viernes, septiembre 07, 2007

Dubrovnik

Coñecida polo sobrenome de "Perla do Adriático" é a capital da Dalmacia do Sur, a parte máis meridional de Croacia.

É unha cidade fermosa, pequena e a súa zona máis antiga está rodeada dunhas grosas murallas, no interior delas despréganse as rúas dunha cidade moi coqueta, feitas dunha branca pedra brilante que nalgunhas zonas semella un espello. Ten unha pequena Catedral e varios templos máis doutras confesións (Ortodoxa e Xudea) . Destaca tamén un pequeno e vello porto que hoxe en día é o punto de partida para as excursións as moitas illas que rodean a cidade. Para empezar o mellor e pasear pola Placa, a rúa principal, chea de terrazas e tendas (pouco que comprar e caro). Os pequenos calexóns están cheos de restaurantes, casi todos moi similares cunha clara influencia italiana e con comida do mar , dende logo peor que a galega. Hai varios restaurantes fermosos e recomendables nos que da gusto cear vendo o mar e desfrutando das boas noites de verán. Tamén hai un lugar único: unha terraza pegada o exterior das murallas , nos cantís , sobre as rochas, polo día ou pola noite é un lugar singular.

Na historia de Dubrovnik destaca sobretodo que foi una cidade- estado : A República de Ragusa , que vivía ricamente do comercio marítimo, de ahí o seu esplendor. Deixaron pegada nela os gregos, logo os romanos, despois os turcos, o Imperio Austro-Húngaro. Hoxe en día lémbrase moito Dubrovnik polo seu bombardeo polas tropas serbias no ano 1991 e que destruiu boa parte da cidade, no que se considera un erro dos serbios cara a opinión pública: Dubrovnik carecía de importancia estratéxica, pero os serbios querían destruir un símbolo croata, as voltas ó mundo da destrucción dunha cidade Patrimonio da Humanidade fixeron crecer a antipatía internacional cara os serbios. Hoxe atópase totalmente reconstruida, casi non se nota, e os croatas non lles gusta moito rememorar a guerra. Hai un pequeno museo coas fotos da destrucción.

A verdade é que hoxe Dubrovnik é unha cidade principalmente turística, a que ainda lle faltan infraestructuras para atender ben os visitantes, sobretodo hoteis e estradas. Dende logo non pensedes que é barata, xa que é unha das escalas dos grandes cruceiros.



Dentro de aproximadamente unha semana Carlos e Marta estarán alí, disfrutade.