martes, septiembre 18, 2007

25 anos da morte de Grace Kelly





Conmmemorábanse nestes días pasados a morte de Grace Kelly que falecera nun raro accidente por unha estrada camiño de Montecarlo.
Grace ata que casou, Gracia de Mónaco despois, é un símbolo da máis perfecta beleza feminina ademais de ser unha das mulleres coa máis grande elegancia natural que eu teña visto nunha pantalla. Era unha boa actriz e Hitchock tamén debía pensar coma min xa que foi unha das súas actrices favoritas con outra gran beleza como Ingrid Bergman. Ademais traballou cos mellores actores da época que é casi como dicir cos mellores da historia do cine: Cary Grant, Gary Cooper, James Stewart, etc.
Da alta sociedade de Philadelphia din que de nova era un pouco lixeiriña de cascos , algo que parece que herdaron os seus fillos, pero o casar con Rainiero converteuse de verdade en algo que xa era de sempre: unha princesa.
A súa filla Carolina e a súa neta Carlota teñen bastante da súa beleza pero non a alcanzan.
Disculpádeme esta nota rosa , pero so polas fotos xa o agradeceredes (eles i elas).
Nota: o video non é meu


3 comentarios:

Anónimo dijo...

claro, como ti tamén és da realeza...

Nico dijo...

Pobriños

cambote dijo...

fermosas fotos dunha muller con clase e estilo... magoa que non tivera demasiada sorte cos directores ó longo da sua carreira que non sopuperon explotar o lado malo e perigoso que sempre teñen os anxos
soñarei con ela esta noite!... e seguro que meu pai tamen.
http://manolocambote.blogspot.com/.