miércoles, abril 18, 2007

Tranquilidade para Galicia


Onte fun a conferencia do conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vázquez, e cando rematou sentín unha gran tranquilidade por que por fin o noso país ten unha verdadeira política medioambiental e ademáis esa Consellería deixou de ser unha "maría"e é unha das máis importantes da acción de goberno.

O conselleiro relatou cales son as liñas mestras desa política: proteccionismo do noso territorio argallando novas fórmulas de xestión sostible dos espazos, axudas os veciños desas zonas protexidas para que o espazo natural non sexa unha eiva para eles, unha nova política do auga con máis depuración e menos alcantarillados sen final (como ainda se fan hoxe no noso concello), unha protección continua dos ríos e das rías e unha grande preocupación polas repercusións dos cambios no Ambiente na saúde das persoas.

Ademáis na rolda de preguntas finais Pachi Vázquez resolveu todas as cuestións que lle formularon os moitos veciños alí presentes dunha maneira satisfactoria.

O conselleiro é hoxe en día un dos grandes valores da política galega e así o amosou dende o que chegou o cargo parando minicentrais que afogarían a ríos tan nosos como Ulla, Arnego e Deza, parando parques eólicos en fúturos parques naturais como no Macizo Cetral ourensán ou a súa brilante xetión do verquido de Caldas.

Hoxe estou medioambientalmente máis tranquilo pero sempre en alerta.

7 comentarios:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

BO POLÍTICO, MOI ATENTO COS MEDIOS, MELLOR DITO CO MEDIO, QUE SÓ HABÍA UN.
DANI.

Nico dijo...

Trabucaste Dani, tamén estivo Vilariño un anaco, e Raquel moito tempo, e entrevistouno o final polo menos 15 minutos

"son eu" dijo...

sei que pensas o que dis (case que te envexo), pero "lee bien, infÓrmate bien" e sé crítico, por favor e polo ben teu e de todos, que o sistema tén moita forza

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

NA TELE E NESOUTRO XORNAL AÍNDA NON VIN NADA HOXE,ASÍ QUE REALMENTE SÓ UN TRABALLOU CON INMEDIATEZ, COMA UN MEDIO.
DANI.

Nico dijo...

Para "son eu", sei quen es e dicirte querido amigo que cando teña motivos para ser crítico con Pachi sereino.
Por exemplo teño motivos para criticar a Conselleira de Sanidade,a de Vivenda, a Secretaría de Comunicación, a Presidenta do Parlamento, etc

Rafik dijo...

Lo de "son eu" es una vieja coña del Sagrado Corazón, y lo de "lee bien, entérate bien" que no "infórmate", una experiencia de Nico y yo con Anguita. Por cierto, por si alguno lo pensó "son eu" no soy yo. Ainda que tampouco importaría demasiado...

"son eu" dijo...

mentres a costa da morte segue a ser un dos lugares de maior tránsito de barcos contaminantes do mundo, nunha zona das máis perigosas para a navegación, a distancia á que se obriga a pasar (política medioambiental) estes barcos segue a ser a mesma que no 2003 -"Prestixiosa"-; por poñer un exemplo que non sexa a maior central de emisións de CO2 de Europa, reventando o Protocolo de Kioto, ...