martes, octubre 16, 2007

"El Yunque" moi recomendable


A pasada fin de semana fun a "El Yunque" en SCQ con Inés e Montoto. Lembreime do local para ir tomar algo porque resulta que o Pai do Pai de Batman máis coñecido por "el carcelero" seica ten parte no negocio como xa me comentou Manuel.

Como moitos sabedes esta era unha antiga e famosa ferretería da Rúa das Orfas e agora transformouse nunha tapería restaurante moi acolledora.

Ceamos a base de racións e todas estaban moi boas e ademais moi abundantes, non puidemos rematar entre os 3 as 4 diferentes racións pedidas:

- Pulpo con orella de porco prensados con aceite e pimentón: moi rica, unha señora alemana interesouse pola vianda e demoslla a probar, gostoulle coma a nos.

- Croquetas caseiras de atún: bolíñas moi boas e abundantes

- Montados de pan tomaca con xamón: lóxicamente bos e abundantes, o xamón non é de bellota pero sí esta moi rico

- Ensalada de ternera con cítricos: un plato orixinal e bastante sabroso que non desfrutamos moito pois xa estabamos cheos.

Teñen unha boa carta de viños , sen moitas marcas pero sí ben escollidas, tomamos un de DO Toro, potente e carnoso e agora non me lembro do nome

Pois ben o final pagamos 20€ xustos por cabeza contando con pan, augas ,etc e que a botella xa valía 20€.

A verdade é que hai que darlle a noraboa o avó de Batman polo seu inicio na hostalería e confeso que voltarei pois e un lugar centrico, agradable, ben servido e todo estaba bo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame que des nomes de restaurantes, sitios pa visitar... Non sabes a de ideas que saco do teu blog e que ben quedo cando levo á xente por ahí, je, je... Así que xa sabes, tí segue papando e vivindo por ahí e cóntanolo todo!

Moraiminha dijo...

Paréceme perfecto que bebas de outras fontes, pero sería un detalle, polo menos o dicir que a fotografía non é túa, senón de Depinchos.

http://www.blogoteca.com/depinchos/index.php?cod=20757

O pai de Batman dijo...

Nico, me alegro de que te gustara.
Fíjate que yo todavía no he tenido el gusto de comer allí, pero todo el mundo me había hablado bastante bien. Tú opinión - a la que se le supone el adecuado criterio culinario- me lo confirma.
Un abrazo.