lunes, julio 23, 2007

Galicia, por Alfonso Loño


Atendendo a miña petición o meu amigo Sito envianos outra reflexión sobre Galicia, outro lúcido punto de vista do que el pensa que é esta Terra. Mañán chegará o meu, e agardo que tamén o de Guli, non será doado sorprendervos logo dos anteriores.
Por certo que o cabroncete de Sito lerá o artigo hoxe dende Ibiza, pasadeo ben amigos...

Recentemente, un amigo contoume que, no Vigo de mediados dos 80, aparecera unha pintada nun céntrico lugar na que se podía ler: “Galiza non é unha colonia”. Ao cabo dun par de días, alguén pintara por debaixo desta mensaxe, “es un desodorante”.
Se cadra nestas dúas reflexións podemos percibir algunhas, que non todas, das sensibilidades que existen na sociedade galega sobre o que é para eles o lugar onde naceron ou residen.
Aínda que en boa medida é certo que aos galegos cústanos falar de nós mesmos. Qué é para ti Galicia? Esta pregunta, independentemente de aspectos políticos, ou de ordeación das catro, cinco, seis ou ata sete provincias, pode ter unha desposta do estilo, Galicia, é Galicia. Pois tamén é certo. Nin máis, nin menos.
Xa entre os anos 30 e 50 moitos dos autores galegos que todos coñecedes fixeron radiografías perfectas sobre a situación socio política do pobo galego que, nalgún caso, mudaron moito menos do que eles, como galegos pesimistas, confiaban que ía pasar. Máis, o 25 de xullo debe ser un día de festa, de auténtica reivindicación de sentirmos o que somos. Nin máis nin menos; os galegos que ven a Gayoso todos os venres, os que aplauden a Oscar Pereiro, os que lembran a Prudencio Romo e a Pucho Boedo, os que choran polo descenso do Celta, os pequenos e grandes empresarios, os que, como Carlos entenden que a terra precisa un pobo, ou ata os que intentan impregnar de galeguismo á vila e corte. Aínda que, neste último caso manteño que nos seguen a mirar con superioridade porque coñecen ben as nosas debilidades.

O dito, no país dos mil ríos e as cen mil festas gastronómicas, o 25 é un día de foliada. Poñedelle música a estos versos de Ramón Cabanillas "Da Terra Asoballada" (1917), e cantade se queredes. Aínda que estas, como outras cousas, podense facer todo o ano.

Validos de treidores

a noite da Frouseira

á patria escravizaron

uns reises de Castela.

Comestas polo tempo,

xa afloxan as cadeas…

Irmáns asoballados

de xentes extranxeiras,

ergámo-la bandeira azul e branca!

e ó pé da enseña da nazón galega

cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Si Nico, acabo de velo agora mesmo. O das vacacións xa e outro asunto. O sábado pillei unha infección buco faríngea moi forte polo que xa nin fun de voda nin ostias. O luns no avión con 39 de febre e agora recuperando, pero non tomei nin unha cervexa aínda joder, sólo deceas desas cousas que receitades os facultativos.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

O nivel é vergonzoso...
pero hom... que é o que "somos"?
porque todo iso serédelo vos...

O da pintada ten a ver con algo máis vello:
Nin colonia, nin champú...

sentirmos o que somos ????

so mos to

Anónimo dijo...

Moitas gracias pola túa ilustración, Anónimo. Despois de botar merdiña por esa boca, coma sempre, é mellor que vaias lavar a língua onde nace o río Deza, e de paso xa aproveitas para facer o mesmo co resto do corpo, que fai moita calor e custa máis soportar o cheiro.

Sito.