martes, julio 17, 2007

Poesía Galega: Feitizo de bouza Brey

Seguindo coa semana de Galicia irei botando no blog algúns poemas galegos que a min particularmente me gustan moito. Empezo polo galeguista vilagarcián Fermin Bouza Brey con este fermoso poema " Para facer un feitizo" que coñecín a través da música do grupo Na Lúa. Penso que é un poema alegre, natural e moi de amorío...
Se tedes algunha petición facédea, en principio na miña selección estarán Cabanillas, Curros, Celso Emilio, Rosalía, Manuel Rivas (para Dani), Manuel Antonio, Mendinho, Cunqueiro e Méndez Ferrín.
Por certo que ninguén se engane non son ningún entendido en Poesía Galega nin o pretendo

Para Facer un Feitizo

Sabugueiro da folla repinicada
polo Maio estralando de brancas frores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo prós meus amores.
Que non fuxan os merlos que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teu verdores:
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo prós meus amores
Cocereiche con cornos de bacaloura,
con fiúncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxe loura
pra facer un feitizo prós meus amores.
Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
túas frores segura menciña son,
que ti tamén froreces cando frorece,
vermelliño de rosas, meu corazón.

1 comentario:

Anónimo dijo...

"Courel dos altos cumios que ollan de lonxe eiquí síntese ben o puoco que é un home"

Uxío Novo Neira.