martes, abril 24, 2007

A Rioxa pantagruélica





Como vos podedes imaxinar a Rioxa é unha terra interesante para Paparevivir pola propia temática do blog. Evidentemente alí puidemos degustar e saborear moi bos caldos, sobretodo un gran reserva do viño do pai de Íñigo (elaboración proia) do ano 1973 que conservaba moi ben as súas propiedades , unha verdadeira delicia con uns aromas únicos.

Ademáis bebemos outros viños e tamén, lóxicamente, papamos ben: fumos de tapas a Rúa do Laurel en Logroño, comemos os míticos champiñóns do Bar Angel nesa rúa, comemos un cordeiro fora de serie em Haro, ademáis duns caracois que lle gustaron moito a Checho.

Pero dende logo os mellores menús estaban reservados para nos na Bodega dos Castroviejo: os pais de Íñigo coa axuda de "Tarteras" fixeron para nos manxares como as clásicas "Patatas a la Riojana" ,"Chuletillas de lechazo al sarmiento", "Riñones de lechazo a la brasa", "Migas con chorizo y huevos fritos", "Pimientos asados al fuego de leña", etc

Sen esquecer dende logo un riquísimo licor de laranxa feito por José Luis Castroviejo.

Como vedes non pasamos fame

2 comentarios:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

AÍNDA QUE PARECE SER QUE NON HAI MOITO MATERIAL RIOXANO, GULI E MÁIS EU ESTAMOS DECIDIDOS A SACAR ADIANTE A PINCHADA CON PRODUTO NACIONAL. ESO SI, QUEREMOS QUE COCIÑES E NOS FACEMOS DE PINCHES. SORTE CO EXAME.
DANI.

Iñigo dijo...

Aunque no tuvimos muchos días para degustar todas las delicias gastronómicas de la Rioja hicimos todo lo posible para tocar todos los palos de la rica y extensa gastronomía... Mención a parte merece los caldos y licores que entre pecho y espalda nos metimos!!
Nos vemos pronto en la boda de Chones!!
Por cierto, hay que abrir la ventana prometida!