico. Espero que o pasaras moi ben.