lunes, junio 11, 2007

Misha Bies Golas (ou Miguel Calvo) en Galicia Hoxe


A volta ás vangardas dun surrealista galego


09.06.2007 Afastado dos circuítos artísticos convencionais, Misha Bies Golas, pseudónimo do creador lalinense Miguel Calvo Ulloa, nútrese das vangardas históricas –Rodchenko, Heartfield, Max Ernst, Schwitters ou Man Ray– para converterse nun transgresor da arte convencional. Se na súa anterior exposición, Leningrad, acompañou unha serie de collages de poemas, agora reinventa os seus ‘Patróns’ que expuxo este ano na Sargadelos de Compostela, e intenta pórlles música aos seus niveis superpostos de representación


TEXTOS: V. OLIVEIRA IMAXES: MISHA BIES GOLAS


‘Collage’ A fascinación pola comida e as máquinas do artista lalinense apréciase nesta láminaDicía Alexander Rodchenko, un dos máximos expoñentes da vangarda soviética dos anos trinta, que “se se desexa ensinar ó ollo humano a ver dunha forma nova, é necesario mostrarlle os obxectos cotiáns e familiares baixo perspectivas e ángulos totalmente inesperados e en situacións inesperadas”. Algo semellante parece ser o que levou a Miguel Calvo Ulloa –Misha Bies Golas– a “xogar” coa arte para desmitificala, pero sen a pretenciosidade do que quere ser transgresor por pura autocompracencia. Acostumados a ver –case sempre– os mesmos artistas nas vitrinas ou salas de exposicións, o lalinense é un sopro de aire fresco que se afasta dos canons e intenta ollar máis lonxe, ao pasado, ás vangardas históricas que tanta importancia tiveron na evolución da arte destes dous últimos séculos. Aínda que os seus comezos foron na fotografía, “sempre me picou a curiosidade de traballar os formatos das vangardas e probar como traballaba xente como Rodchenko ou Max Ernst”, concreta. Entre os nomes que non poden faltar das vangardas, nomea o absurdo de Dadá ou a abstracción dos construtivistas. Un dos últimos catálogos que editou, Leningrad, recolle 29 collages orixinais que realizou para ilustrar a publicación, editada polo Verbum, Casa das Palabras, xunto co creador literario Xoán Carlos Rodríguez e que expuxo o ano pasado na Fundación Eugenio Granell.“Descubrín ‘Leningrad’ nun anticuario de Romanía”Leningrad é o título orixinal dunha primeira edición romanesa de imaxes de Leningrado. Cando Romanía estaba en relación coa Unión Soviética, facíanse este tipo de edicións nas diferentes repúblicas. Este libro coas láminas recollino nun anticuario dunha cidade de Romanía. Normalmente, se atopo libros vellos con imaxes, recólloos por se acaso algún día decido traballar sobre eles. O catálogo fai unha homenaxe ao libro anterior”, explica o creador. A estética de Leningrad amosa a admiración do creador galego por elementos moi dispares que remiten aos ‘ismos’ –futurismo, dadaísmo, surrealismo– das vangardas: a fascinación pola comida, polas máquinas, ou as estatuas de civilizacións afastadas.
A provocación da mestura de elementos é outra das súas principais constantes“Non é nada novidoso. Misha Bies Golas –que é unha parte do meu traballo– está sempre mirando cara ás vangardas históricas. O da comida é porque me fascina a gastronomía e tamén as fontes de onde saco todo este material: folletos de supermercados, revistas vellas. E o da maquinaria vén pola fascinación da vangarda polas máquinas”, sinala.
