lunes, julio 09, 2007

Sabucedo 2007


Como xa anunciei eiquí tedes as novas imaxes desta edición da máis importante Rapa do mundo.

Xa vos fun contando que subimos ó monte (por certo queimámonos de carallo) a buscar e xuntar as bestas, levou o seu traballo e unha gran pateada pero ben pagou a pena. Disque non se xuntaron moitas este ano, a min dende logo pareceronme menos que no 2005, pero a baixada delas dende o monte é algo espectacular.

Os garañóns e os máis grandes diante e atrás de todo os potriños que xa van cansos de tanto camiño que fan. As manadas de persoas sempre dirixidos polos de Sabucedo cercando as bestas para achegalas ben xuntas o Curro. Dende logo para repetir.

Despois polbo, carne ó caldeiro e a Sesión no pilón no que grandes humoristas espontáneos animan a festa a fresca da fonte, que tamén serve para refrescar as cervexas.

Xa a tardiña toca ir O Curro para ver os aloitadores: totalmente cheo para ver esa loita entre home e besta, grandiosos os minutos que puiden estar embaixo, alí na área.

Ben velaí vai o video e gracias a Pedro Pablo e Sesi polo paseo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto foi rápido!!!

Terei que começar o meu!!

Pedro P.

Anónimo dijo...

Gran video. As veces, só as veces, dádesme un pouco de envexa.
Pero é o que hai.
Zalo

Anónimo dijo...

Moi bonito si señor,mágoa que non sexas da Estrada...jajajajajaj

Luci dijo...

muy bonito Nico me gusta mucho este blog a pesar de algún amigo tuyo investigador un poco tonto.Por cierto ¿Sacaste la plaza? si es así enhorabuena, sino seguro que la sacas la próxima vez. Un besiño desde Portugal

Nico dijo...

Hola Luci, trabucaste con meu amigo. Saquei a praza, moitas gracias e alégrome moito de que te guste o blog. Viva Portugal

Anónimo dijo...

Hola Zaliño,como vai todo?
Viches que ben na Rapa?Pois nada,agora praia,festa da historia,Felipop,couso,dia da patria,e festas e mais festas...total una poquita de mierda...ti pasao ben e disfruta.Un biquiño,Guli