lunes, junio 18, 2007

Ruta polas Terras do Miño e A Ulloa


RUTA REALIZADA EN NEGRO




Onte Carlos e máis eu fumos de ruta polo corazón da provincia de Lugo. Fixemos unhas magníficas rutas por terras dun increible valor natural e histórico que semellan un pouco descoñecidas e ata un chisco abandoadas por moitos galegos.
Foi un percorrido no que puidemos visitar en primer lugar as Insuas do Miño, perto de Rábade (saída da A-6) a 12 Km de Lugo, que forman parte da máis grande, e descoñecida, Reserva da Biosfera que temos no páis : As Terras do Miño . É un fermoso entorno natural formado polas ribeiras do curso medio-alto do Miño con varias illas dun gran valor ecolóxico no medio. Nese entorno puidemos visitar unha bonita casa solariega, O Pazo de Mirapeixe, de propiedade privada pero cuns propietarios moi amables que nos deixaron pasear polo mesmo.


De alí marchamos cara a Lugo para ... comer evidentemente, para non separarnos moito da ruta comemos en Casa María, en frente de Casa Paco, dos dous restaurantes farei pequena referencia nunha nova entrada.


Tras ben comer, como sempre en Lugo, fomos seguindo o curso do pai Miño ata chegar o entorno da Casa Grande da Fervenza, unhas das mellores casas rurais de Galicia e que dispón dun entorno increible con ampla posibilidade de rutas. Nos optamos por seguir o curso do río abaixo uns 4 km atravesando bosques de ribeira con grandes carballeiras cheos de humedais, muiños e pesqueiras: todo un espectáculo.


Saímos da Fervenza para abandonar as Terras do Miño cara a Comarca da Ulloa, divisando as ribeiras do río Neira que ven dos Ancares antes de se unir co Miño. O atravesar o Miño subido hacia Guntín atopamos unha sorpresa descoñecida para os dous , O Castelo da Mota, nun alto divisando todo o Miño. Tristemente o Castelo está en malas condicións , é propiedade dun particular que estaba alí e que tristemente utilizao de estercoleiro e poleiro. Triste desenlace para unha potente fortificación iniciada no Século IX, da que Carlos vos contará algo da súa historia máis adiante (xa está a investigar)


Pasamos por Guntín e o chegar a Palas de Rei collemos camiño para visitar o Castelo de Pambre, un dos mellores castelos galegos que se conservan , asentado nun meandro do Río Pambre que lle fai por un lado de foso natural. Este é un histórico castelo dos Ulloa que posteriormente pasou a mans da Casa dos Alba e agora está en mans privadas , pero xa con serios problemas de conservación. O Castelo e o seu entorno, ben merecen non unha se non repetidas visitas (Tamén vos falará o experto da súa historia).


Tras marchar do Castelo fumos o Balneario do Río Pambre, establecemento recentemente construido ó lado do Río e que é un bonito lugar para perderse e relaxarse vendo o Castelo ó lonxe.


Xa despois as 10 da noite tiramos para Lalín coa satisfacción de aproveitar un domingo verdadeiramente. En outras entradas poñereivos videos e fotos das paisaxes e dos castelos

FOTO ADICADA A MANUEL CORTIZO

3 comentarios:

Anónimo dijo...

CANDO ARRANCA O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA?
DANI.

Anónimo dijo...

lo dicho el Coronel Tapioca y Dr. en Alaska, muy bueno. se nota que soys dos tíos que sabeis vivir, un saludo
pedro

O pai de Batman dijo...

JA JA!!... siempre tan conjuntaditos, gracias por la foto.
Os quiero amigos.