miércoles, julio 25, 2007

Extracto da Alba de Groria , Castelao. 25 de Xullo


Alba de Groria





Miñas donas e meus señores:





SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras.





Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.





Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cómo para min é certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe:





Sen tí perpétuamente estou pasando


Nas maores alegrías, maor tristeza


9 comentarios:

Anónimo dijo...

Grandioso, Viva Galiza.
Adiante País e Feliz Día

Anónimo dijo...

NICO NORABOA POR FACER UN ESPAZO NA REDE PARTICIPATIVO, INSTRUCTIVO E ENTRETIDO, MELLORABLE... TAL VEZ, COMA TODO, PERO NUNCA OFENSIVO.

UNHA APERTA.

Anónimo dijo...

Sé que no te inquieta pero estás superando a otros en participación, en contenido ya desde siempre.

Anónimo dijo...

Nicolas dous comentarios con dous minutos de diferencia cantan un pouco. Realmente os socialistas estades falando en serio? sodes un cancro para Galiza. Deixa de insultar a Castelao que ti ves do franquismo e agora dades leccionciñas das que mexamos da risa. Ti e os teus amigos Carlos e Rafa sodes uns españois de merda, pero tí es especialmente patético por enviar mensaxes a ti mesmo.

Nico dijo...

Publico este comentario para que vexades o tipo de calaña que hai por ahí.
Por certo non teño nin idea de quen mandou as dúas mensaxes anónimas previas en 2 minutos, pero dende logo non fun eu.Fenómeno si me quero mandar menasxes son un pouco máis listo, pero tí debes ser ben burro
O do comentario anterior califícase so,¿quen será o cancro para Galicia? Gústame eso de españois de merda .Rapaz le a Castelao antes de falar del, ou tan siquera le algo.

Anónimo dijo...

el anónimo tiene razón se te ve el plumero y canta muchisimo

Anónimo dijo...

VAYA PARECE QUE A ALGUIEN LE DISGUSTA QUE GUSTE A OTROS LO QUE TÚ HACES.

Anónimo dijo...

je, je pois rariño é un pouco o das loubanzas con dous minutos de diferencia. Fas ben home, que non se rian de tí, que hai cousas moito mais criticales no mundo. Metiche a patiña, so eso.

Anónimo dijo...

Pero quén carallo é o Castelao ese..me da a risa tanto él como os seus seguidores e a puñetera construcción nacional, os bos e xenerosos e a nai que os pareu, a lingua galega o asoballamento castelán e o terrorista Reboiras, os irmandiñós eran uns parvos e as letras galegas soplanma.
O que pasa a meterse con España e os seus mitos está moi ben pero cando che tocan os teus...a que fode.
un españolazo.