jueves, julio 26, 2007

O meu artigo sobre Galicia: "Nación e ameazas"


Neste 25 de Xullo e continuando o camiño emprendido hai días por grandes amigos meus ,cos que comparto moitas das distintas ideas de Galicia por eles expresadas, tócame a min o difícil reto de situarme nuhca definición ou crítica do que significa ou por onde camiña o noso país: Galicia.

Houbo certas críticas a algúns dos colaboradores por non ter sido excesivamente orixinais, pero non era diso do que se trataba, non eran os obxectivos facer disertacións intelectualizantes para cerebros escollidos , tratábase principalmente de recoller ideas e sentimentos que non por repetidos deixan de ser fermosos ou interesantes.
Moitas Gracias a todos eles e disculpas a todos vos por non acadar eu o nivel dos precedentes.


Nestes tempos que corren cando se fala de Galicia parece que compre a obriga de facer unha definición e tomar partido sobre qué é esta Terra, eu dende logo non vou agochar a miña: Nación.
Xurdirán desta aseveración críticas ou loubanzas máis non é o pretendido. Ninguén poderá trocarme nesta idea, supoño que dun xeito moi similar a quen manteña a mesma opinión ou outras opostas . O ler esto moitos dirán que son nacionalista por pensar así, e certamente confúndense, ¿ é un portugués ,un sueco ou un uzbeko nacionalista por definir as súas patrias como nacións? Dende logo que non ¿son nacionalistas somentes os que pertencen a unha nación sen estado? Tampouco parece o correcto .
Penso que xa é tempo de reinvindicar o dereito de recoñecemento de Galicia como nación sin calificar a ideoloxía das persoas.
Pero para que a controversia non pare lanzó outra polémica cuestión ¿pódese un sentir tamén un chisco español dende o convencimento de que Galicia é unha nación? Sí por suposto, si viviramos hai nove ou dez séculos probablemente esta afirmación sería incorrecta mais hoxe temos unha ampla historia común que abrangue achegamentos e tamén distancias, opresións e tamén axudas, loitas pero tamén amistade, que nos achegan o resto de pobos e nacións do que hoxe coñecemos por España.
Dentro da importancia que baixo a miña óptica ten a cuestión da identidade e definición do país , coido que hoxe non é a máis grande preocupación desta terra, anque faise necesario xa un acordo para o avance nese eido . Parece máis alarmante que moitas das señas de identidade que conforman Galicia estean hoxe ameazadas. Claro está que non é un problema recente, son ameazas larvadas que dan máis a faciana canto máis se tratan de recompoñer, por eso non é de estranar que nestes últimos tempos estean máis presentes. Podería falar de moitas pero vou focalizar a miña diatriba tomando dúas delas como exemplo, moi significativas e que teñen camiñado dun xeito tristemente paralelo: o idioma e a paisaxe/ territorio.
A realidade da lingua de Galicia, o galego, é ,sen dúbida, preocupante. Os galego falantes son cada día menos, un neno falando galego nunha das nosas cidades semella hoxe unha “rara avis” digna de atención . Eu pertenzo a unha xeración que non escoitou o galego nas aulas ata os 11 anos e por riba esa asignatura foime explicada en castelán, polo que é ben doado explicar a miña (e da miña xeración) predominancia do castelán.
Recentemente dicía Díaz Pardo que o galego corre o risco de se converter nunha lingua cerimonial. Seguramente non lle falta razón, pero temos medios para detelo i eses instrumentos están sobretodo no ensino dos nosos rapaces. A pesares da gravidade da situación, actualmente existen entre os galegos moitos detractores do noso idioma , que tendo durante vinte anos o deber e a oportunidade lexislativa son quen de oporse hoxe a igualdade entrambas linguas. Xa non basta coas agresións propias doutros idiomas globalizantes , chegamos nos como inimigos propios. Si se perde a lingua perderase gran parte da nosa cultura, dos nosos vínculos como tribu, en definitiva podería chegar a perderse a nación que por agora somos.
Non menos preocupante é o caso do territorio, A Terra, sempre tan unida ós galegos, enraizada no máis fondo de nos. O aspecto da paisaxe de Galicia ten seguramente mudado máis nos derradeiros 70 anos que nos 2000 anteriores, non é esa unha exclusividade do noso país, pero sí que os nosos cambios son moi marcados. Co pretexto do “progreso” téñense secuestrado ríos, enchido rías de lixo , mudado por completo a tradicional cuberta vexetal e forestal dos nosos extensos e fermosos montes, etc. Hoxe queixámonos de incendios, inundacións ,etc. ¿De qué nos estranamos? O raro sería que esto non sucedera, non se pode variar a natureza sen tempo para que se adapte. ¿Cómo non van arder os montes si están cheos dunha árbore pirofila da Oceanía? ¿ónde están os bosques autóctonos da franxa atlántica?. O poder empresarial e a avaricia de moitos galegos teñen arruinado eses montes , tamén a necesidade, non debemos esquecelo
Coñecemos por outra banda as necesidades enerxéticas do progreso e sabemos que a nosa terra é rica nesas forzas, pero o noso territorio non ten recibido ningunha compensación por ese grande sacrificio .Como no caso da lingua non lle podemos botar sempre a culpa ós de fora, hai grandes corporacións que se din galegas que son as principais autoras dese expolio pero nos aínda premiamos a eses empresarios. Namentras os nosos ríos vanse transformando nunca sucesión de saltos artificiais e a estética doce dos lombos dos nosos montes énchese de aparellos que cando xiran envían cartos para fora deixandolle unha miseria ós propietarios dos terreos.
Mais a nosa terra ten grandes cualidades, a súa fortaleza e a posibilidade de rexeneración son das súas virtudes, moito do estragado é irrecuperable pero temos tempo de salvar grandes valores. Para conquerilo non debemos ser tolerantes cos que nos estragan a terra, porque esas feridas ,como as que están a desgastar o noso idioma provocan fendas irreparables na nosa identidade e no patrimonio que por decencia e obriga lle temos que deixar os galegos que por moitos séculos (agardo) virán detrás.
Non quería rematar deixandovos únicamente o sabor do pesimismo, en termos médicos un diagnóstico serve para tomar decisións e curar : confío en que os galegos dunha vez por todas sexamos capaces de darmos conta de que o futuro desta terra nunca foi tan noso como ata agora, porque temos os intrumentos necesarios e podemos, si traballamos xuntos, ter máis.

