jueves, julio 12, 2007

Voluntariado do Monte Galego e paralización de canteiras no Courel


Está estes días publicitando a Vicepresidencia da Xunta de Galicia unha iniciativa interesante e importante para defender e porlle valor ó noso monte trátase da do Voluntariado en Defensa do Monte Galego,, podedes visitar a súa web para saber de que se trata e apuntarvos, tamén no 900 400 800. Xa vos adianto que hai xa máis de 6000 voluntarios e que o segmento de idade máis comprometido é o de 29-38 anos. Este voluntariado non fai labouras de extinción , so de prevención, vixiancia e reforestación. Eu estoume pensando seriamente poñerme a colaborar.

Ademais sinalar que hoxe é un bo día para o noso monte porque a Consellería de Medio Ambiente vai parar e retirar as licencias de moitas canteiras de pizarra que estaban a destruir e provocar fendas irreversibles nos ecosistemas do noso Courel, todas outorgadas en espazos da Rede Natura polo goberno anterior.
ENGADIDO: perdón non estaban dentro da Rede Natura porque o goberno anterior incluíu todo Courel nesa rede pero "incomprensiblemente" deixou un trociño no medio onde da as licencias. Tedes aquí o enlace a nova en La Voz de Galicia


10 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi comodo para a administración que o pobo faga o seu traballo. Via o voluntariado como man d obra barata!
E o do caurel (igual ca Enciña da LAstra) está por ver...

Anónimo dijo...

tou dacordo co do coment anterior, leva toda a razón, pero quero engadiren ademais que para o tema de resolve´lo das canteiras no caurel , non é tan doado, a maioria da xente alí vive diso, todo a economia xira arredor da lousa,haberá que buscar unha soluzon que non perxudique nin o Ecosistema nin o emprego , traballo i en definitiva a xente.

Nico dijo...

Ben , comprendo as vosas preocupación pero imos sinalar algunhas cousas:
1- Os voluntarios eses non lle van quitar o traballo a ninguén,os que apagan lumes teñen que ser profesionais equipados. Penso que é un bo xeito de concienciar a xente e que coñezan o medio, sobretodo os máis novos das cidades.Eu son enfermeiro e non penso que os voluntarios da Asociación contra o Cancro sexan man de obra barata ou me quiten traballo...
2- Quen leva a riqueza das canteiras non son os que pican a pedra no Courel, chámanse por exemplo Cupire Padesa que factura 7000 mil millóns de pesetas, a lousa tradicional non desfai. Dacordo que hai que darlle outro xeito de vida a esa xente pero non desfacendo o medio, seguro que de SOMIEDO se pode sacar moita pedra, pero a ningún asturiano se lle ocurre, e non comparemos o nivel de vida.
3- Non hai que ser tan escéptico porque falo de feitos, dende hai 2 anos pararonse máis de 20 minicentrais na cunca do Ulla, unha fábrica en pleno Touriñán, un parque eólico en medio da Serra de San Mamede, O Xurés mellorou a súa figura de protección, Os Ancares convertíronse en Reserva da Biosfera, os 500 m do litoral, etc, etc
E vouvos poñer un exemplo de boa xestión: como os veciños da Serra de San Mamede quedaron sin eólica e non lles van chegar eses cartiños, parte do que a Xunta recauda con eólicas vaise destinar a dinamizar aquela zona con outros xeitos de riqueza...

Nico dijo...

Ah por certo, as canteiras en funcionamento non se van pechar.

Anónimo dijo...

sinto pero nada diso é compareble, recomendoche que te achegues por Quiroga e lle digas aos mozos e xente que ali vive a tua opinión , xa verás como lles parece... saes por patas querido nicolás, o que da de comer é sagrado.

Anónimo dijo...

Creo que tes razón Nico. Temos un exemplo claro nas celulosas de Pontevedra. Algúns defenden que permanezan na ría para asegurar e manter postos de traballo, pero non queren reparar na destrucción dunha ría fermosa que daría miles de postos de traballo noutras actividades como o turismo, o marisqueo..etc.

Pero os galegos temos que concienzarnos dunha puñetera vez que o noso potencial pasa por conservar o noso legado cultural e a nosa natureza.

Irlanda é un exemplo de como se deben facer as cousas.

Kali

Anónimo dijo...

Poco queda que decir después del comentario de Nico. sólo que, desgraciadamente, el principal medio de vida de la Galicia interior entrela que, obviamente, se encuentra la montaña oriental, son las ínfimas pensiones agrarias, que no son más que complementos de la economía de subsistencia que impera en esas zonas. Si el progreso de una zona, comarca o país pasa por horadar la tierra dejando a la vista sus entrañas, si el futuro de los poocos jovenes que quedan en esas zonas pasa por picar piedra en su propia tierra para que una serie de saqueadores cn nombres y apellidos se enriquezcan, mal andamos. Pienso, desde mi punto de vista y coincido con Nico, que habría que buscas no alternativas sino solucines basadas en el medioambiente que es su principal fuente de riqueza y conseguir que el Caurel "siga sendo bosque".

un saudo, Carlos Calvo Ulloa.

Nico dijo...

Pode que ós mozos de Quiroga non lles pareza ben pero trátase de vivir dignamente sin desfacer A Terra e O País, e o que nos queda.Haberá que ir cambiando algunhas cousas, non será cuestión dun ano, tamén supoño que a moitos brasileiros lles dis que non se pode talar a Amazonía parecelles mal...
Por último dicir que O Courel, As Rías Baixas, As Fargas do Eume, etc non son so dos que alí habitan , son patrimonio de todos os galegos que deben pagar con impostos e ordenación a sua conservación e desnrolo de xeitos de vida que permitan a conservación e tamén o desenrolo das poboacións.
NON HAI MELLOR XEITO DE MELLORAR UNHA ESTRADA QUE FACER QUE VIAXE XENTE POR ELA

xasabes-a voa vontade non chega dijo...

os gobernos son o brazo armado do capital monopólico internacional, e o resto é lexitimar o statu quo

maríaviti dijo...

é moi grande a ignorancia do q é vivir da terra,e o pior é q os propios labregos e gandeiros son os primeiros en tirar pedras contra o seu propio tellado:queren exprimila terra sen coidala,son os 1ºs en ir contra os do seprona,botan abonos ilegais,queiman monte sen control para facer pradeiras...calquera medida aínda que sexa impopular no futuro veremos os froitos e sería bo que a xente se integre no coidado do monte,aínda que deberían por empezar educando ós propietarios e os que vivimos neles.Pensar que por non haber canteiras non vai haber traballo no Caurel é como pensar que os albanéis quedan no paro pola lei de costas,hai q buscar alternativas á destrucción dos montes,poden ser unha fonte de riqueza sen chegar a eses extremos,para eso a xunta debería ter un contacto máis profundo e constante coa xente,deixar os proxectos ideas e comenzar cós reiais e prácticos