lunes, abril 02, 2007

Problemas entre A Zarzuela e Cruzcampo

A Casa do Rei de España ven de pedirlle a Cervezas Cruzcampo se lles pode facer o favor de retirar o anuncio do oso que podedes ver nesta páxina.
Resulta que na Zarzuela andan desesperados porque ao rei lémbralle ao pobre oso Mitrofán que andaba borracho de vodka como sabedes. O caso é que o monarca cando ve o anuncio na tv colle a escopeta e empeza a dispararlle. Agora mesmo na Casa Real so queda unha televisión na zona de servicio e os empregados fan garda para cambiar a tempo por si aparece o anuncio.
Os motivos da petición da Casa do Rei son os elevados gastos que suporá repoñer alomenos 12 aparellos e tratar de evitar accidentes posto que o rei ponse fora de sí.

2 comentarios:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

NON DEFENDO PARA NADA Á CASA REAL, PERO TES ALGO DE TEIMA CO CASO DO MITROFÁN.
DANI.

Anónimo dijo...

Se un oso bebera cervexa,seria Estrella de Galicia