martes, julio 03, 2007

O Courel, Lemos e Belesar

O pasado domingo fun con Carlos dar outra volta polas nosas terras do interior da provincia de Lugo.
Comezamos a visita en Belesar , nese fenomenal cañón do Miño cargadiño de uvas, estaba aquelo moi fermoso e pódense atopar moitas casas pequenas pero xeitosas nas dúas beiras, logo fumos visitar o pequeno Mosteiro de Sto Estevo de Ribas de Miño, románico do S. XII, e partimos cara a Monforte. Alí subimos ata o Castelo dos Condes de Lemos (hoxe un recomendable Parador Nacional) e dimos conta dunha boia comida o pé do mesmo no Restaurante O Grelo do que farei mención aparte.
O mellor de todo foi pola tarde cunha nova visita o Courel que sempre é máxico e nunca deixa de sorprender. Chovía un chisco e como non,había néboa,pero aquelo non perde nin con lóstregos. Demos unha volta polo cauce dun dos ríos e fumos a unha das visitas obrigadas para calquera que quera coñecer de verdade a Natureza da nosa Terra: A Devesa da Rogueira, un dos bosques máis importantes da península e condensación de todo o que representa esta Serra Oriental. A exhuberancia da vexetación era increible , e coa mestura das neboas parecía como si estiveramos buscando Gorilas nos montes entre Ruanda e Uganda. Si queredes saber máis buscade no Google co seu nome, é inexcusable a súa visita.
Da Devesa fumos ver o Castro da Torre, un castro algo diferente os habituais e no cal xa está Carlos a investigar. Vivir alí debía ser ben fodido.
Para rematar fumos a aldea de Sacedo que está nun plan de rehabilitación rural cofinanciado pola UE, debe ser un bo exemplo do que debían ser as aldeas do Courel antes das canteiras ilegais,os ladrillos , os bloques e os somieres.

NON PERDADES O VÍDEO

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Nico, se ti mais Carlos fóstedes capaces de atopar xabalies e miniorquídeas salvaxes en Merza aposto a que o dos gorilas no Caurel non é unha empresa imposible.

Unha aperta,

Kali

Luci dijo...

Da Devesa fumos ver o Castro da Torre, un castro algo diferente os habituais e no cal xa está Carlos a investigar


jjja jaja jajaaja JAAAAAJAAAAAAAA

carlos dijo...

Puti, perdón, Luci (en el supuesto de que existas claro, nos entendemos ¿no?),lo de "(...)xa está carlos a investigar." no es más que una licencia del blogger,en todo caso, investigar no sería más que abrir un libro y buscar referencias sobre algo, claro que eso para algunos puede ser algo así como descubrir la Piedra Rosetta, ala con esto último ya tienes tú algo que investigar también.

luci dijo...

Carlos no te conozco, pero veo que eres un machista por insultarme diciendo puta sólo me hizo gracia lo de la investigación, además lee un poco más y ya sabrás que ese ala que escribes se redacta con h, no está escrito en la piedra rosetta pero sí en los de gramática.

Anónimo dijo...

Realmente es un error la falta de "H" en la interjección,gracias por corregirme.
Carlos.

Anónimo dijo...

non é Sacedo senón Seceda.
REcomendoche Cortes un pouco máis adiante de Seceda e coller a pista de terra (vaise ben co coche, despciño) ata chegar o lugar de Eirín. Un saudo . Un de Caurel.

Anónimo dijo...

Vaya Nico, nun so día percorrestes dous dos meus espazos máis predilectos.
Excavou o castro da Torre un Arqueólogo ( Antonio Álvarez ), que curiosamente tamén é ATS ; é un dos castros que veñen de sair nunha publicación da Xunta: Os castros de Galiza e Norte de Portugal.
Acharon nel unha presunta parrilla (pra asados) de cerámica cando o excavaron. Pensan que tivo unha función de control de paso ou defensiva.

Xesús ( a Ulloa ).

Nico dijo...

Moitas Gracias Xesús , agradécense moito este tipo de colaboracións.

Anónimo dijo...

cARLOS ES TAN machista como tú puta.

María