lunes, noviembre 05, 2007

Paseo por Sobrado dos Monxes





O pasado venres dinme un paseo con Carlos polo interior da provincia da Coruña para ver un dos mosteiros máis afamados de Galicia, xunto co de Samos e Oseira (os de Santiago aparte). É un mosteiro realmente grande con construccións de diversas épocas cunha ampliación importante nos Séculos XVI e XVII, orixinalmente foron os monxes do Cister quen chegaron eiquí no XII e fundaron a abadía. No S XIX abandouse e chegou a estar prácticamente derruído e xa no XX comezouse unha restauración que o levou ao estado actual: a cosntrucción está en aceptables condicións mais non ten grandes cousas de valor no mobiliario. A visita non é quiada e dende logo non se pode compara coa amenidade da realizada a Samos recentemente

Tamén alí en Sobrado destaca unha pequena lagoa feita polos monxes e nesa zona bastante descoñecida para moita xente, entre eles os dous que alí fomos, hai moi bos soutos e fragas e moi pouca poboación polo que da a impresión de viaxar un pouco no tempo. Tamén visitamos unha fermosa casa solariega na que nos saiu o seu amable dono de 91 anos , deixounos ver algunha parte e nos explicou a historia da mesma, Casa dos Gados é o nome. Dende Lalín chégase en 45 min vía Melide.

Para comer fumos a A Casa do Queixo, un curioso lugar que é queixería, granxa con visitas e tarefas agropecuarias, albergue e restaurante.

Foi un menú sinxelo pero mais que aceptable e económico: embutidos de caza (moi bos), croquetas caseiras e carne asada con queixo (moi tenra e sabrosa), para rematar o queixo da casa con mel e noces facendolle honor o nome do sitio. Cun pouco viño e auga todo por 26 € os dous: un regalo . O sitio está moi aillado pero hai boa indicación dende Sobrado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ya se echaban de menos vuestras investigaciones