martes, octubre 23, 2007

Cómete o Viño





Outra interesante iniciativa culinaria para desfrutar do interior de Galicia e do seu Outono. Trátase de Cómete o Viño da Agrupación de Hosteleiros LugoSur na que participan varios restaurantes e Casas Rurais da Ribeira Sacra principalmente.

Trátase de menús de caza (corzo, coello, perdiz, xabarín, etc) regados con viños da Ribeira Sacra que se ben non son os meus favoritos acompañan ben estes fortes guisos. Difícilmente alcanzarán a mestría de Veva de Foilebar pero hai que intentalo.


Algúns dos restaurantes estan pertiño de Lalín como Chantada e outros algo máis lonxe pero entre eles atoparedes locais como O Grelo de Monforte (do que xa se falou en Paparevivir), O Parador desa mesma vila, ou a Cantina de Sober que teño ganas de coñecer e que vedes nas imaxes.

Parece que por fin os nosos hostaleiros espertan e lle dan vida á o interior da nosa terra nos meses fríos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe fun comer á cantina de Doade, case me estraga un fermoso día pola beira norte da ribeira do Sil.
Somentes está ben o café.
Paga a pena ir ó Castelo na mesma aldea, bos productos no seu punto ( ao menos fai 5 meses ).

Xesús, da Ulloa

Nico dijo...

Gracias Xesús polo teu comentario, son de gran axuda.

Anónimo dijo...

O Castelo está moi ben, comida moi boa, postres mellores (recomendo probar a tarta de castañas),o dono é moi amable e nótase que disfruta co seu traballo. Ademais ten unha das bodegas máis bonitas da zoa cun mencía moi moi bo. Está moi preto da cantina.