miércoles, junio 06, 2007

Carta dende Roma



Tirei esta foto en Roma cando estivemos hai 2 meses. Había unha rapaza apoiada na escalinata da Piazza Spagna, no lugar había un gran xentío, pero ela tranquilamente escribía sen facer moito caso do que acontecía o seu arredor. Pareceume moi suxerente, porque seguramente estaría escribindo algo moi intenso ou unha carta de amor no papel. Algo hoxe pouco corrente na era dixital na que vivimos. Polo tanto ben merecía a foto, pero con discreción, que se vira que escribía pero non a súa cara.

Despois tras sacar a foto, comprobei coas maravillas que precisamente nos permite a tecnoloxía actual ,que se podía ler con detalle o que estaba a escribir. Tratábase dunha carta o seu namorado, sentín moito pudor cando a puiden ler, como se fora un diaño entrometido. Por eso , ainda que me parece unha boa foto, non me atrevía a poñela ata agora que o vexo xa dende certa distancia.

Que sirva para reinvindicar o bolígrafo e o papel, pero non podemos negar que gracias as novas posibilidades, moitos nos estamos dando conta que hai persoas cun gran inxenio que estaba por descubrir, e que agora pode ver a luz

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Dende logo sen as novas tecnoloxías endexamais coñeceríamos o teu punto tenro "eclipsado" dende sempre pola mala besta que levas dentro. Son anónimo porque me peta.

Anónimo dijo...

Recordame esta foto as fotos das carpetas/libretas das tias da nosa epoca de EXB...
Escoita, podes transcribir a carta? e dificil de leela enteira! :-)

Nico dijo...

Gracias por ser anónimo Guli.Sodes ben morbosos, non vou transcribir a letra. Si ampliades a carta xa a podedes ler. So hai que pinchar na foto

Anónimo dijo...

A ver cal dos dous anónimos son eu...de tódolos xeitos grazas por decirme como facer,efectivamente son morboso.

Guli

jatiña dijo...

no seáis cotillas

Anónimo dijo...

Guli, eu sei cal é o teu comentario xa que o outro é meu.

S. Temprano