domingo, septiembre 02, 2007

Sobre a morte de Puerta

Todo o país conmocionouse coa morte do xogador sevillista, principalmente por ser alguén famoso, novo, deportista e tamén porque o comenzo da súa crise foi televisada. Realmente é unha mágoa o que pasou, pero neste post vou tratar de botar algo de luz sobre algúns puntos que seguro que para moitos de vos son unha incógnita.
Fálase moito de que puerta morreu por crises de arritmias que lle provocaban paradas cardiacas e que se foron reanimando pero finalemente o organismo do futbolista non resistiu tanta inestabilidade e tanto déficit prolongado de osixenación.
Supoño que nos pasados días escoitariades términos como arritmia ventricular, fibrilación ventricular ou desfibrilador automático e estades un pouco perdidos polo que vou tratar de explicar algunhas cousas:

- Arritmias ventriculares e Fibrilación Ventricular (FV): as arritmiasventriculares son irregularidades severas producidas nos ventrículos do corazón e que afectan gravemente o ritmo cardiaco e poden provocar unha parada e a morte. A máis grave destas arritmias e a FV, nestas arritmias a conducción eléctrica no corazón é caótica e o corazón non logra producir latidos polo que entra en parada. A FV non sucede nun corazón sano (salvo excepcións coma un raio ou un gran traumatismo torácico) e normalmente está relacionada cos IAM. Cando sucede en xente nova ou deportistas está máis relacionada con problemas cardiacos que so se evidencian cando hai unha situación de esforzo intenso. A solución clave para recuperar unha FV é unha Desfibrilación.



FV . Unha descarga e ritmo normal

- Desfibrilador: é o aparello para desfibrilar, ou seña, dar unha descarga que por dicilo dalgún modo resetea o ritmo eléctrico do corazón para tratar de que entre nun ritmo normal. Esa descarga debe aplicarse sobre o peito e ten unha intensidade importante: a mínima nun adulto e de 150 Julios. Hoxe en día hai varios tipos de desfibriladores, uns son os Manuais e son os que usamos os sanitarios de emerxencias: evidenciamos o ritmo cardiaco pola pantalla e se vemos unha arritmia ventricular maligna damos a descarga correspondente. Outros son os Desfibriladores Semiautomáticos (DESA) que unha vez postos en marcha teñen un programa que lles permite detectar con seguridade esas arritmias , recomendando unha descarga polo que xente non sanitaria pode pulsar o botón para dar unha descarga. Éstes están en todas a Ambulancias convencionais do 061 e en algúns lugares estratéxicos pero queda bastante ainda por facer e sobretodo precisan dunha pequena formación porque ademais hai que combinar o seu uso con maiobras de Reanimacón Cardiopulmonar (RCP). Galicia é unha das comunidades pioneiras na súa utilización e xa teñen salvado moitas vidas pola mediación do 061.


Un Desa cos parches para colocar no peito do paciente

A Antonio Puerta no campo doulle unha FV limitada polo que recuperou e pensou que tiña un mareo, despois nos vestiarios sufreu outra/s FV coas paradas correspondentes que foron revertidas polo uso dun DESA por parte dos médicos do Sevilla, logo tivo varias máis xa con persoal sanitario de emerfxencias e UCI, neste caso xa se utilizaron os manuais (son máis rápidos). Toda esa cascada de arritmias e paradas foi dañando o seu cerebro e a súa capacidade de bombeo polo que moitos órganos veronse afectados (ril, figado, cerebro, etc.) por eso entrou nun fallo multiórganico e faleceu.