8 comentarios:

Maria Luisa dijo...

"La tierra unida a los gallegos" puede que si, los gallegos a la tierra na de na.Aquí no vino ni viene nadie a llenar las rias de mierda y a cambiar los carballos por eucaliptos eso lo hacemos fenomenal solitos.No olvides que los gallegos tendremos virtudes pero también defectos graves y entre ellos está el de tener un nulo respeto por la naturaleza.Echo un poquito de menos alguna crítica en todos los articulos.

Nico dijo...

Dame certo pudor defenderme, pero si o les ben hai moita crítica a nos mesmos sobretodo no medioambiental

Anónimo dijo...

Bo artigo ainda que nótase algo o plumeiro. Bota algún máis

O do can dijo...

¿E eras tí o que me chamaba "BRAVEHEART"? .... ¡MANDA CARALLO! ...... En serio: NORABOA, moi ameno, moi interesante e sobre todo, moi, aleccionador. Unha pena que as reflexións tamén adoiten a marchar co vento. ¡Somos do que non hai!. Vémonos.

Maria Luisa dijo...

Nico, sé que es una crítica, pero utilizas la 3ª persona para hablar de "os que nos estragan as terras", como si fueran otros, no nosotros mismos.Si hablas de "galegos", habla de:"os que estragamo-las terras".Sorry, está claro que es una confusión.De todas formas repito que echo de menos la crítica en los articulos,muchas cadenas, mucho yugo y mucho "pobres de nosotros, nación sometida".En fin,una pena,como siempre.

Anónimo dijo...

Estou moi dacordo contigo a pesares de ser sociata. Hai galegos moito peores que os invasores

Anónimo dijo...

Ortodoxia política e demagoxia a partes iguais...
Cantas palabras pra dicir tan pouco.

Anónimo dijo...

tamén teño afinidade e historia común con un portugués e non me sinto portugués.