viernes, agosto 10, 2007

Algarabía 2007





Con certo retraso fálovos da 23 Algarbía de Lalín, unha festa que perdura o través dos tempos gracias a iniciativa popular e o traballo de O Naranxo, que por certo non é so KG. Eu disfrutei do sábado primeiro co desafío do xogo do pañuelo, a partida enfrontaba a unha representación do PSdG de Lalín, a que eu cheguei polos pelos (rematara tarde en Laro), cos do BNG (que incompareceron) contra os de O Naranxo. Gañamos nos pero no non gracias a min, foron Ana , Adriana e Bea con Montilla de estrela invitada.

Logo degostamos as empanadas de casquería fina de Miguelito Calvo & Co., deitamonos en colchóns, comemos no Currás, xogamos a xogos populares: a comba , a pelota, guerra de globos, etc. Pintamos con ceras, escoitamos pola mañán a Nanuk versioneando a Radiohead e pola tarde música braseleira. Pola noite xa máis potencia con grupos como Skarmento. Moi intenso e divertido sen importar as idades.

Seica o domingo estivo moi ben pero o meu corpo xa estaba mallado.

Agradecer a O Naranxo o seu traballo e sobretodo a Kg e a Celsiño que si non existira en Lalín o noso pobo sería un pouco máis miserable.