miércoles, octubre 03, 2007

Unha cea en 5 minutos: Entrecosto ao Porto con ensalada


Un prato do máis simple pero cun resultado incrible, eso sí, todo depende da calidade da peza de carne. Nesta ocasión collín un entrecosto de terneira rubia galega de pasto que se vende envasada por pezas no Eroski e seica tamén en El Corte Inglés, é unha carne moi vermella e coa graxa entreverada. En calquera das carnicerías de Lalín podedes atopar carne similar ou mellor, e en toda Galicia temos Ternera Gallega Calidad Suprema.Imos a receita.

1- Poñer nun caziño un vaso de viño de Porto a reducir a lume vivo (8-9 Vitro), quentar a prancha ben (Máximo) para facer a carne.

2- Coa prancha ben quente (fumega) botar a carne, baixar un chisquiño o lume (8 Vitro), e antes de dar a volta volver a subir o lume (Máximo) e repetir a operación previa. O tempo depende do grosor , neste caso (ver foto) con minuto e medio por cada lado deixamolo no seu punto. Unha vez retirado salgar con sal gordo, non antes de facer

3-Mentres se facía xa fumos preparando a ensalada de leitugas e tomates cherry, aliñadas de xeito tradicional con bo vinagre e bo aceite. Usei o spray de aliñar (presentareino outro día) para que quede xustiño

4- Montar todo no prato e bañar un pouco o entrecosto co Porto que xa estará reducido

4 comentarios:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

RECOMENDARÍACHE QUE NON COLGARAS AS RECEITAS POLA MAÑÁ, PORQUE DAN FAME DE CARALLO. POR CERTO, TE ESTÁS LUCINDO. MOI BOAS PRESENTACIÓNS.
DANI.

Anónimo dijo...

¿compras en Eroski???

que asco de vascos

Calexa

Anónimo dijo...

¡Qué xenófobo o comentario de Calexa!. Iso sí que non mola.Non entendo, apoiamos o nacionalismo galego e logo moléstannos os vascos porque son máis nacionalists que nós.
Nico sigue comprando onde queiras, mentras teñas capacidade de elexir.
Mente aberta,Ogallá o mundo sen fronteiras e todos a axudarnos, mantendo a nos identidade. CAMAGÜEY!!!!!!!!!!.

Nico dijo...

Para ó último:
O comentario de Calexa está feito con sorna: parte da súa familia é de Donosti e dentro de 8 meses casa cunha moza de Vitoria, por eso puxen o comentario.