miércoles, octubre 17, 2007

Yolandita Castaño e Aduaneiros sem Fronteiras

Aduaneiros sem fronteiras é unha páxina galega de deseño gráfico onde incluso se venden camisetas deseñadas por eles con moito éxito. Tamén teñen seccións de humor gráfico e de crítica social marcadas por unha ideoloxía nacionalista lexítima e na que se poden facer comentarios.
Pois resulta que a pseudopoetisa galega Yolanda Castaño máis famosa por aparecer nas TVs que polas súas composicións artísticas ven de requerir por medio do seu avogado que os Aduaneiros retiren un debuxo crítico e os comentarios se non queren queos denuncien.
Os Aduaneiros ante a demanda optaron por pechar a súa web e poñer unha mensaxe dos motivos.
Yolanda Castaño está molesta porque no debuxo vese como unha mariquiña con moitos vestidos que se lle poden ir trocando , polo culto a súa imaxe, e dicindo "Tu Quoque Iolanda" referido a daga ensanguentada que porta na súa man dereita como dixo Julio César o ser asasinado por Bruto: representa a xogada feita hacia o gran intelectual galego Isaac Díaz Pardo , foi a súa homenaxe pero posteriormente aceptou o emprego en sargadelos na Coruña para os mesmos que traicionaron a o Mestre Isaac.
Pobre Yolandiña non sabe que os seus actos lle están a causar máis problemas e por exemplo na páxina de Chuza estanse batendo records.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moito de razón tes pero non todo é así con respecto a don Isaac Díaz Pardo e Sargadelos olvidamos que Sargadelos é unha empresa privada con ánimo de lucro e polo que sei por fontes fiables e coñecedoras da realidade da empresa dende dentro, este señor convertira Sargadelos no seu reino particular que ía direitiño a ruina. Sen dúbida a súa traxectoria vital e profesional e digna encomio e merecedora de moitos recoñecementos (moitos deles xa recibidos) pero o que non se pode pretender e perpetuarse no poder, ben sexa nunha sociedade, nun club deportivo ou no goberno dun pais, e desto último eiquí sabemos un anaco.

un saudo, Breogan dixit.