lunes, junio 18, 2007

Hamburguesa con canónigos e champiñóns

Non todo vai ser comida refinada, de cando en vez nos apetece tomar unha boa hamburguesa. Esta está feita con carne de terneira galega, recomendo trozos de carne para picar que teñan un pouquiño de graxa para que non quede seca.Boteille algúns canónigos que tiña na casa e gústame engadirlle cebola fina e champiñóns ben dourados. Como queixo utilizo o que mellor lle vai as hamburguesas, o Cheddar, que os americanos chaman de xeito pretencioso "yellow american cheese"
Este bocadillo que é típicamente americano ,famoso polas grandes cádeas de hamburguesas ten certa mala fama, pero eu vos digo que en USA podedes atopar hamburguesas de calidade suprema en moitos locais que non se parecen os Burgers habituais.
Tamén en España hai restaurantes que fan boas hamburguesas, lembro que unha vez Álvaro e Reyes levaronme a un moi perto da madrileña Plaza de Castilla que as tiña boas, non sei o nome. Tamén miña nai tenme falado dun restaurante no peirao deportivo de Puerto Portals en Mallorca, pero díxome que casi a prezo de centola.
Supoño que haberá moitos e todos vos coñeceredes algún

1 comentario:

Rafik dijo...

Na rua Padre Damián, cara plaza de Castilla (non sei si é a que te refires) é propiedade de Ferrán Adriá, e fan burguers de diseño, a precios extratosféricos. Como experiencia está ben, pero para comelas habitualmente, económicamente inaccesibles.