jueves, noviembre 29, 2007

Puntualizar sobre o idioma


Como recentemente non se me entendeu ben algo que comentei en A Teima ou non souben explicarme claramente vou rescatar unhas liñas que escribín sobre o galego nunha Entrada do 25 de Xullo, evidentemente reafírmome:


"...A realidade da lingua de Galicia, o galego, é ,sen dúbida, preocupante. Os galego falantes son cada día menos, un neno falando galego nunha das nosas cidades semella hoxe unha “rara avis” digna de atención . Eu pertenzo a unha xeración que non escoitou o galego nas aulas ata os 11 anos e por riba esa asignatura foime explicada en castelán, polo que é ben doado explicar a miña (e da miña xeración) predominancia do castelán.


Recentemente dicía Díaz Pardo que o galego corre o risco de se converter nunha lingua cerimonial. Seguramente non lle falta razón, pero temos medios para detelo i eses instrumentos están sobretodo no ensino dos nosos rapaces. A pesares da gravidade da situación, actualmente existen entre os galegos moitos detractores do noso idioma , que tendo durante vinte anos o deber e a oportunidade lexislativa son quen de oporse hoxe a igualdade entrambas linguas. Xa non basta coas agresións doutros idiomas globalizantes , chegamos nos como inimigos propios. Si se perde a lingua perderase gran parte da nosa cultura, dos nosos vínculos como tribu, en definitiva podería chegar a perderse a nación que por agora somos..."

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Nicolás respónndeme a esta sinxela pregunta: Qué opinión tes de "Galicia Bilingüe"?.

J. Carlos Calvo Ulloa.

Nico dijo...

Ben, non sabía da existencia desta "asociación"pero o entrar na súa páxina web é certo que CANTA MOITO A SÚA INTENCIÓN DISFRAZADA, E ATA O MANIFESTO EN GALEGO DE ENTRADA PARECE PERFECTAMENTE SUSCRIBIBLE PERO PARÉCEME QUE O FONDO NON É BO
Dende logo que o seu nome é inofensivo porque fai referencia á realidade actual de Galicia que como ben sabes non é a mellor para o galego,pero outras linguas máis débiles teñen pervivido e outras máis fortes foron modificándose ao longo do tempo ata dar lugar a outras novas.
O que me parece grave é agora rexeitar o bilingüismo cando case todos os galegos o practican dun xeito ou doutro, pode ser unha situación históricamente recente pero xa está metida na psique colectiva das xentes deste país e pretender agora que Galicia non sexa bilingüe é unha barbaridade

Anónimo dijo...

satisfeito.

J. Carlos Calvo Ulloa.