miércoles, julio 11, 2007

De paseo polo Baixo Miño



Como xa vos contei o pasado domingo estivemos de paseo polo Baixo Miño, na percura do sol tan esquivo nestes comezos de Xullo no noso país. Fun con María e Quesé, e atopamos o sol ainda que non un día de gran calor.


Paseamos polas beiras do grande estuario do Miño, coa vista sempre da outra beira do país irmán. Fumos ata A Garda pero quelo estaba cheo de xente na Festa da Langosta así que optamos por comer nun merendeiro pertiño do río. Maravilloume desa zona ver a gran cantidade de sobreiras e outra vexetación mediterránea que se atopa nas ribeiras, lóxico porque esta é sen dúbida a parte máis cálida de Galicia.


Logo xa pola tarde subimos ó Castro de Santa Trega e ó monte do mesmo nome, supoño que a meirande parte de vos o coñeceredes porque é unha das típicas excursións escolares. Os que non, tedes que ir o castro é impresionante e está bastante ben conservado para datar do S I ad C., ademais as vistas da chegada do Miño ó mar so das que non se esquecen.


Despois subimos polo Val do Rosal e baixamos cara a Oia , xa a tardiña antes de regresar a Vigo e despois a Lalín tras un bo domingo, e xa van uns cantos ben aproveitados...