miércoles, abril 04, 2007

Por Terras de lagos, castelos e montañas


A pasada fin de semana estiven pola zona de Sanabria como sabedes, foi unha viaxe ben aprovechada a pesares de ser curta.

O primeiro día adicámolo a andar polo monte nas inmediacións do Lago de Sanabria, por unha ruta algo dura pero pagou a pena, con merecida homenaxe nocturna degustando productos típicos da zona, nun sinxelo pero bon restaurante novo que hai en Puebla de Sanabria, La Hostería de Sanabria, María comeu uns lombos de corzo que dixo que estaban moi bos i eu puiden degustar un solombo de terneira sanabresa que era pura manteiga: unha delicia.

No domingo visitamos o Castelo e a zona histórica da vila, compre dicir que a rehabilitación de Puebla de Sanabria é modélica e as casas están moi ben recuperadas. Ademáis mercamos os productos típicos: "habones", queixos, viño, etc.

Logo voltamos cara a casa pero paramos en Verín para ver o Castelo de Monterrei (se a remodelción de Sanabria é modélica, a destrucción deste é patética) e comemos correctamente no Parador de Verín, ó que lle puxen unha pega: servenche como auga Fontvella tendo alí o lado Cabreiroá, Sousas, etc. Evidentemente queixeime á maitre.

En canto o aloxamento sinalar que o hotel rural que collemos era moi acolledor e moi bonito cunha zona de almorzo con vistas o Parque Natural, ademáis pegueime un baño de hidromasaxe con espuma que facía ben tempo. O hotel chámase www.posadadelasmisas.com , podedes visita-la web e veredes que bonito.

1 comentario:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

MÓVESTE MÁIS CO BAÚL DA PIQUER... E NON ESTÁ NADA MAL.
DANI.