jueves, junio 07, 2007

Restaurante Asturiano: o mellor de Lalín

O Asturiano gañou a enquisa seguido de Casa Sánchez en Rodeiro, xa despois a moita distancia están Os Arcos, Cabanas, A Molinera , O Cruce. Cabe sinalar no grupo de Outros a o Restaurante Nos entre Silleda e Chapa, un lugar curioso cunha cociña coidada.
Penso que O Asturiano merece o galardón como premio a un traballo moi continuado de anos, cunha gran aposta pola calidade dos productos nos que sempre destacaron os pescados e os mariscos galegos. Tamén teñen moi boas carnes, e por exemplo en temporada a lamprea. Son moi destacables as empanadas caseiras que eles fan e, como non, de postre teñen unhas fabulosas tartas caseiras. Parte importante do recoñecemento vai tamén , supoño, polo novo comedor que o converteu de verdade nun restaurante acolledor, sin elevar os prezos (non é barato, o producto manda). Noraboa a Pepe, un traballador nato.
En segundo lugar e destacado dos perseguidores quedou Casa Sánchez de Rodeiro, do que xa falei un día neste mesmo blog.