viernes, agosto 10, 2007

Paparotas de vran


Como ben vos podedes imaxinar no vran unha das cousas máis habituais é papar, cos amigos coa familia, todo o mundo aproveita este tempo para desfrutar dunha boa mesa.

Levo xa varias paparotas no vran, xa falarei dalgunha, do mellor ata o de agora a cea do meu cumpleanos con María na Toxa, a da despedida de Carlos no Nito de Viveiro, unhas impresionantes sardiñas no chiringuito do Carreiro. A foto que vedes e de finais de Xullo no Restaurante O Cruce de Vilatuxe, a de Canda, a finais de Xullo , onde fumos comer uns estupendos chuletóns de a Quilo. Estaban impresionantes eso que non é a especialidade da casa: a croca. Pero non so de carne vive o home e sempre teñen algún pescado, marisquiño de entrante ou pulpo. Estase a converter nunha das referencias gastronómicas da zona, esperamos que manteña os prezos.