lunes, noviembre 12, 2007

Magosto en casa Loño



O pasado sábado cumplimos coa xa tradicional cea de magosto no bodegón que os Loño teñen fronte a súa casa en Donramiro. Xa dende hai varios anos xuntámonos por estas datas facendo un magosto interxeracional: alí estivemos Rafa, Sito, Ángel Graña,Loño pai, Miguel Nela, meu pai e un servidor.
O menú foi do máis tradicional e potente: de entrante lombo de porco embutido, seguimos cunha bomba:caldo de castañas e chourizos cocidos , estaba de morte pero non se debe repetir. Despois para "suavizar" chourizos asados con torresmos adobados feitos alí mesmo na chemninea. De postre castañas asadas e filloas con mel. Non fixen o reconto calórico pero debe ser unha auténtica barbaridade, pero a verdade é que a enchenta pagou a pena.
Moi destacable coma sempre foi o viño, xenerosidade de Miguel do Nela que sempre nos obsequia cuns viñazos nestas ocasións. O viño chámase Pinta i é do Douro portugués, unha delicia que fixo que en vez de copas seguiramos tomandoo.
Logo seguimos alí conversando amenamente coa presencia ocasional dun Friki da parroquia que encheuse de filloas.
Como sempre o magosto foi un éxito e que siga así sempre