martes, mayo 15, 2007

Compañeiros do Severo Ochoa: A infamia



Xa vai para casi 3 anos que no Hospital Severo Ochoa de Leganés por unhas denuncias en primeiro lugar anónimas desatouse unha crise que acusaba os profesionais do Servizo de Urxencias dese Hospital de 400 homicidios por sedacións inadecuadas a pacientes. Hoxe en día a causa xa so se instrúe sobre 8 pacientes e todo indica que aquelo vai rematar coa absolución dos profesionais.
A sedación na agonía é fundamental para conquerir unha morte digna, é un dereito dos pacientes e as súas familias e calquera que vexa sofrir nesa situación a un ser querido está desexando o seu alivio. Nunca me sucedeu na miña vida profesional que a familia dun paciente negara a sedación, máis ben ó contrario, ninguén quere sufrimento. Teño atendido nos momentos finais da vida a persoas a que por diversos motivos non se lles podía aliviar verdadeiramente a dor e a angustia ,eses pacientes deixan pegada para sempre. A sedación terminal non mata pacientes, as doses son doadas de manexar e neste caso a Enfermería e quen valora continuamente a necesidade do doente: drogas como Midazolam, Cloruro Mórfico, Fentanilo, etc forman parte do vocabulario común das enfermeiras de Urxencias ou Oncoloxía. A sedación terminal o único mal que pode facer é adiantar unhas horas unha morte segura e chea de sufrimento.
No caso de Leganés ningún familiar dos 400 pacientes forma parte da denuncia, pero a desconfianza e a inseguridade para os pacientes percorreu España, eu lembro o medo e a inquedanza que tiñamos neses días no Hospital que eu traballaba a hora de iniciar unha sedación. Estou seguro de que moitos pacientes teñen sufrido no final dos seus días por esa infamia. Por eso é necesario que se remate xa o proceso xudicial para quede todo resolto, e que os médicos e enfermeiras de Urxencias sexan repostos en todo o dano que lles fixeron en moitos casos destrozándolles as vidas ou escapando da Urxencia ou do Hospital
Póñovos un anaco do documental feito polo Gran Wyoming sobre o tema onde tamén se denuncia un intento claro de privatización da Sanidade Pública polo goberno de Espe e o impresentable Lamela.

O MEU SINCEIRO APOIO OS COMPAÑEIROS DE LEGANÉS