jueves, junio 21, 2007

Breve reseña histórica sobre o Castelo de Pambre


Pedinlle a Carlos unha pequena nota histórica pero eu xa me imaxinaba que se ía esforzar moito, velaí tedes o resultado. Dende logo moi interesante. textos como este serven para comprender ben os avatares do noso país


Atendendo a invitación de Nico, procedo a facer unha reseña sobre o Castelo de Pambre.
Dicir que se trata sen dúbida do mellor exemplo de arquitectura militar que se conserva en Galicia, chegando ata os nosos tempos nun relativo bo estado de conservación. De feito é unha das poucas, senon a única, fortaleza que resistiu os embates das loitas Irmandiñas.
Pertenceu orixinariamente a liñaxe dos Ulloa, sendo o seu constructor don Gonzalo Ozores de Ulloa, que participou na Batalla de Montiel do lado de Pedro I ( apodado, inxustamente, o cruel) que loitaba polos dereitos de sucesión ao trono de Castela contra Henrique II de Trastámara, este último foi o vencedor, desta forma vaise a instaurar na Coroa de Castela a dinastía dos Trastámara a que pertencen os Reis Católicos. Este feito vai marcar o declive de Galicia e o ascenso dunha nova nobreza (moita dela de orixe foránea) en detrimento dos que apoiaron ao defenestrado Pedro I.
O tal Gonzalo Ozores de Ulloa, despois da Batalla de Montiel foi prisioneiro do Trastámara na Baiona de Francia e conseguindo escapar do seu cautiverio regresa a súa terra atopandose con que as súas herdades lle foran confiscadas por Fernán Pérez das Seixas, decidindo recuperalas reuniu as súas mesnadas de Camba, Deza…., para tras sanguentas loitas poñer en franca fuxida ao das Seixas e aos seus seguidores.
Foi tras estes feitos cando alá polo ano 1.375 mandou erguer o Castelo para mellor defensa dos seus estados. Está construido estratéxicamente nun Sainte rochoso sobre o río Ulla que lle fai de defensa natural, a construcción posee tódolos símbolos inequívicos dun castelo, e por elo que resulta tan atractivo de ver; sobre a súa planta rectangular erguese unha grosa muralla, precedida por un profundo foso, no interior destaca a torre da homenaxe almeada e flanqueada por outras catro torres defensivas, observase tamén unha capela e un horreo de catro claros que lle confiren un aspecto residencial. Unha gran porta de arco de medio punto, cas armas dos Ulloa na clave, comunica a fortaleza co exterior.
Pola súa posesión loitaron os condes de Altamira e os condes de Monterrei , finalmente os preitos deron a razón a Sancho Sánchez de Ulloa (conde de Monterrei) e con mellores dereitos sucesorios sobre ela.
Como sucedeu con outras posesións ou títulos da vella nobreza galega que foron usurpados polas grandes casas casteláns, pasará ao Ducado de Alba que, por estar lonxe das súas terras orixinais, decidiu vendelo por 27.000 ptas. no ano 1.895, así ata chegar aos nosos días (en mans privadas) pedindo a gritos unha urxente intervención pública ou privada que o recupere como mostra fundamental do noso patrimonio pero eso xa é outra historia.

Un saudo, X. Carlos Calvo Ulloa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non teras ti algo que ver cos Ulloa!!??

Anónimo dijo...

Interesante. Notase, ademáis, que escribes de algo que che gusta. Lembro unha visita que fixemos hai anos alí con Marta e Paula. Concordo co da intervención e que o dono quite esa tremenda antena parabólica que se ve a 1 km.

Sito

Marta L. dijo...

claro, ese castillo es nuestro, confírmamelo antes d la separación de bienes..

Anónimo dijo...

Es sólo para ti, estoy con lo del castillo da Mota, esta sección está de puta madre y no es que lo diga sólo yo. Además podremos ver como todas las construcciones de este tipo siguieron en Galicia una evolución similar.

Carlos