Moitos sabedes que me presento nas listas as próximas eleccións polo PSdG-PSOE pero o que seguramente moitos non sabedes e que a miña moza María tamén se presenta polo mesmo partido no seu Concello de Dozón. María ocupa o número 3 desa lista, e no 2003 foi no número 5.
Para os que non coñezades Dozón vouvos poñer en situación:
Presentarse por outro partido que non sexa o PP nese concello xa supón moita valentía pola posibilidade de represalias, de que non fagan pistas a túa casa (os da oposición teñen corredoiras cheas de baches), que te retiren os puntos de luz, etc. O "peculiar" alcalde desa localidade ten ademáis varias sentencias por acoso a funcionarios municipais e moitas demandas por resolver. É o máis importante empresario dese Concello e unha norma para traballar nas súas empresas e censarse en Dozón, polo que son famosos os casos de "20 veciños pantasmas" censados en palleiras. Ten tamén unha empresa constructora que é a única que fai obras no Concello, tanto privadas como públicas (do Concello).
Hai uns días a periodista do Faro Salomé Soutelo facía unha boa semblanza do alcalde Campos, tras este rexeitar calquera entrevista a un medio de comunicación en plena campaña electoral.
Habería mil cousas máis que contar pero agora sabedes por qué ten mérito ser oposición en Dozón



5 comentarios:
tamén ides ter filliños roxiños?
María, sorte e caña a ese "fenómeno"...
Guapísima si señor!!!Sorte que pelexades nunha praza moi dura...
Guli
OS MEUS FILLOS ROJOS NON SEI SE SERÁN,PERO ESPERO QUE VIVAN NUN CONCELLO ALGO MÁIS DEMOCRÁTICO DO QUE É DOZÓN HOXE EN DÍA
Pois as cousas continuan igual polo que vexo... Sorte Maria, tendes moito traballo por diante.
Publicar un comentario en la entrada