martes, noviembre 20, 2007

Aprendizaxe


Dende logo o meu periplo da semana pasada tivo finalmente certo ocio pero tamén servíu para aprender moitas cousas novas e reforzar coñecementos.

O Curso sobre atención sanitaria e terrorismo foi moi interesante e quedeime impresionado pola organización e experiencia dos servizos de emerxencia israelíes (ideoloxías aparte) representados polo brilante Dr Kobi ou da nova política de emerxencias de Londres tras o atentado islamista. No caso do 11-M as leccións aprendidas foron moitas pero o SAMUR e o SUMMA 112 (Ayuntamiento vs Comunidad) seguen a tirarse os trastos a pesares de ter feito unha boa (sempre mellorable)atención coa lóxica sorpresa dos representantes extranxeiros: "Spain is different". Para lavar a imaxe foi excepcional a ponencia do Dr Turégano, cirurxán que tras organizar a atención cirúrxica de moitas das vitimas dase conta do que se pode mellorar tras unha experiencia deste tipo.

Pola contra no lado negativo sinalar que os franceses que foron líderes nesta materia estanse quedando un pouco atrás. Tamén moi interesante a ponencia dunha Dra. americana do CDC de Atlanta sobre a transferencia de coñecemento sanitario en emerxencias graves dende o eido militar ao civil.

Penso que foi un curso do que saquei moitas cousas aproveitables e no que se aportaron moitos temas para a reflexión dende a Organización ata a Ética na Atención en Sanitaria nos Atentados Terroristas. No plano negativo do curso sinalar a traducción simultánea nalgunhas ponencias sobretodo dende o francés.