martes, junio 05, 2007

Almorzo no río





Cando sube a temperatura coma onte é moi agradecido ir comer o aire libre, nas zonas de costa van a praia, eiquí os da montaña imos o río, onde se está moi fresquiño.
Fanse uns bos bocatas, un pouco de froita e unhas cervexas e listo. Como suxerencia dígovos o menú que eu levei:

- Gazpacho (comprado, recomendo a marca Alvalle), con uns picatostes
- Bocadillo de salmón afumado, caviar (non de esturión dende logo), leituga, mahonesa e eneldo.

- Sandía

Pasámolo moi ben, é moi relaxante, e como estaba de sair dunha garda logo ata durmín unha profunda siesta.
Como podedes ver tamén puiden fotografiar algo da fauna das riberas de Mouriscade. Se alguén sabe que paxaro é o da foto que me escriba
O PAXARO É UN MERLO ACUÁTICO. Gracias a Carlos polos seus coñecementos ornitolóxicos


12 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo onde quedaron os bocatas de tortilla e bistec rebozado ,con ensalada de leituga,tomate e cebola?E o viño branco do Ulla,ácedo pero refrescante...gazpacho e caviar a beira dun rio galego,oder Nico menos mal ca rapaza da foto é do Sixto...


Guli

Nico dijo...

Querido Guli, seguro que voltarei a tortilla no almorzo e o bistec rebozado, pero escoita , eso leva máis tempo de preparar e so tiña 30 min. E xa sabes que si vas con moza haiche que ser un pouco glamuroso,
¿non si?

Anónimo dijo...

Para estar con esa moza o que hai que ser é "sortudo"...cabron.
Era coña, ten moi boa pinta o bocata,de tódolos xeitos cando sexa asi chama que che fago eu unha tortilliña ou uns bistecs de víspera...guli

MARÍAVITI dijo...

POIS NON SABÍA QUE A MIÑA PRESENCIA LLE DABA UN TOQUE ENXEBRE OS ACONTECEMENTOS...PERO QUE QUEDE CLARO QUE POR SER DO SIXTO TAMÉN GUSTO DE MANXARES MÁIS ELABORADOS(PERO NON MÁIS EXQUISITOS)

O pai de Batman dijo...

...entónces, con tanto glamour probablemtne pasó algo entre el postre y la siesta, que no nos has contado.

Anónimo dijo...

E evidente que non coñecedes a tortilla da miña tia Gloria...eso si que é un manxar elaborado e exquisito...
Maruxiña ti das toque enxebre,glamuroso e tódolos toques que se poidan dar...
Guli

Que pasou entre o postre e a siesta?

Carlos Calvo Ulloa dijo...

es un mirlo acuático y lo del concurso meparece una idea cojonuda la asesoría se compromete a patrocinar uno de los premios.

Nico dijo...

Entre o postre e a siesta normalmente ven:
O CAFÉ
Ay Manueliño!

Merlo acuatico dijo...

Adiante co concurso,é unha boa idea..ate eu teño unha foto para participar.

Anónimo dijo...

Home, eu ás veces tomo un licorciño, jejeje. Nico, dí que sí, que dades moita envexa a veira do río....¿e despois do licorciño?
Uma aperta
Pallarés

A LONTRA dijo...

DENDE LOGO QUE GUASA TEN ESE MERLO ACUÁTICO.

DONICELA dijo...

BEN POLO CONCURSO DE FOTOGRAFIA.