viernes, agosto 10, 2007

Actualizando dende o Naútico



Aquí estou dende o máis famoso local de praia das Rías Baixas ó ladiño da miña casa actualizando o blog gracias o WiFi de Miguelito.
Vai moita calor pero agora na sombriña estase como un rei, coa cervexiña e presto para pegarme un baño.
Aquí no Naútico prevese hoxe unha das actuacións potentes do vran cos Ronaldos e algúns membros de Pereza. Os de Pereza xa levan días pola zona e xa fixeron algúnha colaboración no escenario. Tamén está o cantante Quique González que hai un anaco que se foi deitar ,tras baixar eu, despois dunha longa noite.

E dicir que El Naútico segue como sempre con actuacións pero este ano sen publicidade, seguramente haberán de caer pola Barrosa algúns clásicos como DeLuxe, Ivan Ferreiro, Antonio Vega, Eva Hache, etc pero Miguel administra a información moi amodiño e con misterio pois o desta noite tampouco se da por totalmente seguro.
Un saúdo e viva a praia