miércoles, octubre 03, 2007

Da Monarquía e a súa crise


Nestes últimos meses temos asistido a unha situación que nunca sucedera na nosa xove democracia: por primeira vez a coroa se ten que defender de ataques á propia institución por boca do mesmísimo rei.

Dende este blog todos lembrades reinvindicacións republicanas , ridiculización dos Borbones ou crítica ao suceso de El Jueves, pero non deixan de chamar a atención os últimos sucesos,queimas incluidas, que están a ter lugar e que dalgún xeito asocian por primeira vez a palabra crise á monarquía española.

O rei Juan Carlos ,a pesares do seu lacazanismo familiar e da súa ilexitimidae orixinal logo subsanada pola Constitución, ten sido un elemento de estabilidade para o progreso lóxico da nosa sociedade dentro dun ámbito europeo, máis agora semella un elemento decorativo que so serve para algunhas relacións internacionais e descansar en Mallorca ou Baqueira.

Si ben a labor monárquica non debe ter altas responsabilidades nas decisións do goberno do estado non é menos certo que nos últimos anos para o pouco que ten servido é para enchernos de novas bocas que alimentar e para que a España da pandereta se pegue a tele para ver que guapos van nas vodas ou debates rosas.

Por eso hai quen se empeza a preguntar se precisamos dun rei ,ou incluso hai quen se pregunta algo previo ¿estamos en condicións de preguntarmos se queremos unha monarquía?

A verdade é que as respotas son complicadas, na miña opinión é evidente que un sistema republicano é máis xusto en termos democráticos ,pero se miramos o Norde atopámonos que os países europeos con mellor desenvolvemento social teñen este sistema noso ¿será pola súa madurez democrática ou pola monarquía? Por outra banda ¿é este o momento?, non creo nas monarquías pero abreume os ollos o pasado luns un lúcido ancián de 92 anos chamado Santiago Carrillo de quen ninguén pode dubidar das súas convicións repúblicanas: explicaba Carrillo na TV que aínda non temos madurez para mudar de sistema democrático, non se refería ao groso da cidadanía, referíase a elementos fundamentalmente das ultradereitas reaccionarias que son quen máis interese están a mostrar pola abdicación ou sustitución do rei co beneplácito dunha parte da igrexa. A esto sumabanse as tensións territoriais marcadas polo terrorismo etarra que aproveitaría estes elementos de crise para sementar incertidume. O que Carrillo quería dicir era: "República sí, pero con calma pues hoy no toca."

Ben, convenceume Carrillo ,máis eso non debe ser un argumento para aliviar a presión sobre as labores monárquicas nen abandoar a idea do anacronismo desta institución e a dinastía que acolle.

Como xa repetín en anteriores ocasións moitos dos que agora vivimos neste Estado non eliximos o sistema ,pero dámonos conta de que non é bo que se mude únicamente por cambios xeracionais, mais a día de hoxe é preciso esixir á monarquía exemplaridade e transparencia nas súas conductas pois delas viven, e respeito as críticas que a sociedade civil lles faga sen ningún tipo de represalias nin legais nin sociais.

Finalmente gostaríame sinalar que este debate é bo e non hai que ter medo de falar de cousas comprometidas que levaban 30 anos caladas, o debate descubre as posicións de cadaquén.

VIVA MITROFAN,VIVA
PD: por certo visitade o blog do nada radical Anasagasti coas súas impepinables opinións: "ardía media Illa de Tenerife e o Rei seguíu navegando en Mallorca"


1 comentario:

Anónimo dijo...

ti cres que cando Darwin falaba da supervivencia dos máis fortes, tamén incluía na súa teoría que o modelo representativo da especie eran os máis aptos? Que ben se a nosa aspiración supón parecerse a Marichalar, as infantas, heredeiro ou compañía.
Pode que a nosa sociedade precise madurez, pero canta razón os que cantan ESPAÑA MAÑANA; SERA REPUBLICANA!