miércoles, septiembre 19, 2007

Nova Reserva da Biosfera: Oscos, Río Eo e Terras do Burón



Asturias e Galicia compartirán unha nova Reserva da Biosfera aprobada nos últimos días pola Unesco. Trátase dunha zona limítrofe entre as dúas comunidades que vai casi dende Os Ancares xa que empeza na Fonsagrada e chega ata a Ría do Eo. Agora xa temos 4 Reservas da Biosfera porque ésta súmase a Os Ancares, as Terras do Miño e a Allariz.

A verdade que é unha zona moi variada con media montaña , ríos, rías , etc. Na parte galega colle a Ribadeo, Trabada , A Pontenova, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín e Baleira, e na banda asturiana a Comarca dos Oscos, Taramundi, Vegadeo , Castropol e San Tirso de Abres.

Supoño que case todos coñecedes a fermosa zona de Ribadeo e Castropol e teredes visto a Ría do Eo, As Catedrais, etc pero a zona máis descoñecida e a outra e caracterízase por montes e fragas onde as variedades autóctonas están moi presentes, lástima que vilas que debían ser moi bonitas como A Pontenova hoxe sexan víctimas do feísmo.

Da zona asturiana destacaría a vila de Taramundi onde de verdade empezou o Turismo Rural en España coa famosa casa La Rectoral.

Desa zona lembro que o ano pasado fumos María i eu no inverno e caeu unha desas nevaradas míticas e todo aquelo a pesares de non ter moita altura estaba cuberto de neve .Pasear por aqueles camiños era unha maravilla . Lembro tamén que vimos nevar ó lado do mar e que a Ría do Eo tiña unha cor albina. Un espectáculo.

Teño o disco duro externo constipado se non botaba unhas fotos propias