miércoles, julio 04, 2007

Entre a vida e a morte: ¿Quén fai a forza?


En primeiro lugar quero sinalar que o seguinte relato non se trata dun texto científico é mais que nada unha pequena historia representativa de moitas outras , si queredes profundizar podedes atopar información regrada sobre estes temas nas páxinas do ERC (European Resuscitation Council) , AHA (American Heart Asocciation), no brilante libro de hai vinte anos “Vida después de la vida” de Raymond A. Moody ou no célebre artigo , publicado en The Lancet (seriedade) ,do cardiologo holandés Dr Van Lommel.

O que vos vou contar trata sobre un dos misterios que a todos nos desacougan , falo dos momentos próximos á morte. Todos escoitariades a xente falar do Túnel, de verse fora do corpo, a revisión da vida propia ou reunirse con familiares xa mortos. Son as chamadas Experiencias Cercanas a Morte (ECM) e refirense as experiencias relatadas por persoas tras padecer un paro cardiorrespiratorio prolongado e que foron posteriormente reanimadas con éxito. Hai gran cantidade de libros e estudos, moitos deles contaminados polo tufillo dos feirantes.
Non vos vou falar deso exactamente, deixámolo para outro día , voume referir a algo previo: as forzas que reteñen a un individuo apegado á vida, a resistencia á morte. Pola miña experiencia coñezo casos que me teñen feito pensar moito da existencia destas forzas, ainda que eu son moi escéptico e neste caso trato de explicarmo con criterios fisiolóxicos e organicistas pero moitas veces penso que hai algo que se me escapa. Para explicarvos un pouco do qué se trata vouvos relatar un caso recente que me pasou hai menos de 15 días.
Unha das partes fundamentais do meu traballo é a atención de paradas cardiacas e de pacientes críticos, para ese tipo de tratamentos utilizamos protocolos e recomendacións internacionais que se van adaptando en función das innovación e investigacións . É o chamado Soporte Vital Avanzado (SVA).
Pois ben nunha garda recente , o comezo da mesma .recibimos unha alarma da Central que nos indicaba que unha familia que se dirixía co seu pai en coche ó Hospital pide axuda para atendelo de camiño porque está moi mal.
Están a menos de 2 km do Hospital, o pai ten moi mal aspecto, (impresiona de gravidade no argot) está estuporoso e decidimos pasalo inmediatamente a ambulancia, en menos dun minuto de subilo presenta unha Fibrilación Ventricular (arritmia que provoca unha parada e precisa dunha descarga eléctrica inmediata) .

Comezamos o SVA pero o paciente non reacciona, debido a proximidade ó Hospital achegámonos reanimando e pasamos o paciente a Urxencias, alí volve facer varias Fibrilacións Ventriculares que precisan descarga, a súa cor (antes azulada) mellora e ponse rosado pola eficacia da reanimación pero en ningún momento recupera o pulso: o seu corazón leva xa 30 minutos sen latir e as súas pupilas están totalmente dilatadas . O médico responsable decide con bo criterio deter o SVA e comunícarlle a familia a morte do paciente.
Neses intres quedo dándolle información do paciente as compañeiras do Hospital, o monitor segue prendido e despois duns 3 minutos sen reanimación o paciente presenta un ritmo cardiaco organizado, palpolle na carótida e ¡Carallo ten pulso!. Miran cara a min por si estou de coña, pero ven a miña faciana de sorpresa e corren avisar o médico para que non lle diga nada a familia todavía, xa é tarde, pero o médico , confundido, rectifica e dilles que pode haber unha posibilidade. Finalmente baixa o Ucista e o ingresa no seu Servizo. Nós marchamos.
A día de hoxe non sei nada do doente, probablemente falecera despois , saberei algo del nuns meses cando fagamos as revisións dos casos, pero o que vos quero contar é que non se trata dun caso único, todos os que nos adicamos a esto temos varios similares. O misterio está en por qué algúns pacientes con todo o seu favor (idade , patoloxía máis leve, etc) xa nos damos conta en 15 minutos que non hai que facer e por qué outros amarranse con forza ó cordón da vida que non se dan por vencidos, ¿cal é esa forza qué estes teñen? ¿está no seu corpo, será producto do SVA, da química, das grandes doses de Adrenalina , do ADN ou será espiritual?
Ben déixovos con esta reflexión e espero non vos ter dado o coñazo. Finalmente non vos asustedes e por outro lado non teñades falsas esperanzas, no mellor dos casos o éxito das Reanimacións non supera o 20%.

6 comentarios:

Arancha dijo...

Nada de coñazo!! Me encantó, me parece que acabo de ver un episodio de Anatomía de Grey.

O pai de Batman y Spiderman dijo...

Me ha gustado mucho ...me gusta pensar que hay algo más aparte de lo púramente físico o fisiológico. Yo hay etapas de mi vida en las que hubiese soltado "el cordón de la vida" con gusto, y sin embargo ahora tengo tres razones claras por las que me aferraría a él apasionadamente.

O do can dijo...

Moi interesante Nico. Pero ¿De verdade hai casos de xente que revive despois de ter o corazón parado máis de cinco ou dez minutos?. Por curiosidade ¿Canto tempo é o normal que pase para dar a un pacente por perdido?

Nico dijo...

Hola Antonio:
Non sei si é revivir pero dende logo que hai moitísima xente que recupera e leva despois unha vida normal sobretodo nos infartos.Seguro que levo máis de 100 na miña experiencia
O tempo de parar non está establecido, depende de moitos factores: a falla de reaccións o tratamento, as pupilas, a idade, a patoloxía previa, etc.
Seguirei falando destes temas

Marta L dijo...

Entonces dspués d todo soy una persona afortunada, mi padre está en ese 20%...pensé q el porcentaje d reanimaciones era más elevado la verdad..muy bueno nico

ho chi dijo...

moi interesante. graciñas por contarnos estas cousas, pero máis por facelas (aquí sí parece que les ben, e que te enteras ben, ha, ha)