Porén, a intencionalidade deste creador dista moito, segundo asegura, de ser crítica. “É bastante caprichoso porque vou tenteando, probando. Podería ser como unha abstracción figurativa: coller elementos e ir compoñendo. Pero non parto cun discurso ou unha intención crítica cara a algo”, afirma. Aínda que nos seus collages non existe ningún “discurso predeterminado”, recoñece que os poemas que os acompañan de Xoán Carlos Rodríguez, feitos a posteriori, complementan as imaxes creando un argumento que relaciona o fío de composicións. “Xoán Carlos expúxoo como unha historia de amor entre dous personaxes que se botan flores”, explica o artista lalinense. Poderiamos pensar que o collage é unha técnica para minorías, pero nada máis lonxe da realidade. En Galicia atopamos exemplos como o fotógrafo Fran Herbello e fóra do país, Jorge Galindo, que pasou por Compostela na última mostra do IVAM. “Non me propoño facer unha obra de arte. Vou compoñendo unhas imaxes e non por este traballo me considero artista. Tamén me gusta desmitificar a arte”, asegura Misha Bies Golas.Hai uns meses, expuxo na Galería Sargadelos de Compostela os seus ‘Patróns’, “que son patróns de revistas de moda nos que altera as liñas e realiza composicións abstractas, dun xeito caprichoso”. Unha concepción lúdica, pausada e imaxinativa da arte que afonda no proceso de creación para chegar a un resultado que é este pero que tamén podería converterse en algo novo pasado o tempo. Prepara música para interpretar ‘Patróns’Agora, o lalinense está a traballar cun compositor para musicar os seus ‘Patróns’ e interpretar sons a partir das súas representacións.
A provocación da mestura de elementos é outra das súas principais constantesA súa fascinación por mesturar elementos plásticos con musicais ou literarios é unha das súas constantes durante a súa breve pero intensa carreira artística. Co seu heterónimo, Bies Golas, crea no 2002 Entremés xaponés, unha peza feita en colaboración co músico Pablo do Val, no décimo aniversario da sala Galán. Dous anos despois fai as ilustracións para o libro Acabicornadas do italiano Sebastiano Gatto. Foi así como realizou a súa primeira exposición individual na galería de arte italiana ‘Latte fresco’ en Treviso.Pero ademais, expón o seu traballo fotográfico no Museo Ramón María Aller de Lalín en 2001 baixo o título de ‘Bagús’ e participa no Outono Fotográfico de Ourense no ano 2000. E en pintura, mostra ‘Cositas del VHS’ na galería luguesa Wootelo en 2003. Recentemente, participou en Compostela no 2005, co IV Premio Auditorio de Galicia para Novos Valores, unha experiencia que lle serviu para darse a coñecer e para entrar en contacto con outros creadores que tamén comezan en Galicia.“Hai espazos onde expor pero non son de fácil acceso”O creador lalinense cre que fai falta máis apoio para os novos artistas do país. “Hai espazos pero non son de fácil acceso”, opina. “Hai que saber relacionarse e ter contactos”, considera Bies Golas que confía en que nazan máis espazos. “Hai moita xente traballando e é difícil saber que criterio se manexa para que se expoña ou non”, asegura. “Ás veces, o panorama é bastante aburrido”, asegura.“As institucións van un pouco sobre seguro. Hai catro ou cinco autores que poden ser garantía de calidade e supoño que por iso os elixen”, conclúe. O artista ourensán Manolo Figueiras no tríptico que acompañaba a ‘Patróns’, pregúntase se é “unha protesta contra todo o que se nos impón, contra o discurso patriarcal que nos crea, mais tamén nos esmaga?” Ou, prosegue, se se trata dun “alegato contra o espazo e o tempo baleiros das modernas urbes, contra a ahistoricidade impersoal e a deshumanización?”. Ou, remata, falamos dunha “pura intencionalidade plástica, baseada na mera fascinación formal pola superposición de tramas xeométricas e cromáticas?” Ao mellor, como conclúe o pintor, “se houbera resposta clara, quizá non habería obra”. Se por algo se caracteriza a obra deste artista é porque se afasta de toda relación cos circuítos artísticos convencionais, e intenta asentar un estilo propio, esculpindo as máis insólitas e inesperadas acumulacións que son aleatorias á vez que xustificadas
O xogo ao poder chámase Misha Bies Golas.

3 comentarios:

ho chi dijo...

O artista máis divertido de gz, tamén cando se lle da por currar. Flipante

Rafik dijo...

Gostei moito das fotos de Miguelito. E pensar que estiven no seu 2º cumpreanos...

MartaL dijo...

eres un genio Mich