miércoles, julio 18, 2007

Primeiro Ser despois Triunfar, por Carlos


*Atendendo a invitación que me fai o meu amigo Nico para escribir unhas liñas no seu blog aproveitando que se acerca o día de Galicia, decántome por unhas verbas de opinión que xa fai meses foron publicadas polo “Faro de Vigo”e que creo resultan adecuadas para esta ocasión.
Son consciente de que o que nelas se recolle non será compartido por moitos pero por algo é unha opinión. Olvidábame!, esto último tamén é aplicable aos que teñen pensado rebatirme con “máximas filosóficas” de que todo é cuestionable.


“PRIMEIRO SER DESPÓIS TRIUNFAR”


Falo por min sen máis pretensións que compartir as miñas opinións ca esperanza de que sexan as doutros.
Foi Castelao o que dixo “primeiro ser despóis triunfar”, a frase podería ser extrapolada a diversos contextos, a min neste caso sírveme de inspiración, título e introdución, o que non é pouco, para intentar, dentro dos límites destas liñas e dos meús propios, expoñer a miña particular visión dunha realidade concreta de Galicia.
Non descubro nada novo o dicir cos pensamentos e reflexións de Castelao, a maioría delas recollidas en “Sempre en Galiza”, continúan a estar vixentes hoxe máis ca nunca, así, o actual debate sobre a reforma estatutaria non é máis cunha vulgar resaca do inmediato pasado.
O Noso Estatuto como norma básica que é debe estar o servizo e para o beneficio da sociedade na que se encadra e nunca como, permítanme facer uso do tópico, arma arroxadiza ou argumento político no que escudarse para defender os intereses particulares ou partidistas dun grupo de políticos que, esquecendo que son meros interlocutores dun pobo que temporalmente lles otorgou a súa representación, instalados uns nunha sospeitosa inseguridade e outros na máis absoluta das negacións, pérdense en estériles negociacións de si somos ou non nazón, poñendo trabas a reforma dun texto fundamental para os comúns intereses do pobo galego.
Que Galicia é unha Nazón resulta incuestionable, é unha realidade inherente a ela, é a súa condición natural e como tal emana da terra mesma, da súa historia, do inconscente colectivo do pobo. Polo tanto non debería existir discusión algunha neste termo.
Dicía Castelao “Os galegos non discutimos o dereito de Galiza a ser unha nacionalidade porque Galiza xa é unha nacionalidade. Discutimos os dereitos que coma tal se lle deben e exercemos un deber cando reclamamos ese dereito.”. Tendo claro esto, os nosos representantes deberían centrarse en debatir e articular o dereito a ordear, xestionar, dispoñer e protexer o que é noso, impedíndo que unha serie de persoas, físicas e xurídicas, alleas nuns casos e non tanto noutros, continúen a saquear e usurpar obscenamente a Nosa Terra ca única fin de saciar os seus ególatras intereses.
Todo aquel que nega que Galicia é unha nazón está a negarlle a súa identidade, está traizoando séculos de historia, de revoltas e loitas sociais, políticas ou militares, de miseria e fame de emigración e exilio, está en definitiva impedíndolle Ser e por ende Triunfar.
Xa é momento de erguerse, sacudirse séculos de opresións, humillacións e complexos e berrar ben forte ¡ Galicia Nazón!, máis que nunca, parafraseando a Don Xosé Luis Barreiro Rivas, esta terra precisa un pobo.

Xosé Carlos Calvo Ulloa.

9 comentarios:

maruja dijo...

haces bien adelantándote a posibles acontecimientos.mola la gente previsora

Anónimo dijo...

gracias polo artigo, pero teño que dicirche que os pobos non gobernan realmente as terras, nin galicia nin españa nin iberia nin liberia( non sei se isto é unha "máxima", pero é o que me preocupa). o que realmente importa é o que se fai con todo iso e, como mínimo, o que realmente se quere facer.
hai que ter un ideal de sociedade, e a partir daí construir (non me importaría, por poñer un caso, que tiveramos unha nazón cos asturianos --é un exemplo, sei que hai sentimentos de identidade que o impiden- se a política e a realidade se xestionaran dacordo a un ideal de sociedade que eu compartira

Rafik dijo...

pois sí, todo é cuestionable, mais suscribo o dito por tí. parabéns, Latiguín

Anónimo dijo...

bla, bla, bla

parole, parole, parole

Ti Es nacionalista ESPANHOL

Maria Luisa dijo...

Pregunto:¿Realmente tienen sentido los nacionalismos en un planeta cada vez mas global?o son la consecuencia de la necesidad de algunos de formar parte de algo porque su propio individualismo no es suficiente para manejarse en un mundo que les queda grande?.

Anónimo dijo...

Es sólo para ti:

FELICIDADES, YA LO CELEBRAREMOS HOY.
*Me da mucha pereza contestar a los comentarios, creo que no entendieron nada o será que yo me explico mal.
Carlos.

O do can dijo...

Noraboa polo artigo Carlos. Está francamente ben, ainda que, como xa lle dixen a Rafa, eu non sinto tanto a terra coma para votar os berros dos que falas. Non acabo de comprender a importancia de que Galicia se defina e se reivindique ou non como nación, coma identidade nacional, como comunidade autónoma, federación, ou como queiran chamarlle, e non por iso deixo de recoñecer e admitir a existencia dunha identidade e un sentir propio e distinto do que pode ter un andaluz ou un vasco. O desexable sería (e sei que é un topicazo coma a catedral) que a xente identificase a diversidade con riqueza e non con discriminación, diferenciación, desigualdade ou SEPARACIÓN. Non sei. Pode que a pregunta sexa simple (en todolos sensos), pero ¿tan dificil resulta sentirse español e galego ó mesmo tempo?. Outra cousa é, claro está, as consecuencias sociais, económicas ou políticas que se poidan derivar de levar un calificativo ou outro, neso non entro.

Anónimo dijo...

Grazas a María,Miguel,Rafa,María Luisa y Antonio polos comentarios .

Estou de acordo, aínda que con matices, con todos vos.

Un saudo, xa falaremos.

Anónimo dijo...

si no lo veo no lo creo quie lo iba a decir de este que sempre se confundía y pensaba que el campus estaba en el ensanche y la facultad en blaster