lunes, abril 09, 2007

Os pinchos na casa




Invitei os colegas que aquí quedaron na Semana Santa a tomar uns pinchos na casa como sabedes. Seica lles gostaron, os tipos son algo lambós. Ademáis gustoulles o viño de Toro que lles puxen, beberon botellas a esgalla a pesares de que tiña 14,5º de alcohol. Subeuse un pouquiño, pero menos que o licor café que chegou despois.

A noite estivo ben animada, falamos de moitas cousas, dimos un bo repaso a todo pero fundamentalmente pasámolo moi ben. Uníronse o final Vichi (non sei como escribilo) e Sesi, ó final case había a mesma xente de A Estrada como de Lalín, pero son mansiños en terra allea...

Foi un pracer para min invitarvos, non tanto limpar despois

1 comentario:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

TIÑAN RAZÓN NO DE QUE ES UN GRAN COCIÑEIRO. COMO IMOS FACER ALGO SIMILAR NA MIÑA HOUSE, CONVÍDOCHE-ESÍXOCHE QUE TI COCIÑES E EU FAGO DE PINCHE, PORQUE OS MEUS SERÍAN PEORES SEGURO.
DANI.